Galicia a comezos do século XX: sociedade, economía, política, agrarismo e Irmandades da Fala

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,91 KB

Sociedade, economía e política

Sociedade, economía e política: desde o punto de vista social, a Galicia de comezos do século XX segue marcada por un forte atraso económico: continúa a ter un asentamento maioritariamente rural; un importante fluxo migratorio cara a América; unha industrialización escasa e vinculada a capital foráneo, e unhas deficientes vías de comunicación, tanto por estrada como por camiños de ferro.

Desde o punto de vista político, este é o período con máis cambios de todo o século XX, xa que houbo tres formas de goberno diferentes: monarquía (1900) → ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) → II República Española (1931-1936).

O agrarismo

O agrarismo foi un movemento reivindicativo do campesiñado galego que xurdiu na primeira década do século XX. As súas demandas eran:

  • mellorar as condicións de vida dos labregos;
  • denunciar o caciquismo;
  • solicitar a propiedade da terra para quen a traballaba, superando o sistema foral que se arrastraba desde a Idade Media.

Despois de anos de moita loita, en 1926 conseguiuse a redención dos foros. Destacaron dúas figuras, Lugrís Freire e Vasilio Álvarez, e organizacións como Solidariedade Galega e Acción Galega.

As Irmandades da Fala

En 1916, Antón Villar Ponte promoveu a Irmandade da Fala da Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. A partir desta data estendéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións, formadas por diferentes clases sociais e profesións variadas.

Os obxectivos eran:

  • cooficialidade entre o galego e o castelán;
  • autonomía integral para Galicia;
  • ingreso na Liga das Nacións e estudar unha relación federal con Portugal;
  • igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

O traballo das Irmandades plasmouse na creación de editoriais como Celtiga, Lar ou Nós.

O Partido Galeguista

Foi o primeiro partido político nacionalista xurdido en Galicia. Naceu en 1931 e acollía no seu seo persoas de moi diferentes ideoloxías, pero cun obxectivo común: a consecución dunha maior autonomía para Galicia, así como o seu recoñecemento como nación. Para iso era necesario un estatuto de autonomía.

As relacións

Subordinación

Ten que existir a unidade principal para que exista a subordinada. (Eu falarei cando chegue a xente.)

Coordinación

As unidades son independentes entre si. (Comeron todo o día e falaron toda a noite.)

Interdependencia

Precísanse as dúas unidades entre si. (Falaron con Carlos.) — frase preposicional

Entradas relacionadas: