Galicia baixo o franquismo: 1936-1975
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,79 KB
Acontecementos históricos, sociais e culturais entre 1936 e 1975
De 1939 a 1960
- 1936-1939: Guerra civil española, enfrontamento entre republicanos e fascistas, gañan estes últimos.
- 1939: Comezo da ditadura franquista.
Consecuencias en Galicia
- Consecuencias políticas: Iníciase unha política conservadora que tenta uniformizar ideolóxica e lingüisticamente España, considerando as culturas galega, catalá e éuscara inferiores.
- Consecuencias económico-sociais: De 1939 a 1960 a economía estancase debido á escasa industrialización. A pesca e o sector pesqueiro xa non exportan ao estranxeiro, e Fenosa non abarata as tarifas. O racionamento dos alimentos e a autarquía económica motivan duras épocas de fame. Ante esta mísera situación aumenta a emigración, que se dirixe a América Latina, con consecuencias nefastas: expórtase man de obra barata, os mozos marchan e a poboación galega envellece.
-
Consecuencias culturais:
- Iníciase un período de represión, torturas e asasinatos contra os galeguistas e contra a xente do común que fose contraria á ideoloxía franquista. Por exemplo: Alexandre Bóveda, Camilo Díaz, Víctor Casas, Anxel Casal, Ricardo Carballo Calero (que sufriu cadea) ou Ramón Piñeiro (que tamén sufriu cadea). A solución para moitos foi o exilio, que durou ata 1975, rumbo a América Latina: Castelao, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo, Manuel Varela Buxán... Para outros a solución foi a loita armada contra o franquismo a través da guerrilla, polo menos ata 1965; e uns poucos preferiron aliarse aos fascistas (Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro).
- Imposibilidade de continuar a labor cultural, literaria e galeguista anterior: Desaparece o Seminario de Estudos Galegos, o Partido Galeguista, a revista *A Nosa Terra*, a revista *Nós*, e non sae adiante o Estatuto de Autonomía, aprobado por plebiscito en 1936.
-
Consecuencias literarias:
- Censura literaria por parte do Ministerio de Información e Turismo. Obras prohibidas en España que saíron á luz con mutilacións de censura: *A esmorga*, *Xente ao lonxe*, algunha obra de Celso Emilio Ferreiro, *Sempre en Galiza*. En 1959 non se autoriza o volume coas obras completas de Cabanillas, e a revista *Grial* foi prohibida durante 11 anos. En moitos casos o autor publicou en América a versión orixinal.
- Escaseza da produción literaria, que foi case inexistente.
- A nosa literatura escíndese da que se facía en Europa. España está illada do exterior, e rompe a continuidade dos movementos literarios estéticos. Si inflúe a poesía que se estaba a facer en España.
-
Consecuencias lingüísticas: O desprezo polo galego trouxo forte represión lingüística oral e escrita, aínda que nunca existiu unha prohibición explícita do seu emprego. Así:
- Algúns escritores consagrados da literatura galega empregan o castelán nesta época: Vicente Risco ou Otero Pedrayo.
- O uso do galego en actos públicos desaparece por completo.
De 1960 a 1975: a recuperación cultural con Galaxia
De 1960 a 1975 mellora a economía: optimízase a produción agrícola grazas á introdución de novos cultivos e de maquinaria, industrialízanse estes produtos; mellora a pesca e créanse industrias, e crece a construción naval, co que se xera emprego asalariado.
Podemos salientar que a partir dos 60 suavízase a represión e comeza un leve aperturismo ideolóxico do réxime. Hai unha paulatina recuperación cultural grazas ao grupo de galeguistas organizados arredor da Editorial Galaxia. Esta editorial, creada en 1950, marcou un fito histórico ao intentar rexenerar a cultura galega e dignificar o idioma galego. Co seu galeguismo culturalista pretendía chegar á sociedade para crear nela a conciencia galeguista. Grazas a ela sae á luz *Antífona da cantiga*, de Ramón Cabanillas. Todo isto deulle un pulo á literatura e ao ensaio en lingua galega, promovendo nestes campos a tradución para o noso idioma. Os precedentes de Galaxia sitúanse no ano 1949, ano en que aparecía a editorial Bibliófilos Gallegos, en Santiago.
Nos anos 60 son varios os proxectos culturais que levaron a cabo os homes de Galaxia: os homes de *Grial*, a creación do Día das Letras Galegas, o suplemento literario galego no xornal *La Noche*, dirixido por Raimundo García. Son destacables as asociacións culturais; loitaron contra a opresión política e social, como O Galo en Santiago.
A aparición do grupo Brais Pinto en Madrid supón un paso adiante na defensa política en Galicia. Creado por un grupo de universitarios cunha ideoloxía nacionalista radical, de corte marxista, concibiron un plan político de ruptura co galeguismo cultural e de dereitas que representaban Ramón Piñeiro e Galaxia. Fundan a UPG.
A actuación deste nacionalismo de esquerdas oriéntase cara a problemas sociais, como a loita contra Fenosa, que a mediados dos 60 anegaba o val de Castrelo de Miño, ou as folgas estudantís. Outro feito importante desde finais dos 60 foi o regreso dos exiliados a Galicia: Rafael Dieste, Lorenzo Varela... Non foron valorados suficientemente na Galicia á que chegaron. Moitos morreran de pena e miseria. A década dos 70 é especialmente importante para o estudo da lingua galega grazas á creación do Instituto da Lingua Galega e da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas. A recuperación da lingua foi serodia e lenta. Coa morte de Franco, Galicia convértese en comunidade autónoma, cun parlamento e goberno propios.