Glosario de Termos de Arte e Arquitectura en Galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,96 KB

Glosario de Termos de Arte e Arquitectura

1. Altorrelevo: termo escultórico referido aos relevos que sobresaen máis da metade do vulto da escultura.

2. Arquitrabe: elemento horizontal na parte inferior do entaboamento dun edificio clásico que apoia directamente sobre o capitel, e no que se apoia o

3. Base: parte inferior dunha columna na que se apoia o fuste e que descansa sobre o piso (estilóbato).

4. Baixorrelevo: escultura na que as figuras representadas sobresaen do fondo menos da metade da súa profundidade.

5. Bóveda de canón: cuberta formada a partir da proxección dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal.

6. Canon: regras das proporcións segundo o tipo ideal. É o conxunto de características que en determinada sociedade ou momento se consideran fermosas ou atractivas, referidas a persoas ou obxectos.

7. Capitel composto: buscar no tema de Arte romana.

12. Clave: doela central dun arco; nas bóvedas tamén se lle chama clave.

Cor complementaria: páxina 33, tema 1.

13. Contraposto: en pintura e escultura, posición que adopta unha figura humana de xeito que as diferentes partes queden equilibradas: se a cabeza está virada nunha dirección, o corpo virase na oposta.

14. Cornixa: elemento arquitectónico do sistema arquitrabado. É a parte superior e máis saínte do entaboamento; pode compoñerse de varias molduras.

15. Cúpula: elemento arquitectónico que se utiliza para cubrir un espazo de planta circular, cadrada, poligonal ou elíptica. Obtense rotando 360° un arco (pode ser de medio punto, parabólico, oval...).

16. Curva praxiteliana: postura escollida polo escultor Praxíteles (s. IV a. C.) para dotar de vida as súas obras. O peso apóiase nunha perna, inclínase a cadeira dando lugar a desequilibrio, ondulación e ritmo flexible.

17. Doela: peza trapezoidal que forma a rosca dun arco.

18. Entaboamento: elemento de carga horizontal integrado polo arquitrabe, friso e cornixa.

19. Entase: termo grego que designa o lixeiro ensanchamento do fuste dunha columna, na busca da harmonía visual.

20. Escultura de vulto redondo: escultura exenta.

21. Escultura exenta: aquela que se pode contemplar dende calquera punto de vista; o espectador pode observala derredor porque non está apegada ao muro. Tamén se denomina escultura de vulto redondo.

22. Estatua ecuestre: a que representa unha figura humana dacabalo, como expresión de poder e dominio.

23. Friso: parte do entaboamento entre o arquitrabe e a cornixa (na orde dórica, consta de triglifos e métopas).

24. Iconografía: páxina 29 do tema 1.

25. Imposta: moldura dende a que arrinca un arco ou bóveda.

26. Métopa: elemento arquitectónico cadrado ou rectangular entre dous

27. Piar: soporte exento de sección poligonal ou cadrada.

28. Pilastra: piar embutido parcialmente nun muro.

29. Técnica dos panos mollados: técnica escultórica que consiste en 30. representar os volumes do corpo humano por medio das transparencias que xeran as roupas molladas apegadas á figura.

31. Tríglifo: decoración arquitectónica rectangular con tres bandas verticais separadas por dúas acanaladuras.

32. Ábsida: espazo xeralmente semicircular pero tamén poligonal ou rectangular que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e na que se sitúa o altar. Oriéntase ao leste.

33. Aparello almofadado: aquel muro de cantería no que os perpiaños* presentan as xunturas biseladas ou refundidas de xeito que a súa parte frontal sobresae. *pedra rectangular

34. Arco de medio punto: o de curvatura semicircular, de frecha igual á curvatura superior á

Arco de ferradura: que ten unha semicircunferencia. Pode ter maior ou menor frecha.

Arco peraltado: o de medio punto con prolongación rectilínea no seu arrinque, de modo que supera a media circunferencia e a frecha é maior que o radio ou semiluz.

Arco formeiro: o disposto paralelamente ao eixo lonxitudinal da nave e que a separa da outra nave.

Arco de faixa (ou perpiaño): o que cingue a bóveda para reforzala e se dispón transversalmente ao eixo lonxitudinal da nave, dividíndoa en

39. Arco rebaixado: o de curvatura inferior á media circunferencia, de xeito que a frecha é superior á semiluz.

40. Arquivolta: cada unha das molduras ou roscas concéntricas dun arco. O conxunto de arquivoltas crea unha portada abucinada. Son propias do románico e o gótico; abunda a decoración.

41. Bóveda: toda bóveda é unha cuberta arqueada que cobre un espazo entre muros ou entre soportes.

  • Bóveda de arestas: cuberta que se forma ao se cruzaren perpendicularmente dúas bóvedas de canón, resultando do cruce catro arestas angulares.

42. Ciborio: construción elevada sobre o cruceiro dunha igrexa, en forma de torre de planta cadrada ou octogonal, que encerra no seu interior unha cúpula e que pode ir rematado por un chapitel (bulboso, cónico, piramidal).

43. Contraforte: engadido exterior groso a modo de pilastra que serve para reforzar o muro e contrarrestar os empuxes das bóvedas.

44. Deambulatorio ou xirola: corredor que arrodea a traseira do altar maior. Adoita ser prolongación das naves laterais das igrexas de tres naves.

Entradas relacionadas: