A Lei Cambiaria e do Cheque: Letra, Pagaré e Pagamentos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Medicina y Salud

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,71 KB

A Lei Cambiaria e do Cheque regula a utilización da letra de cambio, do pagaré e do cheque.

1. A letra de cambio

Documenta e acredita a existencia dunha orde de pago pola cal unha persoa (librado) pagará a outra (librador) unha cantidade no momento e lugar de pago acordados.

Persoas que intervén:

  • Librador: emite a letra de cambio, dá a orde de pago e cobra o diñeiro.
  • Librado: acepta a orde de pago, debe pagar.
  • Tenedor: ten en seu poder a letra no momento do pago e a quen hai que realizar o pago.

Persoas non imprescindibles:

Relativas ao aval:

  • Avalista: persoa que asume a obrigación de pago e garante o seu pago xunto co librado.
  • Avalado: é o librado da letra.

Relativas ao endoso:

  • Endosante: persoa que transmite a propiedade da letra e o dereito de cobro inherente.
  • Endosatario: persoa que recibe a propiedade da letra e o dereito de cobro que conleva.

Pago da letra:

  • Data de libramento ou giro: cúmprese a letra.
  • Data de aceptación: a letra é presentada ao librado.
  • Data de protesto: realízase o protesto do impago.

Expresar o vencimento:

  • A data fixa: indica directamente a data (presentar ese día ou nos dous seguintes hábiles).
  • A un prazo desde a data: cóntanse os días indicados a partir do libramento.
  • A un prazo desde a vista: cóntanse os días indicados a partir da data de aceptación.
  • A a vista: é o día no que se presenta a letra para a súa aceptación (un ano antes do libramento).

O protesto pode realizarse:

  • Ante notario.
  • Ante a entidade bancaria que actúa como domicilio de pago.
  • Ante unha cámara de compensación ou polo mesmo librado na propia letra.

2. O pagaré

Documenta e acredita a existencia dun compromiso de pago, polo cal unha persoa pagará a outra unha cantidade no lugar e momento de pago acordados.
  • Firmante: persoa que emite o documento e se compromete a cumprir coa obrigación de pago.
  • Tenedor: persoa beneficiaria da cantidade a pagar, quen ten dereito ao cobro.

Segundo como sexa emitido:

  • Á orde: poderase transmitir a propiedade a outra persoa.
  • Non á orde: non pode ser endosado.

Cumprimentación:

  • O pagaré cuxo vencimento non se indique considerase pagadeiro á vista.
  • A falta de indicación especial, o lugar de emisión do título considerarase lugar de pago e domicilio do firmante.
  • O pagaré que non indique o lugar da súa emisión considerarase asinado no lugar que figure xunto ao firmante.

3. Operacións asociadas aos medios de pago

Endoso: é aquela operación pola cal unha persoa transmite un dereito de cobro, xeralmente expresado nun valor cambiario ou cheque (debe ser enteiro, non pode ser parcial).

Persoas implicadas:

  • Endosante: transmite o dereito de cobro.
  • Endosatario: recibe o dereito de cobro.
Aval: é aquela acción pola cal unha persoa asume e se fai corresponsable dunha obrigación de pago.

Persoas implicadas:

  • Avalista: persoa que asume e se fai corresponsable do pago.
  • Avalado: persoa que asume orixinalmente o pago.

4. Xestión de cobro e negociación de efectos comerciais

Xestión de cobros:

  • Servizo bancario no que o depositante obtén comodidade e agilidade no cobro.
  • Non se adianta o cobro do importe.
  • Aplícase unha comisión sobre o importe como contraprestación ao servizo.

Negociación de efectos:

  • O depositante obtén unha fonte de financiación polo adelanto de capital.
  • Aplícase un desconto comercial sobre o importe do efecto como contraprestación ao adelanto.
  • Pódense aplicar comisións como contraprestación á execución da operación.

5. Xestión de impagados

Marco xurídico: pretende corrixir o aumento de impagos.
  • Anúlase o pacto entre as partes nas operacións comerciais limitando a 60 días o aprazamento do pago.
  • Límitase a un máximo de 30 días o prazo de pago do sector público.
Xestión de impagos: consiste en compaginar a prevención coa xestión.
  • Prevención > busca evitar > impago < busca recuperar < xestión

6. Medios de pago electrónicos

Tarxetas electrónicas

  • De crédito e débito: emitidas por bancos ou entidades financeiras e asíócianse a unha conta corrente.
  • Uso físico: en comercios e establecementos a través do TPV, uso de tarxetas con chip por maior seguridade, adoitan potenciar o seu uso mediante programas de fidelidade, e o seu uso conleva o pago de comisións para o vendedor como contraprestación.
  • Uso en internet: en páxinas web a través de sistemas de pago por internet, a través de tendas virtuais centralizadas, a través de empresas intermediarias de xestión de pagos, e o seu uso tamén conleva o pago dunha comisión polo servizo.
  • Electrónicas emitidas por empresas: emitidas co obxectivo de fidelizar aos clientes e de facilitar o pago.
    • Uso físico: habitualmente pódense utilizar no establecemento e adoitan propoñer descontos.
    • Uso en internet: na páxina web ou tenda virtual, tamén outras que teñan un acordo coa empresa emisora.
  • Tarxetas virtuais: son tarxetas moedeiro e as tarxetas prepago, emitidas por entidades financeiras e o seu obxectivo é a realización de pagos frecuentes e de baixo importe.
    • Uso físico e por internet: úsanse co mesmo método que as tarxetas de crédito/débito e contrólanse en maior medida os gastos.

Transferencias bancarias

  • É un medio de pago cómodo e ágil para acreedor e deudor, realizado totalmente mediante sistemas de transferencia bancaria electrónica de utilización polas entidades financeiras.
  • En webs de entidades bancarias: o titular ordena en liña a transferencia á súa entidade.
  • En tendas virtuais: o titular ordena en liña a transferencia á conta doutro particular dentro da tenda virtual.

Entradas relacionadas: