Instrumentos Populares Galegos: Percusión, Aerófonos e Cordófonos

Música4,57 KB

Instrumentos Populares Galegos

Son aqueles tocados ou construídos polo pobo, pero tamén os que serven para interpretar repertorios musicais populares ou están ligados a contextos (festas, bailes, cerimonias...) onde se interpreta a música. Moitos son de fácil construción ou incluso instrumentos domésticos ou de labor, e outros son cultos, pola relación que se dá entre a música popular e a música culta.

Percusión

Choque

Paiños, tarrañolas, canaveira, culleres, castañolas.

Raspadura

Botellas, carraca, cunchas.

Membranófonos

  • Tamboril: foi moi empregado a finais do XIX e a principios do XX, substituíndo o tamboril. Acompañaba as gaitas e tocábase tamén en charangas e murgas, xunto aos clarinetes e saxofóns.
  • Bombo
  • Caixa
  • Pandeiro
  • Pandeireta

Baqueta

Perriños, campás: acompañaron, durante os acontecementos relevantes (vodas, funerais, guerras, incendios, festas...) na vida dos galegos, posto que se facían soar baixo uns códigos coñecidos por toda a comunidade. No caso da morte dun home golpeábase dúas veces a campá grande e unha na pequena; no caso dunha muller, dúas na pequena e unha na grande; e no caso dun neno repicábase de forma variada. Cando había 3 veces na grande e 1 na pequena. Hoxe en día vaise perdendo o uso, agás nos enterros ou nas funerarias.

Ferreñas, chocas: empréganse co gando, no Entroido e nas bodas dun viúvo.

Axoúxeres

Berimbal (punteados)

Labor, tixolas, fouces, cazolas, tapadeiras, morteiros, latas.

Aerófonos

De lingüeta libre

  • Harmonio: estaba ligado ao culto nas pequenas igrexas que non tiñan órgano.
  • Harmónica: de uso individual.
  • Acordeón

Vento de madeira sen lingüeta

Chifre, pito, requinta, ocarina.

Vento de madeira con lingüeta

  • Lingüeta simple: clarinete, saxofón.
  • Lingüeta dupla: gaita, charamita.

Cordófonos

Zanfona

Nace no século X en forma de organistrum, que foi substituído polo órgano na música eclesiástica. Na Idade Media aparece representada nas Cantigas de Santa María. A finais da Idade Media usouse na labor mendigante. No século XVIII utilizouse na corte francesa, no XIX substituíuse polo violín e agora empregase nos conxuntos de música folk galega. Pertence á familia dos instrumentos de corda frotada.

Artesán: Germán Arias López (Sarriá).

Instrumentos do Renacemento

Corda frotada

Cordofonos: familia das violas: violas da gamba e violas da braccio. Apoiábanse no ombro coma un violín, tiñan catro cordas e non tiñan trastes, e eran moi pequenos. Lira braccio: foi un precursor do violín. Apoiábase no ombro, tiña cinco cordas e dous bordóns fóra do diapasón.

Corda punteada

  • Laúde: instrumento favorito do Renacemento e parte do Barroco. Tiña unha caixa de resonancia en forma de pera, cunha abertura en forma de rosetón. Constaba de catro ou cinco cordas dobres, que posteriormente se ampliaron en número. Punteábase cos dedos.
  • Vihuela: instrumento español, semellante á guitarra, con seis cordas dobres que se punteaban cos dedos.
  • Clavicémbalo: aparece a finais do século XV en Italia e estendeuse por Europa no XVI. As cordas, paralelas ao teclado, puntéanse por medio de plumas de ave cando se baixa a tecla.
  • Espineta e virginal: eran de uso doméstico, a veces colocábanse sobre unha mesa e tiñan unha sonoridade moi suave.

Corda percutida

Clavicordio: as cordas son golpeadas por láminas metálicas cravadas ao final das teclas. Tiña pouco volume.

Vento de madeira (aerófonos con bisel)

As frautas de pico carecen de lingüeta, que está encerrada nunha cápsula.

Vento metal

Instrumentos: cornetas, trompetas e sacabuxos.

Vento mecánico

Órganos: nesta época constrúense grandes órganos de igrexas, pero tamén se utilizaban pequenos órganos de mesa. Todos necesitan un fol que envíe aire a través dos tubos.

En España destacan os organistas Antonio de Cabezón e Francisco Salinas.

Descargar

PDF Word HTML