Historia de España: Idade Media e Moderna (Visigodos, Al-Ándalus, Reis Católicos)
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,26 KB
Idade Media en España
No século V, os visigodos, que tamén eran xermánicos, fundaron o seu propio reino en Hispania con capital en Toledo. Posuían as mellores terras.
- Os visigodos mantiveron parte da cultura romana e mesturárona coa súa. Falaban e escribían en latín, adoptaron parte do dereito romano e convertéronse ao cristianismo.
Al-Ándalus
Al-Ándalus era un territorio musulmán que se converteu nun califato, con capital en Córdoba. Abderramán III foi o seu primeiro califa.
- Tiñan unha agricultura moi produtiva. Introduciron a nora e trouxeron novos cultivos como o arroz, o algodón e o azafrán.
- Nas cidades traballaban os artesáns que elaboraban cerámicas e outros produtos. Nos mercados vendían produtos que chegaban de Oriente.
- Tiñan unha refinada cultura.
No século XI o califato dividiuse en pequenos territorios chamados reinos de taifas.
Reinos Cristiáns
Creáronse reinos cristiáns como o de Asturias, que máis tarde se chamou de León; o reino de Aragón, que co tempo se chamou Coroa de Aragón; o de Navarra e o de Portugal.
A sociedade medieval
- Os reis incrementaron o territorio do seu reino e o seu poder.
- Os nobres aumentaron as súas propiedades e riquezas.
- Os monxes fundaron mosteiros e estenderon o cristianismo.
No século XV, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, chamados Reis Católicos, uniron os seus reinos. En 1492 conquistaron o último reino musulmán, Granada.
Idade Moderna en Europa
Comezou no 1492 co descubrimento de América, e rematou no 1789 coa Revolución Francesa. Caracterizouse por:
- Crecemento da poboación. Creáronse os primeiros bancos.
- O incremento do poder dos reis fronte aos nobres. Cando o seu poder foi absoluto, chamáronse absolutistas.
- A aparición de novas relixións, como os protestantes. Eran cristiáns que se separaron da Igrexa Católica.
Política e sociedade
- Nobreza: eran os propietarios da maior parte das terras. Axudaba o rei no goberno e non pagaba impostos.
- Clero: tiña terras e non pagaba impostos.
- Pobo: estaba formado por campesiños, artesáns e burgueses, e estes enriquecéronse grazas ao comercio.
- España foi o país máis poderoso de Europa porque controlaba o comercio con América.
- A expansión comercial é o que o descubrimento de América supuxo para España.
Ciencia e cultura
- Renacemento: caracterizouse pola admiración cara ás culturas grega e romana. Séculos XV-XVI.
- Barroco: caracterizouse por unha arquitectura e unha escultura con moitos adornos. Século XVII.
- Ilustración: foi un movemento cultural e político que se baseaba na razón, educación e a ciencia como elementos esenciais para mellorar a vida das persoas. Século XVIII.