Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,11 KB

Historia Da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma


A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dá nunha lingua Histórica, o modelo común aceptado como uso normativo do código Lingüístico. Corresponde ao nivel medio (ou Culto) e ao rexistro formal.

Normativización lingüística


Elaboración dunha variedade estándar de lingua que funciona como Modelo de corrección idiomática nunha comunidade. Procúrase un Código formal común con ortografía, gramática e dicionario. Constitúe a norma fónica, gráfica, morfosintáctica e léxica. Imprescindible nunha lingua minoritaria.

Etapas do proceso de Normativización:

Galego Popularizante (ata fins do XIX). Ten como fonte o galego oral. Inadecuado para os rexistros formais. Cariz popularizante. Comeza a base literaria.

Galego Enxebrizante(ata 1936). Tendencia diferencialista do castelán E exaltación da dimensión «enxebre». Procúrase un modelo de lingua escrita, sen gramática normativa nin Dicionario.

Galego Protoestándar (ata fins dos 70): Simplificación ortográfica e tendencia purista que evita o influxo Foráneo. Procúrase o estándar lingüístico único para a Normalización.

Galego Estándar (ata hoxe): Procura dun Galego supradialectal, fiel á lingua oral, coherente coa historia da lingua e harmónico coas Linguas do seu contorno.

O estudo e investigación filolóxica Atopa solucións para as desviacións do galego escrito.

En 1982 apróbanse as Normas Ortográficas e morfolóxicas do idioma galego(RAG-ILGA). Determínase o estándar do galego contemporáneo e a normativa Lingüística vixente.

Interferencias lingüísticas: Cambios nunha lingua autóctona pola influencia doutra lingua allea Porque conviven en desigualdade. No galego, a meirande parte proveñen Do castelán e afectan aos planos fónico, morfosintáctico e léxico.

As desviacións da norma se apartan Do estándar da lingua (alteracións no vocalismo, metáteses, Vulgarismos, dialectalismos, arcaísmos, hipergaleguismos e Hiperenxebrismos).


Entradas relacionadas: