A II República Española: Proclamación, Constitución e Reformas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,67 KB

A II República Española: Un Período de Cambios e Tensións

Proclamación e Goberno Provisional

A proclamación da II República Española, realizada o 14 de abril de 1931, foi acollida con gran entusiasmo pola poboación. Trouxo consigo a democracia e as liberdades individuais e sociais; pero o entusiasmo truncouse en tensións, violencia e enfrontamentos.

No día 14, o goberno provisional nomea a Alcalá Zamora presidente do goberno, quen decreta a amnistía xeral, proclama as liberdades públicas e sindicais e comeza a elaborar as liñas do que serán as grandes reformas.

O primeiro problema xorde en Cataluña pola proclamación do Estado Catalán e da república federal, provocando no goberno provisional a transgresión do Pacto de San Sebastián. A II República nacía recoñecendo o dereito de autonomía das rexións españolas.

A República orixinou a división dos españois por factores como:

  • Unha conxuntura internacional adversa, polo crack do 29.
  • Unha sociedade dividida e enfrontada, polos desequilibrios das riquezas.
  • A fragmentación e polarización política.

As Cortes Constituíntes e a Constitución de 1931

O goberno provisional, constituído o 14 de abril, tiña como obxectivo convocar eleccións para as Cortes Constituíntes, celebradas o 28 de xuño, gañando a alianza republicano-socialista. As Cortes elixiron como presidente a Julián Besteiro e crearon unha comisión para a redacción da Constitución de 1931, que establecía:

  • A república parlamentaria como forma de goberno.
  • O Estado integral con autonomías rexionais e municipais.
  • Estado laico.
  • Liberdade de expresión.
  • Sufraxio universal masculino e feminino.
  • Ampla lexislación laboral.
  • Expropiación por causa de utilidade social.

O Bienio Reformista (1931-1933)

Unha vez aprobada a Constitución, Manuel Azaña foi elixido xefe do goberno e levou a cabo unha actividade reformista a través de innovadoras leis. Estas leis afectaban a grupos que exercían o poder e o control, orixinando unha forte oposición.

A Reforma Relixiosa

Esta reforma incluía medidas como:

  • A separación da Igrexa e o Estado.
  • A extinción do orzamento do clero.
  • A liberdade de culto.
  • O matrimonio civil.
  • A expulsión dos xesuítas.

A Reforma do Exército

En 1931, o exército presentaba deficiencias na estrutura e no equipamento. Azaña eliminou o poder político militar, reduciu o número de militares e aumentou a eficacia. A Lei Azaña establecía que todos os mandos debían xurar fidelidade á República, a supresión da Lei de Xurisdicións e o dereito de retiros. Creouse a Garda de Asalto para manter a orde pública.

A Reforma Agraria

Tomáronse medidas como:

  • Os termos municipais.
  • A labra forzosa.
  • Os xurados mixtos.

Autorizouse a expropiación sen indemnización aos Grandes de España, e con indemnización de terras sen cultivar, terras dun só propietario que supuxesen 1/6 do concello e terras sempre arrendadas.

A Reforma Educativa

Deseñouse un programa de escolarización coa creación de escolas, institutos e centros de investigación. Recoñeceuse o dereito do emprego das linguas de España no ensino e destacaron as Misións Pedagóxicas.

As Eleccións de 1933

As eleccións de 1933 foron gañadas polas forzas das dereitas. O presidente Alcalá Zamora...

Entradas relacionadas: