Narrador, fonética, dialectos e Grupo Nós na lingua galega

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 8,48 KB
Actualizado el

Resumen

O texto explica os tipos de narrador na narrativa (externo, interno, múltiple e narracións en 2.ª persoa), a clasificación das consoantes galegas segundo o punto e modo de articulación e a vibración das cordas vocais, e os tres bloques dialectais do galego. Tamén presenta o Grupo Nós e as obras de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo.

Puntos clave

  • O narrador externo narra sen participar nos feitos; pode ser obxectivo ou omnisciente.
  • O narrador interno narra en 1.ª persoa como personaxe protagonista ou testemuña.
  • As consoantes clasifícanse por punto de articulación, modo de articulación e vibración das cordas vocais (sonoras ou xordas).
  • Os tres bloques dialectais do galego son o occidental, o central e o oriental, delimitados por isoglosas.
  • O Grupo Nós estivo formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Antón Losada Diéguez e Castelao, e impulsou o Partido Galeguista.
  • Vicente Risco escribiu O porco de pé e Nós, os inadaptados; Ramón Otero Pedrayo, Arredor de si.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

O narrador e as súas tipoloxías

O narrador é a voz que adopta o autor do texto narrativo para relatar, contar feitos, describir situacións, personaxes ou lugares e introducir diálogos. Pertence ao mundo da ficción, mentres que o autor é unha persoa real.

Tipos de narrador

  • 1. Externo: narra textos nos que non participa. Soe empregar a 3.ª persoa e, ás veces, a 1.ª. Diferéncianse dous subtipos:
    • Obxectivo: sabe dos personaxes unicamente o que se aprecia desde fóra.
    • Omnisciente: sábeo todo dos personaxes (pensamentos, sentimentos, pasado, etc.).
  • 2. Interno: narra en 1.ª persoa os feitos nos que participa como personaxe protagonista ou testemuña.
  • 3. Narrador múltiple: esta técnica consiste en dispoñer de múltiples narradores, normalmente de tipo interno.

Narracións en 2.ª persoa e o narratario

Nalgunhas obras o narrador non conta os feitos para os lectores, senón para un personaxe de ficción ao que chamamos narratario.

Sistema consonántico galego

As consoantes clasifícanse segundo tres trazos fundamentais: o punto de articulación, o modo de articulación e a vibración das cordas vocais.

1. Punto de articulación

Segundo o punto de articulación, as consoantes poden ser:

  • a) Bilabiais: os labios xúntanse e impiden a saída do aire.
  • b) Dentais: a punta da lingua toca os dentes superiores.
  • c) Labiodentais: os dentes superiores tocan o labio inferior.
  • d) Interdentais: a punta da lingua sitúase entre os dentes.
  • e) Alveolares: a punta da lingua toca os alvéolos dos dentes superiores.
  • f) Palatais: a lingua apóiase na parte anterior do padal.
  • g) Velares: a parte posterior da lingua apóiase no veo do padal.

2. Modo de articulación

As consoantes poden ser: oclusivas, fricativas, africadas, nasais e líquidas (que á súa vez se dividen en laterais e vibrantes).

3. Vibración das cordas vocais

Segundo a vibración das cordas vocais, clasifícanse en:

  • Sonoras: as cordas vocais vibran.
  • Xordas: as cordas vocais non vibran.

O [ŋ] velar

O n velar pronúnciase nos seguintes casos:

  • a) En posición intervocalica (exemplo: algunha).
  • b) En posición final de sílaba:
    • Ante consoante alveolar (exemplo: ensinar).
    • Ante consoante velar (exemplo: nunca).
    • Ante nasal bilabial (exemplo: inmenso).

(Noutros contextos pronúnciase como alveolar).

Bloques lingüísticos do galego

Os bloques dialectais delimítanse mediante isoglosas, que son liñas imaxinarias que marcan as zonas xeográficas onde se producen determinados fenómenos lingüísticos. Os bloques son:

1. Bloque occidental

  • a) Gheada: pronuncia aspirada do fonema /g/ (ex.: amigho, ghato).
  • b) Seseo: seseo implosivo en case todas as falas (lus, des) e seseo explosivo (sapato, vesiño).
  • c) Diptongo -oi-: maioritario (moito, loita).
  • d) Plurais en -ns: para os nomes rematados en -n (cans, camións).
  • e) Terminación -án: común para os dous xéneros (o irmán / a irmán, o chan, a lán).
  • f) Pronome: forma ti.
  • g) Formas verbais: rematadas en -ches (colleches, foches).

