Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,18 KB
TEMA 2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e Desviacións da norma
A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dá nunha lingua histórica;
Concretamente aquela que se escolle como modelo de lingua común e que é identificada e
Aceptada polos falantes como o uso correcto e normativo do código lingüístico. Esta variedade,
Correspondente ao nivel medio (ou culto) e ao rexistro formal, debe concordar cos hábitos
Xerais da lingua; é a que se estuda na escola, a que se utiliza nos medios de comunicación
Sociais, a da Administración e dos usos formais e, xeralmente a que se describe nas gramáticas.
Un dos campos de actuación básicos dentro do proceso de normalización dunha
Cultura e dunha lingua minorizadas é xustamente a normativización lingüística.
A normativización lingüística consiste fundamentalmente na elaboración e selección
Dunha variedade estándar de lingua que funcione dentro dunha comunidade determinada como
Modelo de corrección idiomática. Normativizar unha lingua é elaborar un código formal común
E válido para todos os falantes dunha comunidade artellando unha ortografía, unha gramática e
Un dicionario do idioma. O obxectivo prioritario é, pois, a fixación dunha norma fónica, gráfica,
Morfosintáctica e léxica que sirva para propiciar o uso correcto da lingua.
O proceso de normativización da nosa lingua desenvolveuse nas seguintes etapas:
Galego popularizante (ata fins do XIX), caracterizado por ter como fonte principal o galego
Oral, con todas as eivas (castelanismos, vulgarismos, dialectalismos ... ), e pola escasa
Pretensión codificadora.
No século XIX, despois de catro séculos sen recoñecemento cultural nin cultivo
Literario, a lingua galega presenta un estado lamentable en canto á súa inadecuación para
Os rexistros formais dos usos idiomáticos cultos. Ten un marcado cariz popularizante, pero
Pouco a pouco vaise creando unha base literaria sobre a que asentar a variedade
Estándar.
Galego enxebrizante (ata 1936), caracterizado polo predominio da tendencia diferencialista
Con relación ao castelán e a exaltación da dimensión «enxebre» do idioma. Os escritores
Comezan a sentir a necesidade de crear un modelo de lingua escrita.
A esa altura seguía sen haber un modelo único de escrita culta. Non había unha
Gramática normativa nin un dicionario que resolvese de xeito claro e definitivo as dúbidas
Ortográficas, morfolóxicas e léxicas.
Galego protoestándar (ata fins dos 70), caracterizado pola simplificación ortográfica
(eliminación de apóstrofos, guións, acentos circunflexos e graves) e polo predominio da
Tendencia purista (preservación da lingua do influxo foráneo, sobre todo castelán).
Vai medrando a preocupación pola creación dun estándar lingüístico único, sentido xa
Como unha necesidade perentoria para a normalización do galego.
Galego estándar (ata hoxe), caracterizado pola procura dun galego supradialectal, fiel á lingua
Oral, coherente coa historia e coa actualidade da lingua e harmónico coas linguas do seu
Contorno.
A situación muda de xeito notable desde o momento en que o noso idioma se
Converte en sistemático obxecto de estudo e investigación filolóxica por parte de certos
Departamentos e institucións universitarias. O mellor coñecemento lingüístico acadado axuda
A atopar solucións apropiadas para aquelas desviacións que deformaban o galego escrito.
Froito do acordo entre a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 1982
Apróbanse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego(RAG-ILGA), revisadas en
1995 e reformadas en xullo de 2003 a proposta dunha comisión de expertos entre os que
Había académicos, representantes das tres universidades galegas e membros do ILGA. Nelas
Determínase o estándar do galego contemporáneo e establécese a normativa lingüística
Oficialmente vixente.
Inteferencias e desviacións da norma
As interferencias lingüísticas son cambios que se producen nunha lingua (lingua autóctona)
Debido á influencia exercida sobre ela por outra (lingua allea). Nunha situación de contacto
Lingüístico na que dúas linguas conviven en desigualdade case sempre se producen
Interferencias. No noso caso a meirande parte das interferencias que se producen na nosa
Lingua proveñen do castelán e afectan a todos os planos da lingua: fónico, morfosintáctico e
Léxico.
As desviacións da norma son aquelas que se apartan da solución asumida como estándar da
Lingua e entre eles atópanse as alteracións no vocalismo (fenómenos de adición e supresión,
Labialización, harmonización vocálica, disimilación), as metáteses, os vulgarismos, os
Dialectalismos, os arcaísmos e os hipergaleguismos e hiperenxebrismos.
Estes fenómenos, entendidos como usos que non se axustan á normativa do noso idioma,
Deben ser un aspecto a coidar na produción de calquera tipo de texto.