Irmandades da fala 1

Enviado por lucia y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,13 KB

O 18 de maio de 1916, Anton Villar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña, a que asistiron arredor de 20 persoaas, entre as cales se atopaban Manuel Lugris Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxio Carré Aldao ou Ramon Villar Ponte. Mesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, e nomeouse a Villar Ponte como primeiro conselleiro. De seguido, constituironse diversas agrupacións locais. O 26 de abril celebrou o primeiro acto público, en conmemoración dos fusilamentos de Carral. As primeiras accions das Irmandades estaban dirixidas a promocion da cultura e das linguas galegas, coa convocatoria de cursos de galego, recitais, xogos florais,… pero pronto comezaron a manifestarse tamen iniciativas de carácter politico, como amosa o feito de presentaren en 1918 dous candidatos as eleccions: Porteiro Garea por Celanova e Losada Dieguez pola Estrada, con negativos resultados nambolos dous casos. O 14 de novembro nace o organo oficial das Irmandades, “A Nosa Terra” dirixida por Villas Ponte e escrita integramente en galego. No ano 1918, o xornal madrileño “El Debate” organizou na Coruña unha Semana Rexionalista, na que participaron as Irmandades e na que quedaron patentes as suas diferentas respecto Boutros movementos rexionalistas galegos, ao declararse nacionalistas, federalistas e progresistas. A I Asamblea Nazonalista celebrouse en Lugo entre o 17 e 18 de novembro de 1918 e contou coa asistencia de 16 agrupacións locais representadas por unhas 60 persoas. Desta Asamblea saíu o “Manifesto Nacionalista” que constituiria a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a Guerra Civil. Entre 1929 e 1930 produciuse a reorganización das Irmandades. Villar Ponte abandona as posicións de Risco e reintegrase na Irmandade Coruñesa e, xunto a Casares Quiroga, constitue a Organización Republicana Gallega Autonoma (ORGA) desde a que asistirá a proclamación da Republica e as eleccións das Cortes Constituintes. A composición ideoloxica dos homes que compuxeron nun principio as I. da Fala era ben variada, nela cabían desde republicanos como Anton Villar Ponte e democratas radicais como Lois Porteiro, e o primeiro Xaime Quintanilla, rexionalistas liberais como Uxio Carre Aldao. Van ser os sectores mais liberais e progresistas os que doten as I. da Fala dun claro contido nacionalista fronte ó regionalismo dos sectores mais conservadores que acabaran marchando ou sen alcanzar relevancia dentro das Irmandades, coa excepción de Antón Losada Dieguez. No congreso celebrado en novembro de 1918 en Lugo as Irmandades marcarían o seu programa politico cos seus obxectivos.



Ramon Cabanillas, despois de abandonar a carreira eclesistica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do Concello. Con 34 anos emigrou a Cuba, onde coñeceria a Basilio Alvarez, que gañou para a causa agrarista, e a Xosé Fontenla Leal, que foi a clave para que comezase a escribir en galego. Na Habana publicou “No desterro”(1913) e “Vento mareiro”(1915). De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país. O compromiso co proxecto das I. da Fala levouno a colaborar asiduamente no periodico “A Nosa Terra”. En “Da terra asoballada” (1917) e nas novas edicións de poemarios publicados na Habana , Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu concienciar o pobo e achegalo o nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Villar Ponte, a peza dramatica “A man da santiña”(1921). En colaboración con el comportaria en 1926 a traxedia histórica “O Mariscal”. En 1926 tamen viu a luz o seu poemario “Na noite estreñida”, pero anos antes sería elixido membro da Real Academia Galega (1920), onde leu un discurso titulado “A saudade nos poetas galegos”. En 1929 faría o propio na RAE cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Polo que se refire ao Cabanillas-poeta, este atravesa un periodo de silencio que apenas romperia a finais da decada dos 40 con “Antífona da cantiga”(1951) e “Samos” (1988), o seu ultimo libro publicado en vida. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 para conmemorar o 50º cabodano da súa morte.

Gonzalo Francisco Lopez Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Esta emparentado por liña materna con Eduardo Pondal. Estudou o bacharelato en Compostela rematando en 1893 e despois a carreira de Dereito. Viaxou por Francia, Belxica e Holanda. Como autor poetico, situase nos seus libros anteriores a Guerra Civil na escola do “Poeta da Raza”. O 20 de febreiro de 1921, estreou a súa única peza teatral, “María Rosa”, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das I. da Fala da Coruña. En 1963 viron a luz tres libros mais de poesía da sua autoría:”Nemancos”, “Cintileos nas ondas” e “Decrúa”. Lopez Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do  Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación de Escritores de Galicia, e colaborou en revistas e periodicos como “El Noroeste”, “A Nosa Terra” e “Ronsel”.



Victoriano Taibo Garcia, nado en Oza, provincia da Coruña, en 1887 e finado en 1930, foi un escritor e xornalista galego. Logo de traballar na infancia en labores agricolas na sua aldea natal, emigra a Cuba. Na Habana faise cunha formación autodidacta mentres trabilla na plantación de azúcar. Despois dedicase o xornalismo, mantendo en Eco de Galicia a sección “De mi tierra” entre 1925 e 1930 e colaborando en “A Nosa Terra”. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi mais proxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verquer a sua experiencia autobiografica. Ten obras como “Manecho o da rúa” (1926, novela curta) e “Abellas de ouro” (1930, colección de relatos).

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña en 1888 e finado en 1976, foi un escritor galego, e fillo de Uxío Carré Aldao. No ambito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a Escola Dramatica Galega e fundou a Editorial Lar en 1924, foi membro do Seminario de Estudos Galegos. En 1945 ingresou na Real Academia Galega. No ano 2006 Alvarellos editará “Obra inédita e esquecida”, con obras escritas entre 1915 e 1972. Entre todas as súas obras destacan: “Tolerias” (1917, teatro), “Contos e diálogos”(1918,narrativa) e “Naiciña”(1925, novela).



Uxio Carré Alvarrellos, nado na Coruña en 1885 e finado en 1967, foi un escritor galego. Foi o segundo de once fillos. Foi profesor mercantil da Escola Superior de Comercio da Coruña en 1904; renunciou e formou despois parte da Universidade Popular da Coruña. En 1906 foi nomeado academico non numerario da Real Academia Galega. En 1919, publicou a “¡Terra a Nosa!” e en 1954 e 1964 publicou en Bos Aires “Escolma de poesías” e “Arelas”. Escribiu co seu irman Leandro unha biografia de Galo Salinas premiada polo Centro Galego de Madrid en 1954, e deixou inéditas varias novelas como “O milagre”, e “Volverá” ademais dunha serie de dialogos reunidos Baixo o titulo común “Criticas e pasatempos”. Casou no 1914 con Margarita Naya Silva e o seu fillo mais vello seria asesinado durante a represion que seguiu a sublevación do 18 de xullo de 1936. Destacan outras obras como: “Da raza” (1919) e “A miña viaxe a Grañas de Sor”, publicado despois da súa morte.

Ramón Villar Ponte, nado en Viveiro en 1890 e falecido na Coruña en 1953, foi un dos mais importantes ensayistas das I. da Fala, xunto co seu irman Antón. Fixo o bacharelato por libre e examinouse no Instituto de Lugo. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, regresando a Galicia ó licenciarse. Dedicouse profesionalmente ao ensino privado e ao xornalismo. En 1921 accedeu á dirección do xornal ferrolán “El Correo Gallego”; foi correspondente de “El Sol” e “La Voz” de Madrid e colaborou tamen en “Galicia” e “El Pueblo Gallego” de Vigo. Organizou xunto con Xaime Quintanilla, a Irmandade da Fala de Ferrol e foi redactor dos seus boletíns. En 1921 o grupo de Ferrol fundou a editorial Céltiga, na que sería xerente. En 1922 trasladouse a Viveiro onde creou o grupo nacionalista como Subdelegación da ING en Ferrol. En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. En 1936 culminou a iniciativa do seu irmán Antón coa fundación, da Asociación de Escritores de Galicia. Ingresou na RAG en 1951 cun discurso titulado “A Xeración do 16”. Ten obras como: “Historia sintética de Galicia” (1927) e “Breviario da autonomía” (1933).

Entradas relacionadas: