Historia e Arte de Exipto e a Grecia Antiga
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 7,86 KB
Arte e arquitectura na antiga Exipto
A arte exipcia e a súa arquitectura caracterizáronse polo uso da pedra e o colosalismo, é dicir, o gran tamaño das súas construcións. Os templos máis famosos son os de Karnak e Luxor.
Elementos principais dos templos
Podemos destacar os seguintes elementos nos templos:
- Unha avenida de esfinxes.
- A entrada formada por dous pilonos (enormes estruturas con paredes inclinadas).
- A cada lado situábanse obeliscos (monolitos verticais terminados nunha pequena pirámide).
- Estatuas colosais.
- Patios e salas con enormes columnas.
- No fondo do templo atopábase o santuario, no cal descansaba a estatua do deus.
Xeografía e unificación de Exipto
Había dous territorios destacados:
- O Baixo Exipto na desembocadura do Nilo.
- O Alto Exipto no curso medio (ao sur).
Cara ao 3.100 a.C., o rei do Alto Exipto, Narmer ou Menes, unificou todo o territorio.
Resumo de Exipto e Grecia
Exipto: Contexto físico
O caudal do río Nilo varía ao longo do ano. Cando o nivel das súas augas medra, anega as zonas próximas. Nesas zonas deposítanse os sedimentos orgánicos, o limo, que arrastra o río. Isto converte as terras próximas ao río en moi fértiles para a agricultura.
Había dous territorios destacados:
- O Baixo Exipto na desembocadura do Nilo.
- O Alto Exipto no curso medio (ao sur).
Cara ao 3.100 a.C., o rei do Alto Exipto, Narmer ou Menes, unificou todo o territorio.
Etapas da historia de Exipto
- Imperio Antigo: A capital estaba en Menfis. Ocupaba un territorio que abarcaba o delta do Nilo e parte do seu leito medio.
- Imperio Medio: A fronteira sur estendeuse ata a segunda catarata do Nilo.
- Imperio Novo: A capital estaba en Tebas. Acadouse a maior expansión territorial con monarcas como Ramsés II. A fronteira sur chegou ata a cuarta catarata do Nilo e polo leste controlouse a península do Sinaí.
- Baixa Época: Nesta última época, Exipto sufriu as ocupacións de diferentes imperios: asirios, persas e o macedonio de Alexandre Magno. Finalmente, no ano 31 a.C., Cleopatra, a última raíña, foi derrotada polo Imperio Romano.
A pirámide social exipcia
- No vértice superior da pirámide social estaba o faraón e a súa familia. O faraón tiña un poder ilimitado, tanto político como relixioso, xa que era considerado un deus.
- Na parte alta estaban os grupos privilexiados: sacerdotes, altos funcionarios (que dirixían o goberno e o exército), funcionarios medios (como os escribas) e comerciantes ricos.
- Na parte baixa estaban os non privilexiados: serventes, comerciantes, artesáns, obreiros e campesiños.
- Finalmente, os escravos.
Arquitectura funeraria e tipos de tumbas
A arquitectura exipcia caracterizouse polo uso da pedra e o colosalismo. Os templos máis famosos son os de Karnak e Luxor. Podemos destacar os seguintes elementos nos templos: 1. Unha avenida de esfinxes; 2. A entrada formada por dous pilonos; 3. Obeliscos; 4. Estatuas colosais; 5. Patios e salas con enormes columnas; 6. O santuario.
Os catro tipos de tumbas exipcias
- Mastabas: Ao principio, os faraóns enterrábanse en construcións dunha planta e paredes inclinadas.
- Pirámides escalonadas: Posteriormente construíron máis plantas.
- Pirámides clásicas: De caras lisas, como a de Keops.
- Hipoxeos: Como moitas tumbas eran vítimas dos saqueadores, comezaron a utilizar covas subterráneas escavadas na rocha e coa entrada tapada.
Evolución das sepulturas
Tipos de tumbas exipcias (había 4 tipos): 1ª Ao principio os faraóns enterrábanse en construcións dunha planta e paredes inclinadas chamadas mastabas. 2º Posteriormente construíron máis plantas e levantaron pirámides escalonadas e despois, 3º pirámides clásicas de caras lisas (como a de Keops). 4º Como moitas tumbas eran vítimas dos saqueadores, comezaron a utilizar os hipoxeos, covas subterráneas escavadas na rocha e coa entrada tapada.
Xeografía da Grecia Antiga
Os gregos vivían en illas ou en pequenos vales rodeados de montañas. Este contexto xeográfico favoreceu que xurdiran as polis: cidades-estado independentes onde cada unha tiña as súas propias leis. Porén, todas tiñan unha mesma lingua e unha mesma cultura. A economía baseábase nunha agricultura pouco produtiva e destacaba o comercio marítimo.
As colonizacións gregas
Houbo varias crises de subsistencia debido a que os cultivos non daban a suficiente produción. Ademais, o repartimento das terras e as riquezas era moi desigual, polo que a aristocracia acumulaba a maioría das terras. Debido á falta de recursos, grupos de cidadáns tiveron que emigrar e fundar colonias polas costas do Mediterráneo. Estas eran independentes pero mantiñan contacto coa súa metrópole.
Sistemas de goberno en Grecia
Había dúas polis principais con sistemas políticos diferentes:
Esparta
Tivo un sistema oligárquico (goberno duns poucos: as familias aristocráticas). Había dous reis: Diarquía.
Atenas
Destaca pola Democracia, onde os homes libres participaban no poder político. Na Asemblea, os cidadáns votaban directamente as leis. (Non votaban mulleres, estranxeiros nin escravos).
A sociedade grega
Existían varios grupos sociais:
- Os cidadáns: O grupo máis importante era a aristocracia (propietarios de terras). O resto eran homes libres (campesiños, artesáns e comerciantes).
- Os non cidadáns: Mulleres, estranxeiros e escravos.
Etapas históricas de Grecia
- Civilización Minoica: Na illa de Creta, destacan os seus palacios.
- Civilización Micénica: Tivo lugar a Guerra de Troia.
- Invasión dos Dorios: Época Escura.
- Etapa Arcaica: Destacan as colonizacións polo Mediterráneo.
- Época Clásica: Comeza a principios do século V a.C.
Conflitos militares: Guerras Médicas e do Peloponeso
Cando o Imperio Persa lanzouse á conquista das polis, atenienses e espartanos aliáronse nas Guerras Médicas, derrotando os persas. A mediados do século V, formouse a Liga de Delos para a defensa común. Atenas dirixiu a liga e usou as riquezas para crear unha frota e embelecer a cidade baixo o goberno de Pericles.
Porén, as rivalidades provocaron as Guerras do Peloponeso entre Atenas e Esparta. Saíu vencedora Esparta, pero o desgaste provocou a decadencia das polis.
Época Helenística e Alexandre Magno
A mediados do século IV a.C., o rei Filipo II de Macedonia conquistou as polis. O seu fillo, Alexandre Magno, conquistou o Imperio Persa, dende Exipto ata o río Indo. Á súa morte, os seus xenerais dividiron o territorio en Reinos Helenísticos. Nestes lugares produciuse a mestura de culturas coñecida como Helenismo. Finalmente, no 146 a.C., o Imperio Romano conquistou Grecia.