Lingua Galega: Usos, Historia e Normativa

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 15,65 KB

O Galego: Situación Actual e Evolución

O galego é falado por arredor de 2 millóns e medio de persoas en Galicia. As fronteiras administrativas non coinciden coas lingüísticas, pois o galego ocupa parte occidental de Asturias, León e Zamora. Existe unha illa lingüística en tres concellos do noroeste de Cáceres que falan un galego medieval. Tamén países de destino emigratorio contan cun amplo número de galegofalantes que manteñen esta lingua no ámbito familiar. En Galicia, o novo status legal da lingua permitiulle gañar funcións e prestixio social nas últimas décadas.

Uso Lingüístico do Galego

Segue sendo a lingua maioritaria de Galicia. Os datos semellan positivos, aínda que cunha tendencia á diminución de usuarios de galego, lenta pero continua. O principal problema xorde debido a que a distribución da lingua galega na sociedade non é uniforme, senón desigual. Ao fixarnos en persoas menores de 26 anos, descenden os galegofalantes a un 14%. Dado que o futuro dunha lingua depende das xeracións novas e que as cidades adoitan funcionar como modelos lingüísticos, fai máis preocupante o uso da lingua. O máis importante para o uso é fixarse nas idades e no hábitat.

Dominio Lingüístico

Fronteira Meridional

A pesar de que a fronteira galego-portuguesa é unha das máis antigas de Europa, as falas portuguesas do norte presentan semellanzas co galego que no portugués estándar non se presencian. No léxico portugués miñoto e transmontano tamén existen vocábulos comúns co galego, que se afastan do portugués estándar. No sistema fonolóxico, os trazos máis salientables que marcan a fronteira entre o galego e o portugués son:

  • A vogal nasal.
  • A oposición de sibilantes xordas e sonoras.
  • Inexistencia no portugués do 'ch'.

Fronteira Oriental

Abrangue tres áreas onde viven preto de 80.000 falantes. Non se trata dun territorio de expansión do noso idioma, senón que nalgún tempo foron áreas galegas e o galego presidiu nelas. Para estas falas téñense en conta as isoglosas correspondentes a varios fenómenos fonéticos e morfosintácticos: ausencia de ditongación na vogal tónica de palabras e a perda do –n- intervocálico latino.

Eo-Navia (Asturias)

Esta área asturiana é a máis extensa e de maior poboación galegofalante fóra das fronteiras administrativas de Galicia. Adoita recibir a denominación de terra Eo-Navia, o seu límite sobrepasa este segundo río e chega ata o Frexulfe. Viven preto de 50.000 galegofalantes. O estatuto de Asturias non recoñece a existencia desta lingua, aínda que a lei de promoción do asturiano sinala que o galego-asturiano será obxecto de protección nas zonas onde é a modalidade lingüística propia. Na práctica non hai tal protección.

O Bierzo (León)

Hai máis de 25.000 galegofalantes. O estatuto de Castela e León declara que a lingua galega será obxecto de protección onde é habitual. Grazas a un acordo da Xunta de Galicia coa Xunta de Castela e León, a lingua galega está presente de feito oficial nos centros educativos do Bierzo. Non está a materia de lingua galega, pero utilízase como lingua vehicular nalgunhas materias.

As Portelas (Zamora)

Esta área comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende. Habitan preto de 2.500 galegofalantes, e presenta as mesmas características das falas ourensás veciñas. Esta zona atópase nunha situación semellante á do galego do Bierzo, pertence á mesma comunidade autónoma.

Val do Ellas (Cáceres)

No val de Xálima ou do río Ellas, sitúanse os concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello, onde se falan variedades do galego medieval. A incomunicación da zona permitiu a conservación desta fala. Estas falas non gozan de protección legal.

Situación Legal do Galego

O primeiro intento para que o galego fose lingua oficial deuse no Estatuto de Autonomía aprobado por plebiscito o 28 de xuño de 1936. Establecíase tamén a autonomía para Galicia, a obriga dos funcionarios de coñeceren o galego e máis o ensino obrigatorio en galego. Pero o estalido da Guerra Civil fíxoo fracasar. Pasado isto, instalouse a democracia e aprobouse a Constitución Española, o que fai que o galego teña maior importancia. Pero cómpre esperar ata 1981 para que se aprobe o Estatuto de Autonomía de Galicia e así o galego sexa lingua oficial. Como reflicte o artigo 5 da EAG, o galego é a única lingua oficial de Galicia, así como lingua oficial xunto ao castelán.

Lei de Normalización Lingüística

En 1983 o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística. Esta lei parte da consideración da lingua galega como o sinal máis importante de identificación e diferenza de Galicia, así como o seu patrimonio cultural. Está organizada en 6 títulos:

  • Título 1: Dos dereitos lingüísticos en Galicia.
  • Título 2: Do uso oficial do galego.
  • Título 3: Do uso do galego no ensino.
  • Título 4: Do uso do galego nos medios de comunicación.
  • Título 5: Do galego exterior.
  • Título 6: Da administración autonómica e a función normalizadora.

Co fin de facer efectivos estes dereitos, os poderes autonómicos teñen a obriga de promover o coñecemento do galego por todo o persoal ao servizo da administración pública.

Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

O 22 de setembro de 2004 o Parlamento de Galicia aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega por parte de todos os partidos políticos. Este plan consta de 445 medidas destinadas a potenciar o galego para lograr o seu uso por toda a sociedade e en todos os niveis. Divídese en oito sectores, dedicados cada un a un ámbito concreto. Os obxectivos xerais son:

  • Posibilidade de vivir en galego.
  • Conseguir máis funcións sociais e espazos de uso para a lingua galega.
  • Atender ao cidadán ou ao cliente en galego.
  • Promover unha visión afable.
  • Dotar ao galego dos recursos lingüísticos para a vida moderna.

Partindo destes obxectivos, cada comisión levou a cabo un diagnóstico da situación de obxectivos específicos, así como medidas necesarias.

Características Gramaticais do Galego

Infinitivo

É a forma máis neutra das nominais e pode desempeñar as mesmas funcións sintácticas ca un verbo ou ca un substantivo.

Infinitivo Conxugado

Este infinitivo si consta de morfemas, os cales non existen no infinitivo non conxugado. Emprégase:

  1. Cando o infinitivo ten un suxeito expreso.
  2. Cando o suxeito non está expreso e convén marcalo para evitar ambigüidade.
  3. Se o infinitivo vai antes ca o verbo principal e introducido por preposicións ou locucións prepositivas, aínda que coincidan.
  4. Cando vai detrás do verbo principal e hai entre eles unha distancia no enunciado que poida carecer de suxeito.
  5. Para indicar a indeterminación do suxeito.

Perífrases Verbais

Son construcións compostas por dous verbos, un auxiliar e outro auxiliado, caracterizados pola unidade formal e a significación conxunta que presentan. O auxiliar presenta o significado gramatical e o auxiliado o significado léxico. Diferéncianse:

  • Perífrases con valor temporal (indican futuridade ou inminencia).
  • Perífrases con valor modal (obrigación, hipótese ou probabilidade).
  • Con valor aspectual (imperfectivas, perfectivas, incoativas, reiterativas, terminativas).

Galego e Portugués: Unha Orixe Común

Son dous sistemas lingüísticos nacidos da lingua galego-portuguesa que se falou no territorio da antiga Gallaecia romana, dende aproximadamente o século IX ata finais do XIV. Ao se converter en reino independente, Portugal motivou que se fose consolidando unha fronteira idiomática entre a variedade do norte do río Miño e a do sur. A diverxente evolución sociopolítica dos dous territorios deu lugar á configuración de dous idiomas semellantes pero diferenciados cunha orixe común.

O Mirandés

Portugal adoitaba poñerse de exemplo de país anómalo xa que os límites político-administrativos coincidían case coas fronteiras lingüísticas. En 1999 deixou de ser un país monolingüe oficialmente xa que se encontra unha segunda lingua dentro do territorio luso: o mirandés. Esta lingua goza de plena oficialidade en Miranda do Douro. Fálana unhas 15.000 persoas. Esta oficialidade parte dunha iniciativa do concello deste pobo e da Universidade de Lisboa. A partir de aí o goberno recoñeceu o pleno dereito ao seu uso por parte dos falantes e das institucións da súa área de influencia. Neste momento está sendo usado en rexistros diferentes dos tradicionais.

Galicia e o Ámbito da Lusofonía

O uso común de ambas as linguas e o intercambio social e cultural que se leva a producir ao longo da raia a través do tempo, permite concibir a lingua galega dentro do ámbito da lusofonía. O galego convértese nun idioma de grande utilidade para a comunicación. Na literatura, a relación entre escritores galegos e portugueses foi continua dende a época da Xeración Nós ata hoxe. Nos últimos tempos xurdiron novas iniciativas socioculturais. No ano 2006 constituíuse a Fundación Vía Galego co fin de fomentar o intercambio cultural con outros territorios do sistema lingüístico galego-portugués. Outra iniciativa é 'Ponte nas Ondas!', que nace en 1995. No ámbito da música, dende 2003 celébrase na cidade de Pontevedra o festival internacional da lusofonía 'Cantos na Maré'. Con respecto á aprendizaxe de portugués en Galicia, dende o ano 2003 o Instituto Camões mantén en Vigo un centro de ensino desta lingua. O ensino desta lingua estase a estender polos países lusófonos.

Adverbios e Locucións Adverbiais

Son palabras invariables en xénero e número. Nalgúns casos poden levar morfemas derivativos. Poden ir sós ou formando unha frase adverbial, na cal funcionan como núcleo. Nestas frases poden ser modificados por outros adverbios ou por unha frase preposicional. A función sintáctica máis habitual é a locución adverbial na cláusula é de complemento circunstancial, tamén pode funcionar como modificador en frases adxectivas, frases adverbiais ou frases nominais.

Preposicións e Locucións Prepositivas

É un relacionante que serve de nexo entre 2 elementos, dos cales o segundo constitúe un complemento do primeiro. Non admiten morfemas flexivos nin derivativos e a maioría teñen significado gramatical fronte ao significado léxico de adverbios e outras clases de palabras. Poden expresar nocións como materia, instrumento, medio... As locucións prepositivas están constituídas por varias palabras que equivalen a unha preposición.

Conxuncións

Son vocábulos invariables que unen dous elementos do mesmo nivel xerárquico. Clasifícanse en:

  • Coordinantes: copulativas, disxuntivas, distributivas, adversativas.
  • Subordinantes: completivas, temporais, de lugar, de modo, finais.
  • Oracionais: causais, consecutivas, concesivas, condicionais, comparativas.

Literatura e Comunicación

A literatura é a arte que emprega como medio de expresión a lingua. Debe distinguirse entre creación escrita e a creación verbal: esta úsase no emprego da linguaxe falada e adscríbense a ela as composicións primixenias como cancións, lendas e contos. Na oral ou escrita, a literatura é un permanente acto de comunicación lingüística no que se diferencia: emisor (autor literario que ofrece a mensaxe), receptores (oíntes ou lectores), mensaxe (obra literaria), canle (os medios onde se expresa), código (como está escrita) e contexto.

Recursos Literarios da Prosa e do Verso

Distinguimos entre tropos e figuras:

Tropos

Desígnase o cambio de sentido dunha palabra en virtude da súa semellanza ou contigüidade con outras. O tropo por excelencia é a imaxe. Consiste na substitución dun elemento real por outro imaxinativo co cal mantén semellanza.

  • Símil: semellanza que se establece entre os elementos faise explícita coa aparición da partícula como.
  • Metáfora: a semellanza entre elementos pode presentar dous tipos diferenciados (in praesentia, co verbo ser por aposición con modificador preposicional; in absentia).
  • Imaxe adxectiva e imaxe verbal: termo real é substituído por outro.
  • Visión: aplícanse a un determinado soporte calidades ou funcións que non pode posuír.
  • Símbolo: establece unha asociación entre a esfera material e física da realidade e un significado de natureza espiritual.
  • Alegoría: todo un texto que presenta un sentido global figurado xunto ao sentido que aparece directamente.
  • Metonimia: un termo substitúe a outro por gardaren entre si unha relación de contigüidade.
  • Sinédoque: tipo de metonimia que se produce cando se substitúe un elemento por outro co que mantén unha relación cuantitativa.
  • Hipálaxe: consiste na atribución a un substantivo dun adxectivo que corresponde a outro substantivo próximo.

O Verso

Versos, estrofas e poemas constitúen o obxecto de estudo da métrica.

Medidas dun Verso

A medida ou número de sílabas métricas non adoita coincidir exactamente co número de sílabas gramaticais, hai que ter en conta:

a) A palabra final do verso:

  • Palabra aguda, + 1 sílaba.
  • Palabra esdrúxula, - 1 sílaba.

b) Sinalefa, sinérese, diérese.

Rima

Baséase este recurso poético na repetición dos sons finais de varios versos a partir da última vogal acentuada do verso. Distínguense entre rima asonante e consonante e existen versos brancos, versos libres, versos soltos.

Ritmo

Lógrase mediante a repetición de acentos, pausas e encabalgamentos. O acento estrófico é o último acento presente do verso. Dita o impulso rítmico seguindo estas pausas:

  • En sílaba par para marcar un ritmo iámbico.
  • En sílaba impar marca un ritmo trocaico.

O resto dos acentos que aparecen no interior do verso poden ser:

  • Rítmicos (van colocados en sílabas do mesmo signo, par ou impar, que a sílaba onde estea colocado o acento estrófico).
  • Extrarrítmicos (van colocados en sílabas de signo contrario).
  • Antirrítmicos (colocados en sílabas cunha contigüidade anterior ou posterior con respecto ao acento estrófico).

As pausas son silencios máis ou menos breves con que se delimitan determinados elementos e diferéncianse tres:

  • Pausa interna (establecida no interior do verso).
  • Pausa versal (faise ao final do verso).
  • Pausa estrófica (ao final de cada estrofa).

Xénero Lírico

Obras nas que o autor expresa o seu mundo de sentimentos cunha linguaxe rica en recursos literarios. O texto poético presenta como trazo fronte a outros xéneros a brevidade, e así mesmo a densidade. Relacionada coa anterior está a riqueza expresiva. Tres actitudes líricas:

  • A enunciación: o suxeito lírico describe a visión do obxecto sen confundirse con el.
  • O apóstrofo: o suxeito actúa sobre o obxecto dirixíndose a el.
  • A canción: nela o suxeito e o obxecto fúndense por completo.

Entradas relacionadas: