Interpretación de Negra Sombra de Rosalía de Castro: Simbolismo e Estilo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,34 KB
Contextualización de "Negra sombra" en Follas Novas
Negra sombra: Este texto poético pertence á obra de Rosalía de Castro, Follas Novas, publicada en 1880. É o segundo e derradeiro libro de poesía escrito en galego, tal e como Rosalía xa indica no limiar. Algúns autores pensan que é debido ao fracaso na causa política; outros, ás críticas recibidas ou a unha opción persoal.
A liña renovadora e a dimensión universal
En comparación con Cantares Gallegos, en Follas Novas hai dúas liñas: a liña continuadora (máis semellante a Cantares Gallegos: popular, costumista e de visión obxectiva) e a liña renovadora (o poema que estamos examinando).
A liña renovadora é completamente novidosa na poesía galega. A temática que trata é metafísica e existencial, cunha visión subxectiva marcada polo pesimismo e a saudade. É a liña máis interesante e, por primeira vez na literatura galega, de dimensión universal.
Temática e ton do poema
O apartado "Do íntimo"
Este poema pertence ao apartado DO ÍNTIMO, no que Rosalía trata temas intimistas e existenciais cunha visión subxectiva. O título fai referencia a unha NEGRA SOMBRA que invade ao suxeito lírico en todo ("i es a noite i es a aurora").
O ton xeral é de abatemento, e vémolo no léxico empregado: negro, choras, sombra... e no emprego constante de expresións ligadas ao sufrimento ("fúcheste, es ida, es todo"). Aínda cando fala de algo feliz ("es ti que cantas, es a aurora"), despois vai haber algo triste ("es ti que choras, es a noite").
Estrutura e forma
Aínda que en Follas Novas a forma é máis innovadora que en Cantares Gallegos, no poema "Negra sombra" a estrutura é tradicional, de arte menor e rima asonante.
- Catro estrofas de catro versos cada unha.
Contrasta a sinxeleza da estrutura co tema existencial e complexo que trata Rosalía.
Recursos literarios e simbolismo
En canto aos recursos literarios empregados, cómpre mencionar:
- Simbolismo: Esa negra sombra podería ser a morte, as preocupacións, a depresión...
- Gran sonoridade do texto: Resultado do emprego de:
- Aliteración do "s" e das nasais: Producen sensación de monotonía.
- Repeticións e paralelismos.
- Uso constante da primeira persoa: Para subliñar o carácter íntimo do texto.
- Paronomasia ou derivación en "sombra que me asombra" (v. 2).
- Estrutura circular: Que inicia e finaliza a composición co lamento inicial.
Conclusión
En conclusión, Rosalía de Castro con Follas Novas elevou o discurso poético en galego ao máis alto nivel e deulle dimensión universal. En "Negra sombra" expresa unha profunda reflexión sobre a dor e a soidade do ser humano. Rosalía transforma un sentimento persoal nunha emoción universal coa que moitas persoas se poden identificar, o que explica que este poema sexa unha das obras máis importantes da literatura galega.