Historia da Filosofía e Evolución do Ser Humano
Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,34 KB
Panorama histórico da filosofía occidental
Pensamento grego antigo
Panorama histórico: O pensamento grego sitúa o cosmos no centro da realidade; o ser humano é unha parte del e está sometido ás súas leis. O destino da vida do home está predeterminado, non depende das accións humanas.
A sofística deixa en segundo plano ao cosmos e centra a súa reflexión no home. Os sofistas indican a intelixencia e a iniciativa humana sobre todas as cousas (Protágoras). O ser humano pasa de ser un individuo suxeito aos seus intereses e desexos.
En opinión de Sócrates, o escepticismo dos sofistas non dá resposta á pregunta sobre o ser humano; este é o único ser que pregunta por si mesmo. E a resposta é algo que transcende o plano subxectivo e que hai que tratar de descubrir. O ser humano aparece como un ser moral.
Platón fundamenta as institucións socráticas (o home está vinculado por medio da súa alma a un mundo que está máis aló do material. Este, singular e continxente, é só unha sombra da verdadeira realidade).
Aristóteles plantexa a unidade de alma e corpo (nos corpos, o alma anima a materia e fai que sea viva, orgánica. O alma caracterízase pola súa racionalidade e pola súa inmaterialidade).
Intelectualismo (doctrina filosófica segundo a cal toda realidade é susceptible de ser coñecida pola mente humana). En ética, defende que o mal é froito da ignorancia, polo que sabedoría e virtude se equiparan.
O ético socrático-platónico todavía pesa moito sobre Aristóteles e isto anímao a superar certos tópicos da súa época (os bárbaros e escravos son individuos de condición inferior aos cidadáns da polis, nos cales predominan o destino e a insensibilidade da razón).
Persoa e dereito na antiga Roma
Segundo a cal, a dignidade dunha persoa radica no ser da persoa, creada a imaxe de Deus. O ser humano ten un valor incalculable, pero a vida preséntase como a relación entre ambos. Cada persoa é imaxe de Deus, o home foi creado por el e hai un ser superior capaz de responder a todas as súas inquietudes.
Algúns pensadores romanos atopan institucións do valor absoluto da dignidade humana, como no estoico (quen vive a súa vida) Séneca, cando sostiña que «o home é algo sagrado para o home».
Pensamento cristián
O pensamento cristián bástase en tres aspectos:
- Un acontecimiento histórico concreto que transforma a perspectiva desde a cal se interpreta o mundo. A clave non está nunha doctrina determinada como defendía Sócrates, senón nunha persoa determinada: Xesucristo. A vida preséntase coa relación entre un eu e un ti, e é a resposta a un Deus persoal desde a intimidade única de cada ser humano.
- Valor incalculable dos seres humanos: Todos os seres humanos teñen un valor incalculable, sexan cales sexan o seu estado e condición. A razón última é triple: primeiro, cada persoa é imaxe de Deus; segundo, o home foi creado directamente por el e redáctase como fillo; terceiro, hai un ser superior capaz de responder a todas as inquietudes (somos persoas en función da nosa relación con Deus).
- Profundización teolóxica sobre o dogma (Pai, Fillo e Espírito Santo) abre o camiño á reflexión filosófica acerca de qué pode significar ser persoa. A definición da persoa no cristianismo está marcada pola súa relación con Deus.
Pensamento moderno e contemporáneo
Nesta época reivindícase o eu psicolóxico (alma e corpo diferentes). O home moderno adopta unha nova concepción de si mesmo. Principales características desta nova visión:
- O ser humano enténdese fundamentalmente como autociencia. A atención tórnase cara ao home concibido como suxeito psicolóxico. O plantexamento dominante era o do eu real.
- A razón ordénase e impón as súas leis ao mundo e, por iso, confía no poder de configuralo. A exaltación da razón permite compensar o pesimismo do ser humano ante a inmensidade do cosmos. A infinitud do universo non será máis que un reflexo da infinitud da mente humana (reivindicando o poder da razón).
- Proceso de secularización: A erosión e a perda das ideas fundamentais que nos transmite o cristianismo. Asístese á perda do sentido do relixioso e, no último termo, intentábase salvar a dignidade do ser humano en si mesmo, olvidando a súa condición transcendente.
O xiro antropolóxico e a dignidade humana
Como consecuencia do xiro antropolóxico, aparecen liñas de pensamento respecto á dignidade humana:
- Concepto ilustrado: Desde Kant, a persoa caracterízase pola súa esencia racional, na que reside a súa dignidade; un ser racional sempre é un fin en si mesmo, polo que non se pode tratar como un simple medio.
- Relativismo cultural: O concepto de dignidade da persoa perde o seu valor xa que cambia co tempo e depende do modo de entender ao home nunha cultura u outra (idea diferente da dignidade).
Sören Kierkegaard, pensador dinamarqués, é o primeiro en facer unha encendida defensa do individuo singular; ademais, é o antecedente das filosofías da existencia e das correntes personalistas nacidas na primeira metade do século XX.