Lingua e Literatura Galega: Séculos XIX e XX
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,7 KB
Textos Prescriptivos
Os textos prescriptivos teñen como obxectivo ordenar ou mandar algo a alguén. Algúns conteñen ordes ou normas coas que o emisor pretende regular o comportamento do receptor. Outros recollen instrucións que temos que seguir para facer unha tarefa. En resumo, os textos prescriptivos pretenden dirixir ao receptor, sexa dándolle ordes ou normas, ou ben dándolle instrucións.
Estrutura dos Textos Prescriptivos
Estrutúranse en dúas partes:
- A meta: recolle o obxectivo.
- O programa: conxunto de normas e instrucións. Nas instrucións, os pasos seguen unha orde cronolóxica, mentres que nas ordes e nas normas a orde é variable.
Linguaxe dos Textos Prescriptivos
Para seren efectivos, os textos prescriptivos posúen unha linguaxe clara, breve e concisa. Predominan as formas verbais en imperativo, en infinitivo e as construcións con "se".
Bilingüismo e Diglosia
Dúas Linguas nunha Comunidade
O galego e o castelán son cooficiais a partir do Estatuto de Autonomía de 1981. Esa coexistencia pode producirse de diferentes maneiras.
Bilingüismo
É o emprego alternativo de dúas linguas. Existe un bilingüismo individual (capacidade dunha persoa concreta) e un bilingüismo social (cando a maioría dos falantes empregan as dúas linguas en niveis de igualdade).
Diglosia
É a situación de desequilibrio entre as dúas linguas nunha comunidade. Unha delas é a dominante e identifícase cos usos sociais de prestixio; a outra é a dominada e queda relegada a usos coloquiais e familiares.
Consecuencias da Diglosia
Nos falantes diglósicos hai prexuízos e sentimentos de subestimación e rexeitamento da propia lingua. Como consecuencia, dáse un proceso de substitución lingüística na que a lingua dominante vai ocupando a totalidade, mentres que a lingua dominada acaba por desaparecer.
Superación da Diglosia
As linguas que se encontran nunha situación de diglosia precisan dunha normalización lingüística. A normalización lingüística é o proceso de recuperación dunha lingua. Apóiase nun conxunto de medidas e no desenvolvemento de leis que defenden e promoven o seu uso; cómpre a intervención das institucións e o compromiso particular dos individuos. Na actualidade, o galego está inmerso nun proceso de normalización.
Interferencias Lingüísticas
Cando dúas linguas conviven é frecuente que haxa intercambios lingüísticos. O problema comeza cando se introducen termos da lingua dominante que desprazan totalmente as formas auténticas da lingua minorizada. Falamos de interferencias lingüísticas cando formas lingüísticas do castelán ocupan o lugar que lles corresponde a palabras patrimoniais do galego. As interferencias do castelán reciben o nome de castelanismos. Os castelanismos danse no léxico, na morfoloxía, na sintaxe e tamén na fonética.
Interferencias Léxicas
No vocabulario é quizais onde máis interferencias do castelán sofre o galego.
Interferencias Morfolóxicas e Sintácticas
Algunhas das máis frecuentes son:
- Uso incorrecto das formas "che" e "te".
- Alteracións de xénero.
- Conxugación de verbos regulares coma se fosen irregulares.
- Utilización de pronominais de verbos que en galego non o son.
- Incorrecta colocación do pronome átono.
Interferencias Fonéticas
Algúns falantes con diglosia intentan asimilar a pronuncia que ten o castelán en detrimento da propia do galego.
O Rexurdimento
Concepto
É o movemento de recuperación da cultura galega a partir da segunda metade do século XIX. Os trazos principais do Rexurdimento son a defensa do carácter diferencial de Galicia e a revitalización do idioma galego. Abrangue desde o 1863 (publicación de Cantares Gallegos) ata 1916 (creación das Irmandades da Fala).
Contexto Político
No século XIX xorde e desenvólvese o galeguismo, movemento social, político e cultural que pretende que Galicia recupere a súa identidade e faga patente a súa personalidade. Distínguense tres etapas:
Provincialismo (1840-1868)
Foi un movemento político e cultural que consideraba a Galicia unha única provincia. Tras o fracaso do levantamento político por Solís en 1846, pasouse a unha segunda etapa máis culturista.
Federalismo (1869-1881)
Ligado ás ideas republicanas, participou na elaboración dun Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico.
Rexionalismo (1881-1916)
Proxecto de organizar de forma descentralizada o Estado español. Os seus dirixentes principais foron Manuel Murguía e Alfredo Brañas.
A Cultura e a Lingua Galegas
A Prensa
Contribuíu a divulgar os seus ideais e a prestixiar o galego. A primeira publicación monolingüe, editada no 1876, é O Tío Marcos da Portela. En 1885 fúndase a Biblioteca Gallega.
A Historiografía
Interesa o estudo do pasado de Galicia para procurar nel os elementos singularizadores da nosa identidade. Destacan Benito Vicetto e, sobre todo, Manuel Murguía, que propugnou a orixe atlántica e céltica de Galicia.
Lingua Galega
Interese polo estudo do idioma. A presión do castelán orixinou a aparición de gramáticas, vocabularios e dicionarios. Neste eido, destacan Saco Arce e Marcial Valladares.
A Literatura Galega
As manifestacións literarias máis salientables atópanse na poesía, de xeito especial na obra de Rosalía, Curros e Pondal.
Poesía
Non se adscribe ao Romanticismo, senón ao Realismo. Destacan:
- Valentín Lamas Carvajal: autor da poesía costumista. Títulos seus son Espiñas, follas e frores (1875), Saudades gallegas (1880) e A musa das aldeas (1890).
- Manuel Leiras Pulpeiro: escribiu Cantares gallegos (1911) que contén poemas anticlericais, patrióticos e consumistas.
- Manuel Lugrís Freire: autor de Soidades (1894), Noitebras (1901) e Ardencias (1927). A súa obra ten influxos do modernismo e da poesía de Pondal e Cabanillas.
Prosa
Non se produce ata as dúas derradeiras décadas do século. Destacan:
- Marcial Valladares: primeira novela en galego, Maxina ou a filla espuria (1880), unha obra romántica.
- Antonio López Ferreiro: escribiu a novela histórica en galego, A tecedeira de Bonaval (1894), O castelo de Pambre (1895) e O niño de Pombas (1905).
- Valentín Lamas Carvajal: ademais de cultivar a poesía e o xornalismo, foi tamén narrador en galego. É o autor de O catecismo do labrego (1889).
Teatro
A súa situación foi precaria debido, entre outros factores, á escaseza de locais para a representación; a lingua empregada provocou conflitos, do que é mostra o bilingüismo de moitas representacións, ou a dificultade para conseguir actrices. Con A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, obra costumista publicada en 1882, iníciase o teatro galego culto. Existen dúas liñas na dramaturxia deste período:
O Teatro Histórico
Recreaba os períodos máis relevantes do noso pasado na procura das raíces da nosa identidade. Exemplo disto é a peza Pedro Madruga (1897) de Xoán Cuveiro Piñol.
O Teatro Social-Comunista
Que adoitaba ter un carácter reivindicativo. Está representado na obra A fonte do xuramento (1882) de Francisco de la Iglesia.