Guía de gramática galega: artigos, pronomes e adxectivos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Matemáticas
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,77 KB
O artigo
A segunda forma do artigo (lo, la, los, las) ten os seguintes usos:
- Obrigatoria: na expresión oral e na escrita tras a preposición por e o adverbio interrogativo u.
- Opcional con -l: verbos rematados en -r, pronomes átonos (nos, vos, lles) e pronomes tónicos (nós, vós).
- Sen -l: con todos/as (indefinido), (e)mais (conxunción copulativa), tras preposicións, ambos/as (indefinido) e entrambos/as (indefinido).
Usos especiais
Pode ir con nomes de persoas e apelidos para expresar familiaridade, coa palabra casa, para substantivar ou diante do pronome interrogativo que.
Demostrativos e posesivos
- Aquel: valor comodín.
- Daquela: conxunción (polo tanto) ou valor adverbial (temporal).
- Artigo diante do posesivo: nunca se usa co vocativo-optativo (parentesco, apelativo), con outro determinante ou cando xa hai un distributivo.
Graos do adxectivo
- Positivo: expresa simplemente a calidade.
- Comparativo analítico: superioridade, inferioridade e igualdade (ca/coma + pronome persoal; do que/como + verbo; ca/que e como/coma noutros casos).
- Superlativo analítico:
- Relativo: inferioridade (o menos de) e superioridade.
- Absoluto: sufixos (-ísimo, -érrimo), adverbios (-mente, moi, ben, bastante), repetindo o adxectivo ou prefixos (-extra, -ultra, -hiper, -multi).
O substantivo
Castelán femininas / Galego masculinas: batedor, cuspe, xiz, berce, ubre, lume, couce, esquío, letras, fel, nariz, sal, cal, dote, diadema, leite, cume, mel, costume, legumes, sangue, cárcere, sinal, sorriso, labor, til.
Formación de plurais en -l
- Monosílabos: -es.
- Polisílabos non agudos: -es.
- Polisílabos agudos: -il (cambian por -is), -al, -el, -ol, -ul (cambian -l por -is).
Pronomes persoais
Tónicos
| Suxeito | Tras prep./conx. | Con de/en |
|---|---|---|
| Eu | Min | Comigo |
| Ti | - | Contigo |
| El/Ela | - | Del/dela, nel/nela |
| Nós/Nosoutros | - | Connosco |
| Vós/Vosoutros | - | Convosco |
| Eles/Elas | - | Deles/delas, neles/nelas |
Átonos
- CD: me, te, o/lo/no, a/la/na, nos, vos, os/los/nos, as/las/nas.
- CI: me, che, lle, nos, vos, lles.