O Galego: Historia, Situación Legal e Relación co Portugués

Otras materias5,41 KB

O Galego

Fálano dous millóns e medio de persoas. Fálase na parte occidental de León, Asturias e Zamora, en tres concellos do noroeste de Cáceres que conservan unha variedade de galego procedente da lingua medieval e en países de destino migratorio como Arxentina.

Usos Lingüísticos do Galego

É unha lingua maioritaria. As súas características que destacan son a idade e o tipo de hábitat, xunto coa gran tradición que ten en todos os ámbitos.

Situación Legal

O primeiro intento para conseguir que o galego se formalizase como lingua oficial foi no Estatuto de Autonomía de xuño de 1936, no marco da Segunda República, no que se recollía a cooficialidade do galego e mais o castelán. Establecíase a obriga en Galicia para os funcionarios de coñecer o galego e o seu ensino obrigatorio. Pero o estalido da Guerra Civil fixo fracasar todo. Pasados os anos de represión ditatorial, foi instaurada a democracia e aprobada a Constitución, que supuxo unha certa descentralización, e a Constitución recoñece a cooficialidade das linguas en España. En 1981, para que se aprobe o Estatuto de Autonomía de Galicia, o galego acada así o estatus de lingua cooficial. Como reflicte un dos artigos do EAG, o galego recoñécese como lingua propia de Galicia, así como lingua oficial desta comunidade xunto co castelán.

A Lei de Normalización Lingüística

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística, que concreta e desenvolve os principios e competencias establecidas na Constitución española e no Estatuto de Autonomía en materia lingüística. Consideración do galego como «núcleo vital da nosa identidade», o sinal máis importante de identificación e diferenciación de Galicia. A Lei de Normalización Lingüística está organizada en seis títulos e consta, por último, dunha disposición adicional relativa á normativa, na que se establece a autoridade da Real Academia Galega nesta materia. E os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

A Lingua Galega no Sistema Educativo

O terceiro título da LNL determina que a lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos non universitarios, e o artigo trece asegura o dereito de todos os nenos a recibiren o primeiro ensino na súa lingua materna e impide a separación do alumnado en colexios diferentes pola lingua. Establece que as autoridades disporán as medidas necesarias para promover o uso progresivo do galego no ensino. E con novo decreto establece a necesidade de introducir a lingua galega no proceso de lectoescritura dende a educación infantil, así como dar clase en galego na metade das asignaturas nos demais niveis, quedando a outra metade á decisión do centro.

Plan Xeral de Normalización Lingüística

No 2004, o Parlamento de Galicia aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega por unanimidade de todos os partidos políticos. O plan consta de medidas para potenciar o galego e lograr o seu uso por parte de toda a poboación en niveis e funcións. O plan divídese en oito funcións, pero tres delas son: administración, economía e sanidade.

Galego e Portugués: Unha Orixe Común

O portugués e o galego son dous dos sistemas lingüísticos nacidos da lingua galego-portuguesa que se falou na Gallaecia romana dende, aproximadamente, o século IX ata finais do XIV. O nacemento do Estado portugués como reino independente no século XII e a supeditación de Galicia á Coroa de Castela foron consolidando unha fronteira idiomática entre a variedade do norte do río Miño, o galego, e o sur, o portugués.

A Lingua Portuguesa no Mundo

Dende o século XV ao XVII, protagonismo do Reino de Portugal pola descoberta de varios territorios. A lingua portuguesa espallouse polo mundo e estendeuse por tres continentes: África, China e América. Hoxe, o portugués é unha das linguas máis faladas, uns 200 millóns de falantes. Esta lingua é a oficial en oito estados en cinco continentes. A Comunidade de Países da Lingua Portuguesa, na que, na maioría, o portugués é a lingua materna da poboación. En Portugal fálana uns dez millóns de persoas.

O Mirandés: Lingua Oficial

Portugal pódese considerar un dos poucos estados monolingües do mundo. Dende 1999, o Estado portugués deixou de ser un país monolingüe ao recoñecerlle a oficialidade a unha segunda lingua dentro do territorio luso: o mirandés. O mirandés goza de oficialidade completa en Miranda do Douro, con 15.000 persoas falantes. A oficialidade desta lingua parte da iniciativa do concello de Miranda do Douro e da Universidade de Lisboa, que elaboraron unhas normas ortográficas baseadas nas do portugués. A partir de aí, pleno uso para os falantes e institucións, e utilízase en rexistros diferentes dos formais.

O Portugués Fronteirizo

Nas fronteiras de Portugal con León e Estremadura fálanse variedades do portugués que están practicamente en extinción. En Alamedilla pódese atopar algún falante de portugués; en Cáceres e en Cedillo fálase un dialecto do portugués e, por último, en Badaxoz hai unha variedade, pero moi castelanizada. Máis ou menos, unhas 4.000 persoas falantes de portugués en España.

Descargar

PDF Word HTML