Glosario de Música: Da Notación á Polifonía Medieval
Enviado por Chuletator online y clasificado en Música
Escrito el en
con un tamaño de 3,7 KB
Conceptos de Teoría e Historia da Música
Elementos da Notación e o Ritmo
As liñas adicionais
Son liñas pequenas que se lle engaden ao pentagrama para colocar os sons demasiado agudos ou graves que non caben nel.
Anacruse
É un compás incompleto, con menos pulsos dos que lle corresponden e sen o acento principal, que se completa ao final da frase musical.
Signos de repetición
É un termo italiano que indica volver empezar. Se se engade al Fine, a interpretación debe rematar onde aparece a palabra Fine.
Signos de prolongación
- Ligadura de unión: serve para unir dúas notas da mesma altura para obter un único son máis longo.
- O punto: cando colocamos este signo á dereita dunha figura ou silencio, prolóngase a metade da súa duración.
- O caldeirón: signo que prolonga a duración da figura ou silencio sobre o que se coloca, detendo o pulso. O tempo de prolongación é a gusto do intérprete.
Síncopas
Son combinacións rítmicas que producen un cambio na acentuación natural do compás.
A Música na Idade Media
A monodia
A música era vocal, pois a Igrexa non admitía o uso de instrumentos. Existían diferentes liturxias e cantos, destacando a galicana, a ambrosiana, a mozárabe e a bizantina.
Canto gregoriano
O papa Gregorio I decidiu unificar as diferentes escolas litúrxicas e os seus cantos co fin de evitar calquera tipo de herexía dentro da Igrexa. Para iso, recompilou e organizou as melodías que os cristiáns levaban cantando desde había séculos, que axiña pasaron a ser o canto oficial da Igrexa romana.
Características xerais:
- Música unida a un texto relixioso.
- Melodías con poucos sons.
- Canto a unha soa voz (monodia).
- Ritmo libre, supeditado ao texto en latín.
- Interpretada por voces masculinas.
A notación musical
Probablemente, ao principio estes cantos aprendíanse en pouco tempo, pero ao aumentar o seu número resultaba imposible memorizalos. Por iso, inventáronse os neumas, que se colocaban sobre o texto para indicar aos cantores a subida ou baixada da altura do son.
A polifonía
Aparece no século IX e consiste no canto a varias voces que soan simultaneamente.
- Organum: é a forma máis antiga da polifonía medieval. Consistía en opoñer á voz principal (procedente do canto gregoriano) unha segunda voz que cantaba paralela a unha distancia de cuarta ou quinta.
- O discantus: supón a independencia da segunda voz, que xa non ten que cantarse paralela á voz principal. Isto permite que as dúas voces cheguen a cruzarse.
A Ars Antiqua
Aumenta o número de voces que interveñen no canto, á vez que estas se fan máis independentes. Unha das formas máis destacadas foi o conductus. Tamén aparecen outras formas polifónicas máis desenvolvidas, como o motete.
Centros culturais máis importantes:
- Abadía de San Marcial (Limoges)
- Catedral de Notre Dame (París)
- Catedral de Santiago de Compostela
A Ars Nova
É o título dun soado tratado no que se propoñían novas técnicas de composición para a época. Xurdiu no século XIV e pretendía romper con toda a música anterior.
Características principais:
- O motete é a forma musical máis destacada.
- A música componse para ser gozada.
- Existe unha maior liberdade por parte do compositor, que deixa de ser anónimo.
- Aumentan as composicións de música profana.