Historia do Galego Moderno e o Rexurdimento Político
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,38 KB
O Galego Moderno
O século XIX e o Rexurdimento
No século XIX prodúcese o Rexurdimento literario da lingua galega. En 1833 modifícase a organización do territorio de xeito que o Reino de Galicia desaparece oficialmente e fórmanse as catro provincias actuais. A intensificación do proceso centralista e uniformador alcanza tamén o sistema educativo e, en consecuencia, as linguas; declarouse a alfabetización obrigatoria do castelán en todo o Estado.
Canto aos usos lingüísticos, a maioría da poboación segue a ter o galego como lingua habitual, pero o proceso de imposición do castelán continúa. Esta era a lingua da minoría gobernante.
O nacemento do galeguismo
A partir de 1840, como reacción ao proceso unificador, nace entre algúns intelectuais o galeguismo, que foi un movemento político, social e cultural que pretende recuperar a identidade galega e atribuírlle poder político:
O provincialismo (1840-1868)
A partir de 1833, Galicia quedou dividida en catro provincias fronte ás sete do antigo reino. Esta división provocou unha insurrección militar en 1846 e o nacemento do provincialismo, que reivindicaba Galicia como única unidade administrativa.
O federalismo (1869-1881)
Movemento ligado ás ideas republicanas, o seu desenvolvemento rematou coa restauración monárquica.
O rexionalismo (1881-1916)
Este movemento desenvolveuse parello aos movementos cataláns e vascos, que tamén bebían de fontes románticas e liberais. Houbo dúas liñas:
- A corrente liberal, de carácter progresista, que apoiou o Rexurdimento, liderada por Manuel Murguía, autor de El regionalismo gallego.
- A corrente tradicionalista, de carácter conservador, que tamén combatía o centralismo, liderada por Alfredo Brañas (El regionalismo).
O nacionalismo galego
É a evolución de todas as correntes anteriores que loitaban polo recoñecemento da identidade galega. Considérase que naceu en 1916 coa constitución das Irmandades da Fala, que xa consideran Galicia como unha nación con dereitos políticos. Conseguiron a aprobación do Estatuto de Autonomía o 28 de xuño de 1936 (20 días antes do inicio da guerra).