Instrumental e obxectivos na endodoncia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,43 KB

Instrumental de endodoncia

  • Limas K: instrumentos manuais para limpar e preparar os condutos radiculares. Presentan unha sección cuadricular.
  • Ensanchadores: na fase de instrumentación, utilízanse para o ensanchamento dos canais radiculares. Presentan unha sección triangular.
  • Limas Hedström ou escofinas: utilízanse para o alisado dos condutos radiculares e teñen forma cilíndrica.
  • Fresas Gates-Glidden: utilízanse con contra-ángulo para o ensanchamento do conduto radicular.
  • Regleta: instrumento milimetrado que se utiliza para medir a lonxitude da parte activa que vai ser introducida no conduto radicular.
  • Espaciadores: permiten comprimir, condensar e compactar a gutapercha no interior do conduto radicular.
  • Atacadores ou condensadores: a súa función é empurrar a gutapercha na técnica de condensación vertical ou gutapercha en quente.
  • Transportador de calor (heat carrier): instrumento con forma de espaciador manual, con alto poder calórico; ao quentalo ao rubio vivo na chama do mechero, permite a adaptación da gutapercha á morfoloxía do conduto radicular.
  • Compactador ou condensador de McSpadden: incorpórase ao contra-ángulo, introdúcese no conduto, quentando a gutapercha e compactándoa.
  • Tiranervios.
  • Léntulos.
  • Pinzas adaptadas para puntas.
  • Esponxeiro de endodoncia.

Obxectivos da irrigación

Os obxectivos da irrigación son:

  • Favorecer o limado dos condutos.
  • Disolver e eliminar os residuos do interior dos condutos radiculares.
  • Evitar a formación de tapóns no conduto.
  • Levar a cabo a acción antiséptica e bacteriana.

Normalmente, o líquido que se utiliza é hipoclorito sódico ao 0,5%.

Antecedentes comúns en tratamentos endodónticos

  • Unha perforación durante a apertura cameral ou durante a instrumentación das paredes do conduto.
  • Fractura dun instrumento no interior dos condutos.
  • Sub/sobreobturación dos condutos con gutapercha.
  • Que a infección se estenda desde a polpa aos tecidos periapicais.
  • Posibilidade de que o paciente aspire ou trague algún dos instrumentos.

Entradas relacionadas: