Liña temática de Curros Enriquez

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,39 KB

A poesía das Irmandades da Fala


Características, autores e obras

Representativas


A crise intersecular (1889-1915) Despois do cume da

literatura galega que supuxo o Rexurdimento na

década dos 80 do século XIX, prodúcese un período

de crise intersecular, máis no plano cualitativo que

cuantitativo: a cantidade de publicacións segue sendo

alta pero o que se faí é pura imitación de máis baixa

calidade do estilo e das liñas temáticas básicas das obras

dos grandes escritores do Rexurdimento (Rosalía, Curros

e Pondal): costumismo ruralista que chega ao pintoresquismo

vulgar, paisaxismo banal, historicismo celtista repetitivo,

reivindicación social e anticaciquil sen impulso renovador...

Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1854-1912)

Profundamente republicano, liberal e anticlerical,

escribiu un só libro, Cantares Gallegos (1911).

Poucos anos despois da súa morte xuntáronse

en Obras completas (1930) as composicións que

deixara inéditas e moito máis tarde recolleranse

outros poemas inéditos.Con cántigas de tipo

popular e de temática costumista

Antonio Noriega Varela (Mondoñedo,1869-Viveiro,1947)

su primeiro e único libro levará precisamente o título

de Montañesas (1904 e 1910), que despois aparecerá

co título definitivo de Do ermo (1920, 1929 e 1946).

Podemos diferenciar dous aspectos temáticos e formais

nesta obra: Poesía costumista, na liña realista do XIX, son

composicións breves cun contido e estilo rural e popular. 

Lirismo da natureza. Fronte á influencia modernista de

Cabanillas, Noriega reafirma o lirismo paisaxístico de

maneira orixinal

As Irmandades da Fala e a lírica (1916-1930) O impulso

que as Irmandades da Fala (1916) dan ao galego

plásmase tamén na literatura, supoñendo un claro

apoio sobre todo na renovación da narrativa e do teatro,

xéneros de maior transcendencia social.No ámbito da

poesía, ese papel renovador correspóndelle en grande

medida a Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) Cabanillas

considérase unanimemente a síntese e superación do

Rexurdimento: por unha parte é herdeiro da tradición

decimonónica (Rosalía, Curros e Pondal) e, ao mesmo

tempo, actualizador da poesía galega.A súa obra constitúe

unha síntese da influencia dos seguintes elementos

básicos: A tradición clásica greco-latina.A tradición

folclórica galega.Os mestres do Rexurdimento

(Rosalía, Pondal e Curros). O Romanticismo europeo

tardío, o simbolismo e o postsimbolismo da segunda

metade do XIX.

A súa fecunda obra experimenta unha forte evolución

formal e temática, podendo distinguirse catro etapas

evolutivas ben delimitadas: Etapa de formación ou

pregaleguista (1910-1915): Nas dúas primeiras obras

poéticas, domina unha temática intimista en que reflicte

a nostalxia do desterrado, a emigración,xunto cun número

reducido de poemas incendiarios de contido agrarista

que, a pesar da escaseza, serán os máis celebrados no

medio da efervescencia das revoltas agraristas.

Etapa galeguista (1916-1920): Asume o papel de poeta civil

herdado de Curros e o galeguismo das Irmandades en

Da terra asoballada (1917) enriquecendo a temática agrarista

coa defensa da recuperación do orgullo nacional galego, a

denuncia da opresión de Galiza, a reivindicación do uso do

galego e outras ideas do nacionalismo da época.

Etapa mítico-saudosista (1921-1930): Sempre dentro das

coordenadas ideolóxicas do galeguismo, o seu labor literario

atinxe especial fecundidade e calidade nos anos vinte, no

período de plena eclosión cultural do galeguismo de

preguerra. O alento fustigador dalgúns poemas dos seus

primeiros libros, inspirados nas revoltas agraristas, evoluirá

cara a unha liña máis conservadora e culturalista das

Irmandades deste período: profunda relixiosidade, idea

tradicionalista de Galiza identificada cos valores da vida

rural e escepticismo político,

Neste período dá tamén a coñecer dúas obras de temática

diferente: O bendito San Amaro (1925), de temática relixiosa

e versos populares, e A rosa de cen follas. Breviario dun amor

(1927), que retorna á liña intimista e amorosa.

D) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959):

Cando xa pasa dos setenta anos de idade, inicia nos anos

corenta do século pasado unha segunda madurez creadora.

Outros poetas da época das Irmandades:Gonzalo López Abente

(Muxía, 1878-1963) López Abente parte da a poética de raíz

decimonónica, con influencia de Pondal, aínda que tamén, na

liña de Cabanillas, emprega elementos potsimbolistas e

rubendarianos, esteticismo, referencias mitolóxicas, léxico culto e

un Modernismo combinado co clasicismo greco-latino,

Vitoriano Taibo ( Compostela, 1885-Vigo, 1966) É autor

fundamentalmente do poemario Abrente. Como discípulo

de Cabanillas, descritivismo e reivindicación patriótica son a

materia básica dos seus poema

Entradas relacionadas: