A Idade Media en Galicia: Orixe, Evolución e Esplendor da Lingua e a Lírica Galego-Portuguesa

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10 KB

Contexto Histórico e Social da Idade Media Galega

No referido á historia da lingua galega, que período abrangue a Idade Media?

Dende os séculos VII ou IX ata o século XV.

Características da Sociedade Galega Medieval

Cales son os principais trazos da sociedade galega medieval?

  • Unha economía basicamente labrega e mariñeira, complementada coa artesanía e o comercio.
  • Unha ríxida e desigualitaria estrutura social, onde nobreza e clero detiñan todo o poder fronte ao resto da poboación.
  • Un proceso paulatino de acumulación do poder en mans dos reis.
  • A recomposición territorial, a partir do século XII, do antigo Reino de Galicia.
  • Un forte dominio ideolóxico e cultural por parte da Igrexa Católica, que monopolizaba o saber.

Discriminación e Colectivos Marginados

Que colectivos sufrían discriminación ou persecución?

A muller e outros colectivos discriminados polas súas crenzas, xeito de vida ou orientación sexual: os xudeus, herexes, enfermos, prostitutas e homosexuais.

Indica brevemente os dereitos que tiña vetados a muller:

A nivel lexislativo xa se establecía a súa inferioridade. Estaba sometida á tutela dun home, non podía falar en público nin declarar como testemuña nos xuízos.

A Era Compostelá e o Esplendor Artístico

A Era Compostelá é o período máis florecente da Galiza medieval. Que dúas manifestacións artísticas universais nacen neste período?

A arte románica e a lírica galego-portuguesa medieval.

Orixe e Evolución da Lingua Galego-Portuguesa

Cando naceu o galego-portugués como idioma diferenciado do latín? Cando se iniciou o seu uso como lingua escrita?

Naceu no século VIII e o seu uso como lingua escrita iniciouse a finais do século XII.

Ámbitos de Uso Escrito do Galego-Portugués

Cita os diferentes ámbitos en que se usaba por escrito o galego-portugués e pon un exemplo de texto de cada un.

  • Documentos de carácter privado: cartas.
  • Documentos públicos institucionais: actas dos concellos.
  • Documentos xudiciais: denuncias.
  • Eclesiásticos: textos de igrexas.
  • Científicos ou didácticos: como o Livro de albeitaría.
  • Historiográficos: como a General Estoria.
  • Literarios: cantigas.

Monolingüismo Social e Proxección Internacional

Que significa que na Galiza da Idade Media existía un monolingüismo social oral?

Dende o seu nacemento e ata a segunda metade do século XIV, o galego foi unha lingua de todos os estratos existentes na sociedade galega. Tanto as clases populares como os habitantes das incipientes vilas e cidades, así como os membros das altas xerarquías nobiliarias, utilizaban o galego para comunicarse oralmente.

Na Idade Media, o galego-portugués foi unha lingua internacional que traspasou as nosas fronteiras. En que ámbito?

No ámbito da lírica. Nesta época, boa parte dos trobadores da península escribían as súas cantigas en galego-portugués.

Características Lingüísticas do Galego-Portugués Medieval

Identifica neste texto algunha das características do galego-portugués:

h4>Fonoloxía e Ortografía

  • Existencia de vogais nasais (froito da perda do -N- intervocálico): boõ.
  • Existencia de hiatos (froito da perda de consoantes intervocálicas): bõos.
  • Existencia dun complexo sistema de sibilantes: vos, vassalos.

h4>Morfoloxía

  • Uso de pronomes anafóricos: i (significa alí).
  • Formas átonas do posesivo feminino (ma, ta, sa): sa lança.

h4>Sintaxe

  • Uso de posesivo sen artigo: El-rei cobrara ja sa lança, ca seus vassalos o ergueron.

O Proceso de Minorización e a Separación Lingüística

As Guerras de Sucesión e o Prexuízo Lingüístico

A finais da Idade Media producíronse dúas guerras de sucesión polo trono de Castela que prexudicaron gravemente a lingua galega. Cales foron e cal foi o prexuízo ocasionado?

  1. Século XIV: Pedro I vs. Henrique de Trastámara. Henrique resultou vencedor. Para vingarse dos nobres que apoiaron a Pedro I, o novo rei substituíu a nobreza galega derrotada por nobreza castelá, outorgándolle a esta os seus títulos e as súas terras. Isto supuxo un primeiro foco de penetración do castelán en Galicia, que ata entón era monolingüe en galego.
  2. Século XV: Xoana a Beltranexa vs. Isabel a Católica. A vitoria desta última trouxo consigo unha nova chegada de nobres casteláns a Galicia e supuxo un segundo foco de penetración do castelán que iniciou o proceso de imposición deste idioma.

Como e cando comezou o proceso de minorización do galego?

A mediados do século XIV e na segunda metade do XV producíronse senllas loitas dinásticas pola coroa de Castela que supuxeron o desprazamento da nobreza galega por nobreza castelá, que trouxo consigo o seu idioma. Así comezou un proceso de imposición do castelán, que se empezou a estender dende as clases sociais máis altas. Deste xeito, o galego é expulsado dos ámbitos e usos máis elevados e enmudece como lingua escrita.

Causas da Separación entre Galego e Portugués

Cales foron as causas da separación entre galego e portugués?

  • Mentres que Galiza pasou a depender da coroa de Castela, coa conseguinte imposición do castelán, Portugal converteuse nun reino independente e impulsou o portugués como lingua oficial.
  • Ademais, a expansión do reino de Portugal cara ao sur puxo o portugués en contacto co árabe e o mozárabe, o que acentuou as súas diferenzas co galego.

Diferenzas Fonolóxicas Clave

Sinala catro diferenzas fonolóxicas entre o galego e o portugués.

  1. O portugués conserva as vogais nasais (mão), que se perden en galego.
  2. O portugués conserva as consoantes fricativas sonoras (fazer, jantar), que se perden en galego.
  3. En portugués diferéncianse os fonemas /b/ e /v/, mentres que en galego converxen nun único son.
  4. O galego ten os pronomes te (CD) e che (CI), mentres que o portugués usa te para as dúas funcións.
  5. Existe unha preferencia polo ditongo OI en galego (moito) e UI en portugués (muito).

A Literatura Galega na Idade Media: A Poesía Trobadoresca

Definición e Orixe

Que é a poesía trobadoresca e en que zona de Europa se orixina?

Trátase dunha poesía lírica en lingua romance, de temática fundamentalmente amorosa e que segue as regras do chamado amor cortés. Ten a súa orixe na Provenza ou Occitania, actual sur de Francia.

Como chega a influencia desta poesía a Galicia?

Sobre todo a partir de tres vías:

  • O Camiño de Santiago.
  • Os monxes de Cluny (que fundaron conventos na península).
  • Os contactos entre nobres provenzais e peninsulares.

Cal é o ámbito xeográfico da poesía galego-portuguesa medieval?

Non só se compón en galego dentro de Galicia, senón nas cortes de boa parte da Península Ibérica, onde os trobadores escriben as súas cantigas en galego-portugués (salvo en Cataluña e Al-Ándalus).

Roles na Lírica Medieval

Os compositores e/ou intérpretes das cantigas son os trobadores, os xograres e os segreis. Indica brevemente as semellanzas e diferenzas entre eles.

XOGRAR
É compositor e intérprete das cantigas, pertence á alta nobreza e troba por pracer ou refinamento cultural, sen que medie ningún tipo de recompensa económica.
TROBADOR
É o intérprete das cantigas, aínda que ás veces atrévese a compoñelas, o que provoca as burlas dos trobadores, que consideran este atrevemento unha subversión da xerarquía social.
SEGREL
Igual que o trobador, é compositor e intérprete das cantigas, pero pertence a unha clase social inferior (baixa nobreza) e ademais profesionaliza o seu traballo, cobrando pola interpretación.

Os Manuscritos Clave da Lírica Galego-Portuguesa

A nosa lírica medieval está recollida en oito manuscritos (textos escritos á man) entre os cales destacan cinco: tres cancioneiros (recompilacións extensas de cantigas) e dous pergamiños (follas soltas). Indica brevemente o contido destes cinco manuscritos.

  1. Cancioneiro da Ajuda: (Así chamado por conservarse no palacio da Ajuda, en Lisboa). Contén 310 composicións, todas elas cantigas de amor.
  2. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: (Lugar no que se conserva). Contén 1647 cantigas de todos os xéneros.
  3. Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: (Lugar no que se conserva). Contén unhas 1200 cantigas de todos os xéneros. Estes dous últimos cancioneiros son copias dun mesmo orixinal que non se conserva.
  4. Pergamiño Vindel: (Descuberto polo libreiro Vindel a principios do século XX como forro dun libro). Probablemente fose unha folla orixinal medieval das que usaban os xograres para anotar o seu repertorio. Contén as sete cantigas de amigo do xograr vigués Martin Códax, acompañadas da súa notación musical.
  5. Pergamiño Sharrer: (Descuberto polo profesor Sharrer a finais do século XX como forro dun libro). Contén sete cantigas de amor do rei Don Dinis, acompañadas da súa notación musical.

Entradas relacionadas: