Glosario de termes geográficos, económicos i agrícoles en galego
Glosario de termes geográficos, económicos e agrícolas
Provincia: entidade territorial con personalidade xurídica, composta por unha agrupación de municipios dentro duns límites administrativos xurdidos da división provincial de Javier de Burgos en 1833.
Subcontratación: tipo de relación pola que o titular dun contrato principal cede a un terceiro (subcontratista) a prestación dunha actividade económica. Este tipo de contratación prolifera especialmente nas obras e construcións, de forma que existen pequenas e medianas empresas que son unicamente subcontratistas.
Taxas aeroportuarias
Prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos.
Turoperadores
Son axencias especializadas que organizan o turismo, sobre todo o de carácter internacional. Controlan grandes paquetes de prazas hoteleiras, estadías, visitas e viaxes e exercen unha gran influencia sobre os prezos hoteleiros nacionais. Estas empresas, que xeralmente revirten a ganancia aos seus países de orixe, captan aos turistas a través dunha ampla rede de axencias de viaxes.
Xeopolítica
É a ciencia que establece que as características e condicións xeográficas desempeñan un papel decisivo na vida dos Estados e que o individuo e a sociedade humana dependen do chan en que viven, estando o seu destino determinado polas leis da xeografía.
Acuicultura
Conxunto de actividades referidas á cría e coidado de animais e plantas acuáticas (peixes, moluscos, algas, crustáceos) cun fin produtivo e de recollida controlada.
Agricultura ecolóxica
A agricultura ecolóxica (tamén chamada orgánica ou biolóxica) é un sistema para cultivar unha explotación agrícola baseada na utilización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos ou organismos xeneticamente modificados, nin para abono nin para combater as pragas, logrando así obter alimentos orgánicos ao tempo que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.
Denominación de orixe
Certificado e garantía oficial da calidade e lugar de procedencia que acompaña a certos produtos.
Desagrarización
É o proceso que consiste na paulatina perda de importancia económica do sector primario no PIB e no emprego dun país. Tradicionalmente ocorre cando se producen a industrialización e a terciarización, xa que dito sectores teñen un maior valor engadido e xeran máis emprego. É un proceso asociado á economía postindustrial, ás denominadas sociedades do benestar.
Explotación intensiva
É o tipo de aproveitamento agropecuario caracterizado por obter altos rendementos da terra. Hai dúas modalidades: a explotación intensiva tradicional, que son as hortas familiares, e a explotación intensiva moderna, que busca altos rendementos con técnicas e sistemas de cultivo avanzados ou a estabulación e selección das razas gandeiras especializadas.
Política Pesqueira Comunitaria (PPC)
Política comunitaria da pesca e do mar. Obxectivos: aumentar a produtividade, estabilizar os mercados, garantir a seguridade das subministracións e asegurar prezos razoables ao consumidor.
Silvicultura
É o modo de aplicar o coñecemento da estrutura, crecemento, reprodución e formas de agrupación dos vexetais que poboan os montes, de forma que se obteña deles unha produción continua de bens e servizos necesarios para a sociedade.
Transxénicos
Produtos alterados xeneticamente.