Grandes Autores da Literatura Galega e Evolución da Lingua no Século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,42 KB

Obras de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Castelao foi un artista polifacético, xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, literato, ensaísta e orador.

Principais obras:

  • Un ollo de vidro (1922): ambientada no mundo da ultratumba, é unha novela curta na que predomina o humor negro e a crítica social.
  • Cousas (1926-1929): conxunto de prosas moi breves.
  • Retrincos (1934): son cinco relatos con detalles biográficos de diferentes épocas.
  • Os dous de sempre (1934): a súa única novela longa.
  • Os vellos non deben namorarse (1941): a súa única peza teatral.
  • Sempre en Galiza (1944): obra fundamental do pensamento político galeguista.

Vicente Risco: Vida e Obra

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) estudou Dereito e licenciouse en 1906. En 1917 funda a revista La Centuria, onde colaboran os membros do que logo sería o Grupo Nós. Publica a súa teoría do nacionalismo galego, coa que adquire un enorme prestixio como teórico do galeguismo.

É un autor de certa produción teatral e mesmo poética, dunha ampla produción como narrador e ensaísta, etnográfico, político, literario, histórico e filósofo. Entende a arte como algo propio dunha elite e a ideoloxía.

A narrativa de Risco

A produción narrativa de Risco supón unha novidade no seu tempo, pois abandona o ruralismo e ofrece acubillo ao intelectualismo e aos motivos exotéricos, caracterizándose pola intencionalidade didáctica e por exhibir un peculiar humor crítico.

A súa obra máis salientable é O porco de pé, na que a través da caricatura realiza unha parodia humorística de personaxes do seu tempo, critica a burguesía e satiriza a sociedade consumista e materialista.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) críase no seo dunha familia de ideoloxía liberal, ligada á vella fidalguía. En 1919 gaña a cátedra de Xeografía de ensino medio. En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala.

Nos seguintes anos desenvolve un intenso traballo cultural ao que une máis tarde a actividade política, coa súa integración no Partido Galeguista, sendo deputado por Ourense en 1931. Coa Guerra Civil é destituído da súa cátedra e retírase ao seu pazo de Trasalba nos duros anos da primeira posguerra.

Despois exercerá a docencia na Universidade de Santiago e converterase, nos seus últimos anos, nun modelo ético e nun símbolo do galeguismo para as xeracións máis novas.

A obra de Otero Pedrayo

Otero é o autor que conta cunha obra máis ampla, nomeadamente nos xéneros narrativo e ensaítico.

Temática e claves ideolóxicas:

  • A realidade e a historia de Galicia.
  • A decadencia da fidalguía e a chegada da modernidade.
  • O cristianismo como esencia do ser galego, oposto ao materialismo dos novos tempos.
  • A necesidade de conservar a tradición, rexeitando calquera inxerencia que a altere, como pode ser o Estado.

Estilo literario:

  • Gusto polas descricións detalladas e moi adornadas, semellantes á arte barroca, especialmente as referidas á paisaxe e aos ambientes.
  • Abundancia de digresións que se desvían da historia principal.
  • Preferencia polas oracións longas e polo uso de abundante subordinación.
  • Presenza habitual da erudición do autor, con referencias á historia, á música, á literatura…

Denotación e Connotación

Un texto é denotativo cando as palabras se empregan en sentido literal, directo e propio, porque o emisor quere dar unha visión exacta da realidade que describe (os textos denotativos son obxectivos).

  • A función do texto denotativo é dar unha visión o máis precisa posible da realidade que se describe.

Un texto é connotativo cando as palabras poden ter significacións máis alá das propias, porque o emisor pretende suxerir algo ou transmitir unha impresión da realidade (os textos connotativos son subxectivos).

  • Nos textos connotativos, o emisor transmite a impresión que lle produce a realidade que describe.

Historia da Lingua Galega

Neste período, o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase profundamente e acada niveis preocupantes, non só dende un punto de vista cultural (marxinación dos ámbitos formais e consecuente desprestixio do galego), senón tamén, por primeira vez, cuantitativo (penetración do castelán en todas as capas sociais). Así coma en 1938 apenas o 10% da poboación galega falaba castelán, 50 anos despois case a metade dos galegos se instalaran parcial ou totalmente nesta lingua.

Os motivos da regresión lingüística:

  • Represión do franquismo contra todas as linguas distintas do castelán.
  • Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.
  • Cambio da estrutura socioeconómica tradicional: a industrialización chega a Galicia moi tardiamente, coa creación dos polos industriais de Vigo, A Coruña e Ferrol (na década dos 60).
  • Chegada dos novos medios de comunicación audiovisuais.

Produción en lingua galega

Os anos que durou a Guerra Civil española (1936-1939) e os primeiros anos da ditadura franquista foron totalmente estériles para a produción cultural da lingua propia. Calquera movemento de carácter galeguista, non só político senón tamén cultural, quedou interrompido. Todas as iniciativas que comezaran na etapa anterior (revistas, editoriais…) rematan o mesmo ano en que comeza a guerra.

En 1950, o cultivo do galego comeza a recuperarse, sobre todo grazas á fundación, ese mesmo ano, da Editorial Galaxia, que recuperou os autores exiliados ou silenciados a partir de 1936 e integrou as novas xeracións xurdidas nos anos 50 e 60.

A pesar desta tímida recuperación cultural, estaba prohibido publicar en galego calquera texto informativo nos xornais (só se permitían textos literarios e de carácter folclórico), así como empregalo en actos públicos, mesmo da RAG.

Movementos políticos e asociativos

A partir dos anos 60 comezan a xurdir agrupacións que reivindican o uso do galego e achégano á sociedade a través de actividades como cursos, conferencias e coloquios.

Fúndase o PSG e a UPG. Estes partidos recuperan para o pobo o idioma para os usos públicos orais e o seu emprego acaba estendéndose a todos os partidos contrarios á ditadura.

Entradas relacionadas: