Impacto do turismo e medios de transporte

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,87 KB

Efectos económicos do turismo

Positivos: crea oportunidades de negocio e emprego, tanto directo coma indirecto (na construción, nos transportes, no comercio...) e é unha importante fonte de ingresos.

Negativos: xera especulación inmobiliaria e suba dos prezos dos produtos básicos nas zonas turísticas; gran parte do emprego que se crea é estacional. Cando o turismo substitúe as actividades económicas tradicionais, pode ser un problema en épocas de crise...

Efectos ambientais do turismo

Positivos: axuda á conservación dos espazos naturais e dá valor ao patrimonio paisaxístico.

Negativos: un turismo masificado e non concienciado co coidado do planeta adoita provocar unha redución e degradación do espazo natural, que se manifesta de moitas maneiras: perda de biodiversidade, aumento dos residuos, maior presión sobre os recursos naturais... ademais da importante contaminación causada polo transporte dos turistas.

Efectos socioculturais do turismo

Positivos: contribúe ao coñecemento, difusión e conservación das culturas locais.

Negativos: a poboación local das zonas turísticas pode verse obrigada a emigrar ante a suba dos prezos. Ademais, o intercambio cultural adopta moitas formas (incorporación de trazos culturais doutras sociedades). Isto non é malo se non se chega a unha perda de identidade cultural.

Os principais medios de transporte

O transporte por estrada úsase principalmente para o traslado de mercadorías e persoas. As súas principais infraestruturas son as autovías e autoestradas. A súa maior vantaxe é a flexibilidade, xa que permite chegar a moitos lugares con facilidade. Porén, presenta inconvenientes como o tráfico, a contaminación e os accidentes.

O transporte por ferrocarril emprégase sobre todo en distancias medias para persoas e mercadorías. A infraestrutura básica son as vías do tren. Entre as súas vantaxes destacan que é máis seguro, rápido e menos contaminante ca outros medios de transporte. Como inconveniente, ten pouca flexibilidade.

O transporte naval utilízase especialmente para transportar mercadorías a grandes distancias. As infraestruturas principais son os portos. A súa gran vantaxe é que resulta barato para mover cargas moi grandes. Non obstante, é un medio lento e require infraestruturas caras.

O transporte aéreo úsase para mercadorías de pouco peso e rápidas, así como para persoas en longas distancias. As infraestruturas necesarias son os aeroportos. As súas vantaxes son a rapidez e a capacidade para cubrir grandes distancias. Por outra parte, ten inconvenientes como o elevado custo do combustible, especialmente do queroseno, e as longas esperas.

Entradas relacionadas: