Guía de Comunicación: Entrevistas, Planos e Gramática

Enviado por Chuletator online y clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,63 KB

Pasos dunha entrevista

Preparación

Débese facer un traballo de documentación sobre a persoa que se vai entrevistar: datos biográficos e profesionais, opinións...

Realización

Débese manter en todo momento unha actitude que propicie as respostas da persoa.

Redacción

Debemos ter en conta que un texto escrito non é o mesmo que un texto oral.

Conectores e a súa función

Os conectores establecen relacións de significado entre outros enunciados.

  • Aditivos: serven para engadir información (ademais, tamén, así mesmo...).
  • Opositivos: empréganse para expresar que o que segue se opón ao dito anteriormente (non obstante, porén, pero, mais, pola contra...).
  • Causais ou consecutivos: úsanse para expresar relacións de causa (así que, así pois, xa que logo).

Tipos de planos na linguaxe visual

  • Xeral: aparecen os personaxes ao tempo que se mostra o espazo físico que os rodea; utilízase para mostrar o espazo no que ocorren os feitos.
  • Enteiro: os personaxes están representados de corpo enteiro; utilízase cando, sen perder de vista o espazo en que están, queremos que o lector se fixe máis neles.
  • Americano: os personaxes aparecen cortados á altura dos xeonllos; utilízase cando se quere representar unha conversa ou acción na que interveñen os personaxes.
  • Medio: os corpos están cortados á altura do van; preténdese así que o lector se fixe máis no que din ou na súa expresión.
  • Primeiro plano: na viñeta só aparece o rostro dun personaxe; conséguese así que lle prestemos toda a nosa atención.
  • Plano de detalle: só se representa un anaco dun corpo ou dunha cousa; a súa función é que reparemos nese pequeno detalle, importante para a narración.

As onomatopeas

Son palabras que se utilizan para representar os ruídos que se producen na acción representada na viñeta.

Conectores de discurso

  • Introducir un tema: en primeiro lugar.
  • Para continuar: deseguido, despois.
  • Iniciar: en relación con, canto a.
  • Distinguir: por un lado, polo outro.
  • Explicar: en resumo, en conxunto.
  • Concluír: en conclusión, para finalizar.

Marcadores textuais de espazo e tempo

Espazo

Enfronte, diante.

Tempo

  • Relacións de anterioridade: antes, pouco antes.
  • Simultaneidade: agora, actualmente.
  • Posterioridade: despois, enseguida.
  • Reiteración: sempre, cada vez que.
  • Outros: ás veces, á mañá.

Uso da diérese en galego

A diérese emprégase nos seguintes casos:

  • Nos verbos rematados en -aer e -oer.
  • Nos rematados en -uír.
  • Nos verbos saír e oír.

Uso do apóstrofo en galego

O apóstrofo utilízase:

  • Cando se quere reproducir fielmente o galego oral ou dialectal.
  • Despois das preposicións de ou en cando se citan títulos de obras ou cabeceiras de publicacións que comezan por artigo.

Entradas relacionadas: