Guía completa sobre a relaxación: definición e beneficios

Enviado por Chuletator online y clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,36 KB

1. Definición

Relaxarse é algo máis que un abandono momentáneo da actividade ou das nosas ocupacións. Tampouco é sinónimo de distracción ou diversión, nin significa «facer o vago» botado no sofá ou tombado na cama.

A relaxación asociouse, xeralmente, a un estado de consciencia caracterizado pola serenidade, a calma e a paz interior. Por iso, as prácticas de relaxación aparecen na maior parte das culturas que realizan prácticas de meditación, como as orientais.

2. Historia

Estas actividades parecen ter as súas orixes nas primeiras civilizacións orientais, integrándose como parte da filosofía de vida dos seus habitantes. Moitas desas prácticas coñecéronse no noso país co paso do tempo, como o ioga ou o tai-chi.

En Europa, durante a Idade Media, os monxes e sacerdotes realizaban exercicios de relaxación xunto cos exercicios espirituais diarios, coa intención de estar en harmonía e buscar a «paz interior».

A comezos do século XX, algúns científicos utilizaron técnicas de relaxación para tratar medicamente problemas emocionais, como a tensión ou a ansiedade.

Hoxe en día, a saúde inclúe a relaxación como un medio imprescindible para o seu coidado. Mesmo hai quen pensa que existe a «relaxación ibérica» (ou sexa, a sesta).

3. Características e tipos de relaxación

O estado de relaxación maniféstase en varios sinais:

Sinais corporais

  • Benestar corporal e estado normal de descanso.
  • Distensión dos músculos: ausencia de dores e contraccións musculares.
  • Ritmo cardíaco e respiratorio sereno.

Sinais psicolóxicos

  • Bo estado de ánimo.
  • Reacción emotiva equilibrada e autocontrolada.
  • Boa concentración mental e rendemento no estudo e no traballo.
  • Relacións persoais harmoniosas e fluídas.

Tendo en conta as manifestacións da relaxación, é conveniente coñecer as súas diferentes aplicacións:

  • Relaxación en xeral para a vida cotiá: busca lograr o equilibrio físico e emocional.
  • Relaxación no instituto: axuda a concentrarse e render máis nos exames.
  • No deporte: para obter mellores resultados nas competicións ou utilizar mellor a enerxía durante os adestramentos.

Entradas relacionadas: