Gallego tema3 (3 ultimos cuartos)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en español con un tamaño de 6,57 KB

RAMÓN OTERO PEDRAYO (Ourense 1888-Trasalba 1976): É unha figura clave nos diferentes fitos da nosa recuperación cultural e da articulación do nacionalismo no século XX: como membro do Grupo Nos, como político nacionalista, como presidente da Ed. Galaxia, e como o escritor máis prolífico e plural da nosa literatura. Obra narrativa 1-Narracións histórico-realistas: Forman un núcleo homoxéneo: teñen como marco a Galicia rural da 2a metade do s. XIX e interpretan o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que se están a producir nas estructuras da sociedade tradicional galega. Nesta liña están Pantelas, home libre (1925), Os caminos da vida (1926), que é o cume da súa narrativa, Contos do camino e da rúa(1332) e O señorito da Reboraina (1960)2-Narracións histórico-culturalistas.0 historicismo e a evocación cultural importan máis que a acción novelesca: A romaría de Xelmírez (1934) e Fra Vernero (1934). 3-Narrativa psicolóxica, introspectiva: A trama xira arredor do confuto interior dos protagonistas. Son moi frecuentes as referencias culturáis: Escrito na néboa(1927) Arredor de si (1930), a outra novela clave de Otero, e Devalar (1935). Temas recorrentes da súa narrativa: --A tradición, vista como conformación da cultura espiritual do pobo --A fidalguía, que simboliza a vida tradicional e sosegada da aldea, é atacada pola súa deserción e o éxodo cara á cidade. --A paisaxe: motivo fundamental na súa narrativa, aparece dotada de vida, como un personaxe máis.O ensaio: O ensaio máis importante é Ensaio histórico sobre a cultura galega (1933), que é unha síntese do desenvolvemento cultural e histórico de Galicia, desde a prehistoria ata comezos do século XX. Ten tamén ensaios de xeografía, de viaxes (Pelerinaxes; Polos vieiros da saudade) e semblanzas biográficas.RAFAEL DIESTE ( Rianxo 1899-1981): Destacado xornalista, na súa obra narrativa en galego destaca Dos arquivos do trasno (1926), conxunto de 20 relatos que xiran arredor de dous eixos temáticos: a)A psicoloxía: Dieste retrata en historias diferentes a psicoloxía do galego, por medio dos seus comportamentos e reaccións: o carácter inxel, o espirito emprendedor e nostálxico, o orgullo e o amor propio...0 ambiente mariñeiro e a rexa dignidade dos personaxes, xunto co ritmo (obsesión-suspense-remate sintético) conforman a unidade estética destes contos. b)As experiencias extraordinarias:Noutros contos aparece un verniz máxico e misterioso, pero manténdose dentro da percepción racionalista do mundo. Estes relatos teñen un final aberto e sorprendente.ALFONSO RODRÍGUEZ CASTELAO ( Rianxo 1886- Buenos Aires 1950)Castelao acadou unha consideración case mítica na historia da cultura galega. Dotado dunha sensibilidade singular, extraordinario debuxante e literato orixinal, foi un profundo coñecedor da psicoloxía do pobo galego, feito reflectido na súa obra enchida de comprensión e humanidade.----->>




<<<------Nacido nunha familia mariñeira e coñecedor da vivencia da emigración, participou nas Irmandades da Fala, colaborou activamente co Grupo Nos e tivo un destacadísimo papel na vida política galega, mesmo nos anos do exilio. Obra:Aínda que coetáneo do Grupo Nos e estreitamente vencellado a eles, Castelao presenta características singulares que o afastan do grupo: procedencia social máis popular, literatura máis próxima ao pobo galego (lonxe do culturalismo) e actividade política fiel ao compromiso co pobo.Ademáis da obra propiamente literaria, Castelao destaca pola súa obra pictórica (Cousas da vida; Cincuenta homes por dez reás, Debuxos de negros...) e polos numerosos artigos escritos e conferencias dictadas. Narrativa:Un olio de vidro (1922). Subtitulada "Memorias dun esquelete", son secuencias narrativas cun narrador común, un esqueleto que refire sucesos da súa vida e da vida no cemiterio. A temática de ultratumba, o humor negro e a crítica ao caciquismo son fundamentáis nesta obra. --Cousas(1926). Conxunto de prosas con ilustracións que constitúen a fórmula literaria máis orixinal e característica de Castelao. Cada cousa desenvoive asuntos de temática variada, de ambiente mariñeiro e labrego ás veces, de personaxes populares case sempre. Moitas teñen un carácter máis lírico que narrativo. Destaca normalmente o final moi traballado. --Retrincos (1934) Son 5 coníos de carácter autobigráfico. "0 segredo" e "0 ingiés" están ambientados na Pampa arxentina; "Peito de lobo" relata unha anécdota da súa época de estudante; "0 retrato" trata un caso de cando deixara de exercer a Medicina; "Sábela é da súa época de deputado. --Os dous de sempre (1934). É a súa única novela. Consiste na sucesión de relatos que gardan unidade entre si pola referencia a dous protagonistas: Pedriño e Rañolas. Ten a estructura dunha novela picaresca, cun narrador omnisciente que nos conta en 44 capítulos ilustrados a biografía paralela dos personaxes, amigos desde a infancia, que seguen caminos diverxentes.Características da súa prosa: a)Temática: -- soe reflectir a vida do pobo: pesares, ledicias e actitudes dos labregos emariñeiros. --nova visión do paisano galego, que aparece dignificado. --temas recorrentes, como a morte, a emigración e a cultura popular. b)Técnicas: - usa rasgos esenciais que denotan o fundamental da historia e o resto queda suxerido ( como nos debuxos).utiliza recursos realistas (papéis atopados, relato autobiográfico...) o desenlace remata a miúdo cun epifonema (exclamación ou meditación profundas). --Outras características da súa obra son a riqueza léxica, o humorismo e o lirismo.O ensaio: Sempre en Galiza (1944), que consta dun prólogo, titulado Adro ( onde Castelao compara a realidade cotia extremeña coa realidade galega) e 4 libros que tratan sobre a causa galeguista e a defensa de Galicia contra o modelo centralista de Estado que a República herdara da Monarquía.

Entradas relacionadas: