Impacto da Guerra Civil e o Franquismo na Sociedade e Cultura Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,47 KB
A Guerra Civil e as súas Consecuencias
O triunfo da sublevación militar e a instauración dunha ditadura até 1975 tivo as seguintes consecuencias:
Impacto Político, Social e Económico
- Políticas: Represión das persoas que defendían a liberdade, execucións dos líderes republicanos, a prohibición das linguas que non fosen o español e a vulneración dos dereitos humanos.
- Sociais: Supresión de dereitos fundamentais conseguidos anteriormente polos traballadores, polas mulleres e por outros colectivos.
- Económicas: Crise e involución económica, xunto coa escaseza de produtos básicos para a clase máis desfavorecida.
Galiza entra dentro do bando franquista xa polo gran número de homes e materias primas para o bando nacional. Morren cerca de 4.700 persoas debido ás penas de morte, fusilamentos e malleiras.
A Posguerra
Durante este período produciuse a prohibición de partidos políticos e sindicatos, o peche de xornais e revistas, e a instalación da censura en todos os ámbitos culturais. Raciónase a comida e os produtos de primeira necesidade (os chamados "anos da fame") e impónse unha economía de subsistencia ligada ao sector primario. O galego só era empregado nos ámbitos privados, xa que o seu uso ía en contra do réxime fascista.
Consecuencias para a Vida Cultural
As consecuencias para a vida cultural que se expresaba en galego foron dramáticas:
- Clausura de editoriais, revistas e xornais.
- Queima de libros e censura de obras.
- Fusilamento de persoas relacionadas co mundo da cultura como Ánxel Casal ou Alexandre Bóveda.
- Exilio: Luís Seoane, Castelao ou Blanco Amor.
- Persoas apartadas do seu traballo como Otero Pedrayo ou Fernández del Riego.
- Apoio ao réxime por parte de autores como Risco ou Álvaro Cunqueiro.
Oposición ao Franquismo
O exilio vai ser o eixo vertebrador do novo renacer cultural. Levouse a cabo a creación de canles para a publicación de libros galegos, a edición de revistas culturais e literarias, e a consolidación dun teatro galego (coa estrea de Os vellos non deben de namorarse). Realizouse un extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.
O Papel da Emigración e a Recuperación en Galiza
En países como Arxentina, Cuba, Venezuela, Uruguai e México existía desde moitos anos antes unha enorme colectividade de emigrantes, organizados ao redor da Federación de Sociedades Galegas.
En Galiza, isto supuxo que a partir dos anos 50, coa creación da Editorial Galaxia, se retomase a publicación de libros en galego. Xorden na clandestinidade os partidos nacionais de esquerdas. En 1963 suspéndese a prohibición de que os xornais publiquen textos en galego e, a partir dos anos 60, as protestas collen forza en Galiza.
Eduardo Blanco Amor
Nace en Ourense no 1897. As súas novelas están ambientadas todas alí, ao que el chama Auria. Foi un homosexual consciente e autoasumido. Emigra a Arxentina no 1919, onde traballou como xornalista para Terra ou Céltiga. Funda o Teatro Español de Cámara e crea o Teatro Popular Galego. Imparte numerosas conferencias e dá clase na universidade.
Estivo ás ordes do goberno da República e axudou aos exiliados republicanos no seu traslado. Mantivo unha grande amizade con Castelao e con Federico García Lorca. Regresou a Galiza en 1966 e morreu en Vigo no 1979.
En galego escribiu tres novelas fundamentais:
- A esmorga (1959).
- Os biosbardos (1962).
- Xente ao lonxe (1972).