Historia Medieval: Reinos Xermánicos, Islam, Feudalismo e Románico
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,36 KB
Principais Reinos Xermánicos
- Hispania: o dos visigodos.
- Galia: o dos francos.
- Norte de África: o dos vándalos.
- Italia: o dos ostrogodos.
- Britania: os anglos e os saxóns.
O Imperio Romano de Oriente
Resistiu os ataques dos bárbaros e mantívose durante dez séculos co nome de Imperio Bizantino.
Os Cinco Piares do Islam
- A profesión de fe: non hai máis deus que Alá e Mahoma é o seu profeta.
- A obriga de orar cinco veces ao día en dirección á Meca.
- A práctica da esmola.
- O xaxún no mes de Ramadán, desde a saída ata a posta do sol.
- A peregrinación á Meca unha vez na vida.
O Califato e a súa Organización
O enorme imperio conquistado polos árabes recibiu o nome de Califato porque o seu xefe supremo era o califa. No ano 661, a capital do Califato estableceuse en Damasco. O Califato foi dividido en provincias ou emiratos gobernados por emires.
Tratado de Verdún
Significaba a ruptura definitiva da idea imperial de Carlomagno.
Orixes do Feudalismo
- Os condes e os duques do Imperio Carolinxio acabaron actuando como donos das terras que gobernaba o rei.
- O monarca non podía protexer os campesiños por non dispoñer de exército abondo. Os campesiños non tiveron outro remedio que acudir a outro señor feudal para que os protexera. Desta maneira, convertéronse nos seus servos.
O Feudo
Era unha grande extensión de terra cedida por un rei ou un nobre de maior rango a un señor feudal.
Orixe das Cruzadas
No ano 1095, o Papa Urbano II chamou os cristiáns a liberar Terra Santa dos infiéis. Como recompensa, prometeulles o perdón dos pecados e a salvación a todos os que participasen nesa empresa.
A Primeira Cruzada
Os primeiros en marchar foron os labregos. A expedición, moi desorganizada, foi diezmada polas enfermidades e pola fame. Só uns poucos chegaron a Asia Menor, onde foron esmagados polos turcos. A expedición de cabaleiros derrotou os turcos e conquistou Antioquía e Xerusalén.
A Pintura Románica
Tiña unha dobre función: didáctica e decorativa.
Os Gremios
Preocupábanse de manter o cumprimento dunha serie de normas.
A Burguesía
Constituía un grupo social que na súa orixe non era nin nobre, nin eclesiástico, nin campesiño.
Os Reinos de Taifas
Cos Reinos de Taifas, a unidade de Al-Ándalus rompeu.
Características das Igrexas Románicas
As igrexas románicas tiñan: a planta basilical (dun só brazo), o transepto (o que lles outorgou ás igrexas unha forma de cruz latina que lembraba o corpo de Cristo na cruz). O lugar onde se cruzan os brazos chámase cruceiro e ás veces cubríase cunha cúpula. A cabeceira da igrexa, a ábsida, adoitaba ser semicircular e as naves laterais prolongáronse formando o deambulatorio. Para construír a cuberta, erguíanse sólidas bóvedas de canón que requirían para o seu sostén grosos muros e enormes piares e columnas unidas por arco de medio punto ou de media circunferencia. Tiñan contrafortes para reforzar e suxeitar os muros da