Guía de parónimos e elementos compositivos en galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Física
Escrito el en
con un tamaño de 5,82 KB
Definición de parónimo
Palabra que se asemella a outra na súa etimoloxía, forma ou son. Son palabras que, sendo semellantes na escrita e na pronuncia, teñen significados diferentes.
Pares de parónimos
- Actitude: modo de actuar ou proceder (sentido figurado).
- Aptitude: calidade de quen demostra ter capacidade ou disposición para algo (sinónimo: dote).
- Abella: insecto que vive organizado socialmente en colmeas.
- Ovella: mamífero ruminante, femia do carneiro, que ten o corpo cuberto de la.
- Absorber: facer un corpo que un fluído entre e quede retido.
- Absolver: considerar e declarar a alguén libre dunha culpa.
- Billa: cano con chave para abrir ou pechar a saída dun líquido.
- Vila: entidade de poboación máis pequena cá cidade e máis grande cá aldea.
- Ben: (subst.) o que supón proveito, utilidade ou satisfacción; (adv.) que responde ao que convén ou desexa; (conx.) indica alternativa entre dúas cousas.
- Ven: (verbo) 2ª persoa do singular do imperativo de vir; 3ª persoa do plural do presente de indicativo de ver.
- Botar: (o pechado) facer chegar unha cousa a un sitio mediante un impulso (sinónimo: expeler, expulsar).
- Votar: (o aberto) emitir o voto.
- Prebe: adobo líquido ou cremoso feito de substancias tales como aceite, manteiga, sal, especias, etc.
- Prevé: 3ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo prever; 2ª persoa do singular do imperativo do verbo prever.
- Convivencia: acción de convivir e relación entre os que conviven.
- Conivencia: disimulo ou tolerancia dun superior acerca das transgresións dun subordinado.
- Feble: falto de vigor, forza ou resistencia.
- Febre: elevación da temperatura do organismo.
- Hibernar: vivir en estado de sono profundo, con descenso das funcións vitais e suspensión das actividades.
- Invernar: pasar o inverno nun lugar.
- Veto: acción de exercer o dereito a impedir unha lei, decreto...; 1ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo vetar.
- Voto: acción pola que unha persoa exerce o dereito de expresión da súa vontade (sinónimo: sufraxio); 1ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo votar.
- Devastar: destruír completamente causando grandes estragos.
- Desbastar: quitar ou rebaixar as partes ásperas ou irregulares.
- Óvalo: curva pechada de forma ovoide e, por tanto, convexa.
- Óbolo: moeda dos antigos gregos, que era a sexta parte da dracma.
- Aprehender: apresar ou capturar.
- Aprender: adquirir ou transmitir coñecementos.
- Aprehensión: captura.
- Aprensión: temor infundado.
- Hasta: pau ou ferro recto e forte en que se pon a bandeira.
- Ata: preposición.
- Eh: interxección que expresa apelación á atención dos oíntes.
- É: 3ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo ser.
- Hai: 3ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo haber.
- Ai: partícula exclamativa.
- Aí: adverbio de lugar.
Elementos compositivos
| Elemento | Significado | Exemplo |
|---|---|---|
| halo- | sal | halófito |
| hial- | cristal | hialografía |
| haplo- | simple | haploloxía |
| hidr- | auga | hidráulico |
| haxio- | santo | haxiografía |
| hier- | sagrado | hierático |
| hebdom- | semana | hebdómada |
| higro- | humidade | higrometría |
| hect- | cen | hectárea |
| hilo- | materia | hiloxenia |
| helio- | sol | helioterapia |
| himno- | canto | himnoloxía |
| hendeca- | once | hendecasílabo |
| hip- | cabalo | hipódromo |
| hema- | sangue | hematoloxía |
| hip- | debaixo | hipotensión |
| hemo- | sangue | hemofilia |
| hiper- | exceso | hipérbole |
| hemato- | sangue | hematólogo |
| hipn- | sono | hipnotizar |
| hemero- | día | hemeroteca |
| hipso- | altura | hipsometría |
| hemi- | medio | hemiciclo |
| histero- | útero | histerografía |
| hepat- | fígado | hepatite |
| histo- | tecido | histoloxía |
| hept- | sete | heptasílabo |
| holo- | enteiro | holografía |
| heter- | outro | heterodoxia |
| homeo- | similar | homeopatía |
| hex- | seis | hexágono |
| homo- | igual | homonimia |
Instancia
Escrito que se dirixe a unha autoridade para solicitar oficialmente algo e que se redacta seguindo fórmulas específicas.