Kant: Racionalismo, Empirismo e Xiro Copernicano
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,6 KB
A postura de Kant ante o racionalismo e o empirismo
A filosofía de Kant é un debate filosófico entre o racionalismo e o empirismo. A cuestión fundamental era a do coñecemento humano e a metafísica como outro gran problema de discusión.
Racionalismo
Os racionalistas afirman que a orixe do coñecemento se atopa na razón, que posúe no seu interior verdades evidentes, a partir das cales se procederá a construír todo o sistema científico. O coñecemento obxectivo estará supeditado á razón.
Empirismo
Para os empiristas, as ideas xéranse ao recibir impresións sensibles. O límite do coñecemento atópase na sensibilidade, son a posteriori.
A síntese kantiana
Kant dá como solución unha síntese das posturas racionalistas e empiristas. Os criterios de obxectividade dos xuízos científicos dependerán de dúas facultades:
- A sensibilidade.
- O entendemento, que elabora uns conceptos que unifican sensacións.
A opción de Kant en canto ao problema do coñecemento ten algo dos empiristas: a materia do coñecemento vén dada empiricamente; e algo dos racionalistas: a forma é posta polo suxeito a priori. Kant establece as condicións que fan posible o coñecemento dos obxectos, independentes da experiencia pero aplicables soamente á experiencia.
Os racionalistas non poderán prescindir da metafísica, concepto de substancia que marcará os filósofos desta corrente. Os empiristas acabarán desterrando a metafísica do ámbito científico.
A metafísica non será unha ciencia, e as súas ideas pasarán a ser postulados imprescindibles doutra función da razón humana, a moral ou razón pura práctica, desembocando nunha “fe racional”.
O sentido da expresión “xiro copernicano” en Kant
Todos os filósofos admitiran que a necesidade e a universalidade son os trazos que caracterizan o coñecemento científico. Kant está de acordo, pero pensa que para descubrir cales son as condicións que fan posible que o coñecemento científico sexa un coñecemento necesario e universal, o primeiro que temos que saber é onde se localizan esas condicións. Temos dúas respostas: que estean nos obxectos da experiencia ou que se atopen na razón.
Os filósofos que lle precederon incorreron nun realismo gnoseolóxico ao considerar que as condicións que fan da ciencia un coñecemento necesario e universal veñen dadas na realidade, ou porque existen obxectos universais e necesarios na realidade, existe tamén un coñecemento universal e necesario.
Para Platón as condicións estaban nas propias Ideas; para Aristóteles e Tomé de Aquino atopábanse nas Formas... O coñecemento humano ao máximo que podía aspirar era a un coñecemento de probabilidades sobre o comportamento dos fenómenos.
O que todas as filosofías anteriores a Kant compartían sobre o coñecemento humano na relación suxeito-obxecto era que o obxecto impoñía as condicións ao suxeito e coñecíase mediante as ideas as cousas tal e como eran. Kant dicía que todo coñecemento debe empezar pola experiencia. Pero se o suxeito se limitase a recibir ideas da experiencia, o coñecemento resultante sería sempre un coñecemento cambiante e particular. Polo tanto, a necesidade e universalidade do coñecemento proveñen do suxeito. Atópase aquí o sentido da expresión “xiro copernicano” en Kant; é o suxeito o que pon as condicións ao obxecto.
Copérnico revolucionou a astronomía ao lograr explicar o sistema do mundo facendo que a Terra xirase arredor do sol; Kant revolucionou a historia da epistemoloxía ao atribuírlle ao suxeito as formas universais e necesarias do coñecemento dos obxectos. Á hora de coñecer, o suxeito pon as formas que formarán a materia, constituíndo o obxecto. Así, as formas puras da sensibilidade son o espazo e o tempo, e as formas puras do entendemento son as categorías.
Idealismo transcendental
A filosofía de Kant recibe o nome de idealismo transcendental: idealismo porque é a forma de coñecer do suxeito de onde se extrae a universalidade e necesidade do coñecemento; transcendental porque son condicións a priori do coñecemento, independentes da experiencia pero aplicables a ela. O obxecto é o que se adapta á forma de coñecer do suxeito, e non ao revés.
Hai con Kant un cambio de método na epistemoloxía, de acordo co novo método que introducira Galileo e que máis tarde continuará con Newton.