Historia e Desenvolvemento do Teatro e o Ensaio en Galicia dende 1950

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,51 KB

O Teatro Galego dende 1950 ata a Actualidade

A partir de 1950, coa creación da Editorial Galaxia, retómase a publicación e representación de textos dramáticos. Autores destacados desta etapa son Álvaro Cunqueiro, Xohana Torres e Ricardo Carvalho Calero.

O Fenómeno do Teatro Independente

Nos anos 60, xorde o fenómeno do Teatro Independente, impulsado polos colectivos coruñeses O Facho e Teatro Circo, dirixidos por Manuel Lourenzo. Este movemento tiña como obxectivos principais:

  • Recuperar a función social do teatro.
  • Afastarse do teatro burgués.
  • Achegar o teatro ao pobo mediante o teatro itinerante.
  • Modernizar a estética e a temática do teatro galego.

Nesta época aparecen grupos fundamentais como Auriense, Histrión 70, Artello, Antroido e Troula.

O Grupo Abrente e a Mostra de Ribadavia

O Grupo Abrente ou a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia organiza a Mostra de Teatro de Ribadavia. Esta cita converteuse na plataforma de lanzamento máis importante para autores e compañías. Os dramaturgos que máis destacan son Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño. Todos eles compartían unha visión profesional do teatro.

O Teatro a partir de 1975 e a Actualidade

A partir da Transición, o teatro vive un proceso de profesionalización da actualidade dramática. Logo créase o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), que dá paso á AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), que amplía as súas competencias para abranguer todas as actividades culturais.

Aumenta considerablemente o número de compañías; as máis destacadas son: Sarabela Teatro, Chévere, Ollomol-tranvía, etc. Hoxe contamos cun número importante de dramaturgos e dramaturgas: Xesús Pisón, Cándido Pazó, Lino Braxe

A Importancia dos Monicreques

Hai que salientar a importancia que ten en Galicia a modalidade de teatro de monicreques, á que se dedican un bo número de compañías: Cachirulo, Seisdedos, etc. Celébranse festivais como Galicreques en Santiago ou o de Redondela.

O Ensaio en Galicia: Evolución e Etapas Críticas

A evolución do ensaio galego pasou por varias etapas críticas:

1. Antecedentes (Primeiro terzo do século XX)

Autores como Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao e Cabanillas escribiron obras didácticas sobre política, historia, etnografía, antropoloxía e lingüística.

2. O impacto de 1936

A partir deste ano, o castelán impúxose como lingua de publicación para o ensaio, aínda que se seguían tratando temas galegos. Un fito fundamental foi a publicación en 1944, desde o exilio americano, da obra Sempre en Galiza de Castelao, que chegou a Galicia de forma clandestina.

3. O labor da Editorial Galaxia

  • En 1951 nace a revista Grial, co obxectivo de reflexionar sobre a realidade galega e a cultura universal. Foi censurada en 1963, pero logrou recuperarse.
  • Ao redor de Galaxia formouse un grupo de ensaístas fundamentais: Ramón Piñeiro (filosofía), Ricardo Carvalho Calero (literatura e sociolingüística), Francisco Fernández del Riego (literatura) e Xosé María Álvarez Blázquez (historia e literatura).

4. Consolidación posterior

Nas décadas seguintes, o ensaio enriqueceuse coa achega de novos intelectuais como Xesús Alonso Montero, Benito Losada, Xosé Manuel Beiras (economía), Andrés Torres Queiruga, Camilo Nogueira (política) e Xosé Chao Rego, entre outros.

Entradas relacionadas: