Lingua Galega: Conceptos, Morfoloxía, Historia e Cantiga de Amigo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,11 KB
Conceptos Fundamentais da Comunicación
- Signo: É un sinal con vontade de transmitir información, pero o significante non coincide co significado, porque é algo arbitrario e convencional.
- Símbolo: É un sinal coa intención de transmitir información que coincide coa nosa realidade.
- Comunicación: É o proceso social que ten por finalidade intercambiar información. Ten como forma fundamental a linguaxe verbal (oral e escrita).
- Fala: Escolla de varios elementos da lingua para transmitir unha mensaxe.
- Linguaxe: Capacidade para comunicarse.
- Ruído: Calquera perturbación que dificulta o acto comunicativo.
- Lingua: Sistema de símbolos máis as regras gramaticais para a súa aplicación.
- Redundancia: É unha parte da mensaxe non necesaria para a interpretación, pero necesaria para contrarrestar o ruído.
A Dobre Articulación
A arbitrariedade non é característica da comunicación humana, pero a dobre articulación si o é. Está formada pola primeira e a segunda articulación:
- Primeira Articulación:
Pertencen as unidades que constan de significante e significado (o morfema e a palabra). A morfoloxía e a sintaxe son as ciencias que as estudan.
- Segunda Articulación:
Por unha banda vai o significante e por outra o significado. A este grupo pertence o fonema, que é a unidade mínima da lingua. Carece de significado, pero se o agrupamos pode formar palabras.
Morfosintaxe e Flexión
Colocación do Pronome Átono
Enclítico
Hoxe, mañá, pasadomañá, antonte, montroutro, antaño, noutrora, noutrouta, arriba, enriba, debaixo, enfronte, diante, detrás, derriba, abaixo, atrás (só = debaixo de).
Proclítico
Formas negativas, adverbios (só, tamén, xa), conxuncións (que, como), hipérbaton.
Formación do Feminino
Terminacións: -o / -e (-a); distinta de -n (-a); -ín (-a); -ón (-oa, -ona); -án (-á, -a); -ún (-úa).
Usos e Valores
- Familiaridade
- Valor proximativo
- Posesivo de modestia
- Acción habitual
- A miña familia
- Bastante boa cantidade
- Propio de alguén
- Adoita facer alguén
- Corresponde a alguén
Morfemas Modo-Tempo (MMT) e Número-Persoa (MNP)
MMT: -ra, -ba, -ria, -re, -rá, -e, -a, -se, -r, -re.
MNP: -s, -mos, -des, -n, -ches, -u, -stes, -ron, -de.
A Cantiga de Amigo: Recursos Formais e Simboloxía
Recursos Formais
- Dobre: Repetición dunha mesma palabra nunha estrofa simetricamente.
- Mordobre: Repetición de familia léxica no poema.
- Ato-Finda: Cabalgamento entre estrofas.
- Finda: Estrofa final que sintetiza as anteriores.
Símbolos
- Auga: Fecundidade, encontro amoroso, pode ser o interlocutor.
- Fontes: Encontro entre namorados, preliminares das citas.
- Cervos: O namorado, elemento masculino (connotacións sexuais).
- Augas claras: Pureza.
- Augas remexidas: Perda da virxindade.
- Piñeiros: Traen novas do namorado e protexen os encontros.
- Primavera: Paixón erótica.
- Cabelo: Erotismo.
- Cervo ferido: Ruptura amorosa.
- Rosas: Encontro amoroso.
Historia da Lingua Galega
Do Latín Vulgar ao Galego-Portugués
A decadencia do Imperio acentuada pola presión dos pobos xermánicos sobre as fronteiras provocou o espallamento dos pobos bárbaros. O latín evoluciona dando orixe a dialectos, futuras linguas románicas, como o romance galaico do que xorde o galego-portugués. Entre os séculos V e IX, xorden as principais linguas peninsulares e prodúcense superestratos.
Superestrato Xermánico
Relativa influencia das linguas xermánicas. Débense ter en conta os seguintes aspectos: número de invasores (poucos), nivel cultural (baixo), organización (baixa). Atribúense a esta influencia:
- Antropónimos e Topónimos (sufixos: -ar, -mil, -ende, -riz, -ufe, -xil).
- Léxico común na guerra e costumes (agasallar, elmo).
- Palabras de orixe sueva (laberca, lobio).
Superestrato Árabe
Desenvolvemento das linguas romances peninsulares. O romance galego foi cara ao sur para formar o galego-portugués. A cultura árabe era moi avanzada, o que resultou nun léxico enriquecedor:
- Agricultura: cenoria.
- Construción: albanel.
- Administración: alcaide.
- Ciencia: cénit.
- Outros: regueifa.
- Topónimos: Sada.
- Expresións: oxalá.