O Galego Hoxe: Normalización, Ámbitos de Uso e Desafíos

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,78 KB

Desde 1975, o galego foi avanzando no seu proceso de normalización, coa adquisición de novos ámbitos de uso e o intento de erradicar vellos prexuízos. A aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), onde se recolle que a lingua propia de Galicia é o galego e que esta é cooficial, xunto co castelán, dota o idioma dun marco legal necesario, que se verá reforzado en 1983 coa Lei de Normalización Lingüística.

Mais nos últimos tempos, incrementouse notablemente o número de persoas que nunca usa o galego (vid. tema 3). Esta tendencia desgaleguizadora constata que o proceso substitutivo segue avanzando (mocidade e zonas urbanas). Estamos vivindo tamén unha desgaleguización das familias galegofalantes tradicionais. De feito, xa temos as primeiras xeracións de nenas/os de familias galegófonas e mesmo do rural que falan habitualmente en castelán. En xeral, os ámbitos que favorecen o uso habitual do galego seguen a ser os menos formais (familia, veciñanza, amizades...), mentres que un ámbito como o da escola contribúe escasamente á extensión do seu uso.

  1. GALEGO ESTÁNDAR. Variante lingüística que supera as diferenzas dialectais e serve de modelo para a aprendizaxe do idioma. Utilizada en ámbitos como os medios de comunicación, a literatura ou o sistema educativo.
  2. GALEGO ESPONTÁNEO. Modalidade empregada por galegofalantes que recibiron a lingua por transmisión xeracional e que non reciben influencias do galego estándar. Contacto nulo, ou escaso, co galego no ámbito educativo. Enxebreza fónica (sete vogais). Riqueza dialectal. Abundancia de vulgarismos. Castelanismos léxicos (noviembre, jueves...)
  3. NEOGALEGO. Empregado por neofalantes (non tiveron unha adquisición primaria da lingua). Rexeitamento de vulgarismos. Interferencias morfosintácticas do castelán (*a leite, *se pode...). Perda da enxebreza fónica (gheada, seseo, vogais abertas e pechadas...). Recuperación de formas (xoves, pobo, novembro...). Interferencias léxicas (habitación en lugar de cuarto). Hiperenxebrismos (semán, humán, urbán...)

Levamos case 30 anos coa LNL e constátase que as actuacións foron, polo menos, insuficientes, pois o uso da lingua retrocede. Fanse urxentes medidas para resolver a favor do galego este momento de inestabilidade e temos unha importante responsabilidade individual neste proceso, posto que a única maneira de garantir a pervivencia da lingua é o seu uso.

Ámbitos de Uso do Galego

A. Ámbito Laboral e Empresarial

  • Houbo axudas desde a Administración (rotulación en galego), campañas da MNL (Rebaixas), Fundación Galicia Empresa.
  • Empresas que etiquetan en galego, compañía de telecomunicacións (R). Existen estudos que mostran a maior receptividade dos consumidores á publicidade feita en lingua galega.

B. Ámbito Institucional

  • O Estatuto de Autonomía e a LNL favoreceron o uso do idioma no ámbito institucional, tanto no administrativo como por parte dos cargos públicos. O Parlamento desenvolve a súa actividade oral e escrita na nosa lingua. As delegacións do goberno fano en castelán, maiormente.
  • A Dirección de Política Lingüística (1980) é o organismo responsable da actuación do goberno galego na extensión social do idioma. O seu labor, fóra do ámbito educativo, foi e é moi limitada.
  • A Administración Local vai incorporando tamén o uso do idioma na documentación.
  • No ámbito xudicial, a presenza da lingua é testemuñal (8%). Irmandade Xurídica Galega. Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
  • RAG e Consello da Cultura Galega. Entre as súas funcións, están as de estudar e promocionar a lingua.

C. Ámbito Educativo

  • Instrumento imprescindible na recuperación lingüística.
  • 1995. Obxectivo: acadar a mesma competencia nas dúas linguas oficiais.
  • 2007. PXNLG. Introducir a lingua galega no proceso de lectoescritura desde a educación infantil. Secundaria (50% das materias en galego). Derrogado este decreto no 2009.
  • Ensino universitario. O galego é oficial, pero na docencia os índices de uso son baixos. Só 1 de cada 4 horas de docencia na USC é en galego (24%-71%). TFG (25%), TFM (28%).

D. Ámbito Comunicativo

  • Prensa dixital: Nós Diario (edición semanal en papel); Praza Pública; Precariedade do uso do galego na prensa escrita e, en xeral, nos medios de comunicación.
  • Revistas: Tempos Novos, Luzes, Grial, Revista Galega de Educación...
  • Audiovisuais: CRTVG, Desconexións TVE-1, TVE-2; emisoras privadas (castelán maioritariamente)
  • Galego na rede: maior visibilidade con múltiples páxinas (blogs como Bolboretas no bandullo, Disquecool, @digochoeu.tvg, @todomal...). Existe un dominio .gal como marca de identidade dixital.

E. Ámbito Cultural

  • Música (folk, jazz, pop, rock, rap...).
  • Cine (O que arde, Matria, O corno), teatro (As do peixe), audiovisual
  • Banda deseñada (Ardalén)
  • LITERATURA. LIX. Incremento notable da produción editorial en Galicia (Xerais, Galaxia…). Tradución (Rinoceronte, Hugin e Munin, Irmás Cartoné...)

F. O Galego no Exterior

  • USC - Cursos de galego para estranxeiros
  • Rede de Centros de Estudos Galegos (Reino Unido, Suíza, Alemaña, EEUU, Francia, Finlandia, Italia...) Na actualidade, o galego é obxecto de estudo en trinta e cinco universidades. Vinte e sete delas contan con lectoras/es –licenciadas/os en Filoloxía Galega- en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua galega adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade (gramática histórica, cursos de conversa, cursos de lingua e civilización etc.). Asemade, numerosas actividades relacionadas coa lingua galega e, en xeral, cos programas formativos.
  • Lembremos que o galego forma parte da lusofonía, o que o converte nun idioma válido para comunicarse cunha das maiores comunidades lingüísticas do mundo (200 millóns de falantes).
Nota Final

O Barómetro das Linguas do Mundo sitúa o galego como a 37ª lingua máis relevante a nivel mundial. Obtén neste ránking unha puntuación global de 5,538 sobre 13, que son o número de aspectos sinalados (distincións internacionais á súa literatura-0%; traducións-0,6% en traducións ao galego e 0,485% en traducións de obras galegas: presenza do idioma en internet-0,937%; vehicularidade ou sumar falantes que teñan a lingua como secundaria-0%. A primeira posición é para o inglés (10,870), seguido do francés (9,351) e o español (8,924).