A Idea do Ben e as Virtudes en Platón: Filosofía e Política
Enviado por Chuletator online y clasificado en Español
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,32 KB
A Idea do Ben na Filosofía de Platón
A idea do Ben pode analizarse desde tres puntos de vista:
- Plano ontolóxico: A idea do Ben é a idea suprema que ordena toda a realidade, xa que tanto as ideas como os obxectos, cada un ao seu nivel, participan dela. É a punta da pirámide na xerarquía dos seres e a que garante o ordenamento do mundo.
- Plano epistemolóxico: É a última idea que se coñece mediante a ascensión dialéctica —explicada no mito da caverna—. Só se coñecerá unha vez que se deixen os sentidos de lado, pasando polo coñecemento das imaxes e obxectos deste mundo, os obxectos matemáticos e o resto das ideas. No mito, simbolízase co sol. Unha vez coñecido o Ben, só se poderá obrar ben, xa que o obrar mal é froito da ignorancia.
- Plano político: Aqueles que sexan capaces de coñecer o Ben serán chamados a gobernar a polis, xa que serán os que mellor obrarán, guiados pola súa alma racional e abandonando calquera tentación terrenal.
As Virtudes e a Cidade Real
Platón identifica tres tipos de persoas en base a que manifestación da alma teñen máis desenvolvida:
- Alma racional: Conseguirán a armonía e o coñecemento, debendo rexir o goberno da cidade como filósofos. A súa virtude será a prudencia e, para que esta non se vexa mermada, prescindirán de ter familia ou propiedades.
- Alma irascible: Serán chamados a ser gardiáns, tendo por función defender a polis. A súa virtude será o control das pasións máis nobres, como a valentía.
- Alma concupiscente: Deberán controlar as pasións baixas mediante a templanza. Realizarán a función dos artesanos, é dicir, producir todo aquilo que necesite a cidade.
Se a alma é guiada pola súa manifestación racional, atópase en armonía; do mesmo xeito, a cidade dirixida polos filósofos será tamén unha cidade xusta e en armonía. Esta aristocracia intelectual impondrá as súas leis xustas mediante a persuasión ou a forza, ofrecendo unha educación para todos os cidadáns para que asciendan no camiño da sabedoría ata alcanzar a clase social que lles corresponde.