Gallego literatura tema1 y mitad del2 (200x202)

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en español con un tamaño de 5,45 KB

POESÍA NOS INICIOS DO SECULO XX: A entrada do s. XX non supuxo un cambio no panorama literario galego. Nos primeiros anos do novo século continuaron as liñas que se iniciaran no Rexurdimento, con autores como Leiras Pulpeiro ou Lugrís Freire. Os primeiros sinais de cambio danse con dous autores que supoñen unha ponte entre a estética decimonónica e a estética das vangardas e que adoptan actitudes poéticas diferentes: 1.1. Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869- Viveiro, 1947)Autor dunha única obra (Montañesas, 1904; posteriormente titulada Do ermo, 1920), segue unha liña poética máis tradicional. Entre os poemas do seu libro podemos distinguir dous tipos: A)Poesía costumista, que segue a liña da poesía realista do século XIX, con poemas centrados na vida campesiña. B)Lirismo da natureza, con poemas nos que aparecen sos o poeta e a natureza. Nesta liña aparece a influencia dos poetas saudosistas portugueses e hai unha maior preocupación formal. 1.2 Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959)Voz lírica do movemento agrario e intenso colaborador coas Irmandades da Faia e co galeguismo, representa unha actitude máis renovadora: partindo da poesía galega do s. XIX, asimila rasgos da poesía mundial de inicios do XX, sen esquecer os temas relacionados coa realidade social do seu tempo. A)Poesía lírica:Nas tres primeiras obras de Cabanillas (No desterro, 1913; Vento mareiro,1915; Da terra asoballada,1917), aprécianse as distintas direccións da súa poesía lírica: - Social ou combativa[De carácter agrarista e anticaciquil, destaca a hostilidade contra os fidalgos e caciques e a exaltación da aldea e dos labregos.] -Intimista: [Salientamos a saudade de influencia rosaliana e os poemas amorosos.] -Costumista: [Poemas nos que se describen paisaxes e escenas típicas rurais e mariñeiras. Aparece a influencia Modernista A rosa de cen follas (1927) é un libro exclusivamente intimista, de temática amorosa.] B)Poesía narrativa:A súa obra fundamental Na noite estrelecida(1926) está dividida en 3 partes (A espada Escalibur, 0 cabaleiro do Santo Grial e O soño do rei Artur) e recolle temas da Materia de Bretaña (as lendas do rei Artur e a procura do Santo Grial) mesturando mitos célticos, ideais cabaleirescos e tradición cristiá. Cabanillas aporta novos valores que galeguizan o poema, dándolle unha proxección ideolóxica: a conquista do ideal nacionalista, a saudade e a presencia constante de Galicia (Illa de Sálvora, O Cebreiro, o Miño...) É unha obra épica máis descritiva que narrativa, na que o lirismo e a estética modernista tamén teñen cabida. Outra obra é Samos(1958), historia descritiva do mosteiro dése nome.


 A POESÍA GALEGA DE VAN GARDA: As vangardas artísticas europeas. Nas primeiras décadas do s. XX, un movemento de renovación estética revoiucionou todos os aspectos da arte; é o que se denominou xenericamente vangardas. ++As diferentes solucións das vangardas reciben o nome de ismos e teñen en común: --a reivindicación da materia artística como algo autónomo.--0 espirito rebelde e provocador fronte á tradición estética e ás normas. ---A defensa da liberdade creadora e da orixinalidade.Os principáis movementos vangardistas foron o Futurismo (Marinetti,1909), o Cubismo (Apollinaire, 1913),o Dadaísmo (Tzara,1916), o Surrealismo (Breton, 1924), o Creacionismo (V. Huidobro), o Expresionismo (Alemania,1911)... AS VANGARDAS NA POESÍA GALEGA En Galicia temos unha nova xeración de poetas, nados arredor de 1900, coñecidos como Xeración do 25, que se van aproximar ás vangardas europeas, pero gardando certas peculiaridades: a busca da arte pura non supon unha evasión da realidade galega nin unha renuncia ao sentimentalismo.DIRECCIÓNS DA POESÍA Neotrobadorismo-Xorde polo descubrimento da poesía medieval galego-portuguesa, máis en concreto pola súa difusión a partir de 1928. É un movemento mimético (imita a cantiga de amigo e de amor).Caracterízase pola perfección formal, polo uso de procedementos estilísticos dos Cancioneiros (paralelismo, refrán, ás veces leixaprén), pero cunha linguaxe poética e unhas imaxes propias do século XX.Destacan Fermín Bouza Brey (Nao senlleira,1933) e Alvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama ribeira, 1933). Hilozoismo: Tamén chamado Imaxinismo, xorde da tradición paisaxística do século XIX, combinada con recursos vangardistas.Caracterízase pola personificación da natureza, a sucesión de imaxes plásticas, os elementos visuais e auditivos, o predominio da cor viva e rechamante e a métrica sinxela.O principal representante é Luís Amado Carballo (Proel, 1927).CreacionismoXorde do Creacionismo de Vicente Huidobro, poeta chileno.Supon un fito ¡liado na nosa literatura, ademáis de ser o único movemento plenamente vangardista, orixinal e universalista.0 Creacionismo prescinde da imitación realista, pois o poeta pretende crear unha realidade autónoma.Caracterízase pola superposición de imaxes e a exclusión da musicalidade e rima. Este movemento en Galicia foi exclusivo de Manuel Antonio, do que destaca unha obra cume da poesía galega: De carro a cairo (1928)

Entradas relacionadas: