Historia de España: Carlos IV, Godoy e a Guerra de Independencia

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,08 KB

Monarquía de Carlos IV (1788-1808)

Carlos IV confioulle o poder a un militar, Manuel Godoy, xerando absoluta desconfianza nos círculos nobiliarios e o desexo de adoptar unha persoa de confianza no poder.

A execución do monarca francés impulsou a Carlos IV a lle declarar a guerra a Francia. A derrota das tropas españolas levou á Paz de Basilea (1795), que subordinou España aos intereses franceses desde o ascenso ao poder de Napoleón Bonaparte (1799).

As alianzas con Francia derivaron en conflitos con Gran Bretaña, celosa do seu dominio marítimo. Na Batalla de Trafalgar (1805), a armada franco-española foi esnaquizada.

Esta situación acentuou a crise da Facenda real. Godoy presentou reformas como a desamortización de terras eclesiásticas, o que xerou unha ampla oposición. Os impostos sobre o campesiñado provocaron o descontento popular, e esta situación alimentou motíns e revoltas.

O Motín de Aranjuez (1808)

A situación anterior empeora cando Godoy asina o Tratado de Fontainebleau con Napoleón, que autorizaba os exércitos franceses a entrar en España para atacar Portugal. A cambio, repartiríanse Portugal entre ambos os países. En 1808 estala o Motín de Aranjuez (con participación popular, pero dirixido pola nobreza e o clero), onde se atopaban os reis con plan de escapar ao sur. Este motín perseguía a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando. Os amotinados conseguen o seu obxectivo e fan palpable a crise da monarquía. Napoleón reafírmase na debilidade monárquica e decídese a invadir España.

A Monarquía de Xosé I Bonaparte

Carlos IV e Fernando VII foron chamados por Napoleón a Baiona, onde abdicaron. Napoleón nomea o seu irmán Xosé (con experiencia reformista, como a abolición do réxime señorial e a desamortización de terras da Igrexa) rei de España e convocou a Cortes co fin de aprobar unha Constitución que acabase co Antigo Réxime. Para unha gran parte da poboación, o novo goberno era ilexítimo e sustentado no poder das armas.

Guerra de Independencia (1808-1814)

O Levantamento do 2 de Maio

O 2 de maio de 1808, o resto da familia real partiu cara Baiona, onde se cría que Napoleón tiña secuestrado a Fernando VII. Unha multitude congregouse diante do palacio para impedir a súa partida. Esta revolta foi duramente reprimida, pero o seu exemplo propagouse. Xurdiron Xuntas de armamento e defensa, partidas de Fernando VII, que pretendían canalizar a axitación popular. As Xuntas provinciais asumiron a soberanía en ausencia do rei e declaráronlle a guerra a Napoleón. Creouse unha Xunta Suprema Central que coordinase a loita e dirixise o país. Floridablanca e Jovellanos eran os membros máis ilustres.

A Resistencia e o Fin da Guerra

Napoleón invadiu rápida e doadamente, pero a resistencia á invasión realizouse mediante unha forma espontánea e popular: as guerrillas, que fustrigaban o exército por sorpresa. En 1812, o curso da guerra quedou afectado pola campaña que Napoleón iniciou en Rusia. As tropas españolas conseguiron a vitoria de Os Arapiles. Finalmente, pactouse o fin dos conflitos cos españois e permitiuse a volta de Fernando VII (Tratado de Valençay).

As Ideoloxías en Conflito

  • Afrancesados

    Intelectuais, altos funcionarios e unha parte da nobreza que colaboraron coa monarquía de Xosé I. Procedían do despotismo ilustrado e buscaban modernizar España.

  • Fronte Patriótica

    Composta polo clero e a nobreza, que defendían a volta ao absolutismo baixo o reinado de Fernando VII. Algúns ilustrados crían que coa volta de Fernando VII se podería impulsar un programa de reformas.

  • Liberais

    Vían na guerra a oportunidade de realizar un cambio no sistema político, baseándose nunha Constitución e impulsando o desenvolvemento do capitalismo.

Entradas relacionadas: