A Linguaxe como Categoría e Idea: Enfoque Interdisciplinar e Filosófico
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,66 KB
Linguaixe como Categoría e como Idea
O estado da linguaxe non é competencia exclusiva da lingüística, senón tamén da psicoloxía, antropoloxía cultural, teoría da información, sociolingüística... Cando se enfrontan as distintas categorías disciplinarias sobre o tema da linguaxe para acadar unha visión interdisciplinar, a linguaxe deixa de aparecer como unha categoría enclaustrada cientificamente e se presenta como unha idea (sobre a que traballa a filosofía) que traspasa os estreitos marxes das disciplinas convencionais.
A Tarefa da Filosofía
A filosofía asume unha dobre tarefa:
- Análise metacientífico dos propios contidos das categorías das ciencias lingüísticas.
- Regressus cara aos problemas que flanquean as marxes da disciplina lingüística.
Compoñentes da Linguaxe
- Físicos: Sinais acústicas ou signos.
- Biolóxicos: O facto determinante da conduta lingüística é a función cerebral.
- Biolóxicos (Psicolóxicos): Capacidade de reproducir mensaxes novas.
- Sociais: Mecanismos disparadores da competencia lingüística.
- Lingüísticos: Existencia de universais lingüísticos que postulan a existencia dunha estrutura profunda común a todas as linguaxes, das que as estruturas particulares son relacións concretas.
A relación entre as palabras e as cousas constitúe o problema da referencia; remite de inmediato á mediación que supoñen os procesos cognitivos do home, mediante os cales organiza a súa experiencia sensorial.
Principais Alternativas Teóricas
- O pensamento depende da linguaxe: Tese defendida entre outros por Humboldt e Sapir (a linguaxe sería reflexo e determinante do pensamento socialmente configurado). O relativismo lingüístico de B. Whorf é a expresión máis recente desta tese.
- O pensamento é idéntico á linguaxe: Esta é unha variante radical da primeira e foi formulada por Max Müller e Watson.
- A linguaxe depende do pensamento: Tese defendida por Piaget (a linguaxe pasa por unhas fases de maduración). Isto explica en epistemoloxía xenética que a linguaxe do neno é fundamentalmente expresión dos seus estados interiores.
Esta cuestión remata propoñendo que a análise da linguaxe debería sempre resolver os elementos constitutivos do entramado lingüístico de maneira dialéctica, buscando as pontes a través das cales a linguaxe toma contacto co pensamento, este coa realidade e reciprocamente.