2. Bloque central

  • a) Gheada: presente só na franxa máis occidental (ghato).
  • b) Seseo: ausencia case total de seseo (distinción: zapato, dez).
  • c) Diptongo -oi-: maioritario (moito, loita).
  • d) Plurais en -s: para nomes rematados en -n con caída da consoante (cas, camiós).
  • e) Terminacións: -ao para o masculino e -á para o feminino (o irmán/irmão, a irmá, o chao, a lá).
  • f) Pronomes de segunda persoa: ti no occidente e tu no oriente.
  • g) Formas verbais: alternancia de vogal temática (colliches, fuches).

3. Bloque oriental

  • a) Gheada: ausencia total de gheada (gato).
  • b) Seseo: ausencia de seseo (zapato, dez).
  • c) Diptongo -ui- ou redución: conservación do diptongo -ui- (muito, luita) ou redución a -u- (muto, luta).
  • d) Plurais en -is: para nomes rematados en -n (cais, camiois).
  • e) Terminacións: -ao para masculino e -á para feminino (o irmán/irmão, a irmá, o chao, a lá).
  • f) Pronome de segunda persoa: forma tu.
  • g) Formas verbais: rematadas en -is (exemplo: cantáis por cantades).

O Grupo Nós

O Grupo Nós estivo integrado principalmente por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Antón Losada Diéguez, aos que axiña se uniu Castelao para a realización de ambiciosos proxectos artísticos, políticos e culturais. A eles débese a modernización e europeización definitiva da cultura galega contemporánea. No plano político impulsaron e lideraron o Partido Galeguista, mentres que no eido literario o seu principal fito foi a consolidación e renovación da prosa galega.

Vicente Risco

Naceu en Ourense en 1884. Posuidor dunha ampla formación intelectual, fundou e dirixiu a revista Nós e participou na creación do Partido Galeguista. Trala Guerra Civil española abandonou a actividade literaria en lingua galega.

  • Narrativa: caracterízase polo didactismo e o intelectualismo mesturados cun fino sentido do humor e motivos esotéricos. Destacan:
    • O porco de pé: constitúe unha sátira contra a burguesía encarnada na figura de D. Celidonio, tendeiro de orixe castelá que chega a ser alcalde dunha cidade galega e que representa a vulgaridade e o materialismo da nova clase dirixente.
    • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros.
    • O lobo da xente.
  • Ensaio: a súa obra fundamental é Nós, os inadaptados.
  • Teatro: destaca a peza O bufón d'El-Rei.

Ramón Otero Pedrayo

Naceu en Ourense no seo dunha familia fidalga de ideoloxía liberal. Ingresou nas Irmandades da Fala e, ao comezar a Guerra Civil, sufriu a conseguinte represión. Durante a ditadura franquista, Otero mantívose en Galicia como gran referente vivo do galeguismo de preguerra e erixiuse en modelo ético e cultural para as novas xeracións da posguerra.

  • Obra literaria: sobrancea a súa obra narrativa con pezas como Os camiños da vida e, fundamentalmente, Arredor de si. Esta última constitúe un retrato da propia xeración do autor e dá conta da conversión ao galeguismo dos intelectuais do seu tempo; o seu protagonista, Adrián Solovio, viaxa por diversos lugares de España e Europa nunha viaxe metafórica que culmina co reencontro consigo mesmo e coa súa propia terra. Otero desenvolveu tamén unha abundantísima produción ensaística.
  • Estilo: caracterízase por amplas e minuciosas descricións (sobre todo de paisaxes e ambientes históricos), un rico emprego de imaxes metafóricas e símbolos, a constante presenza de eruditas referencias culturais (historia, música, filosofía) e extensos períodos sintácticos formados por complexas oracións subordinadas.

Preguntas frecuentes

Que é o narratario?

É o personaxe de ficción ao que o narrador dirixe o relato en algunhas obras narradas en 2.ª persoa, en lugar dos lectores.

Que é a gheada?

É a pronuncia aspirada do fonema /g/, presente no bloque occidental do galego (por exemplo, amigho ou ghato).

Cal é a obra máis importante de Ramón Otero Pedrayo segundo o texto?

O texto destaca Arredor de si, un retrato da xeración do autor cuxo protagonista, Adrián Solovio, viaxa até reencontrarse coa súa terra.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que tipo de narrador sabe do personaxe só o que se aprecia desde fóra?
2. Segundo a vibración das cordas vocais, que consoantes son xordas?
3. Que bloque dialectal galego presenta gheada?
4. Cal é a obra de Vicente Risco que constitúe unha sátira contra a burguesía?
5. Que partido político impulsou e liderou o Grupo Nós?
6. Como se pronuncia o n velar ante consoante velar, segundo o texto?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.