Fundamentos de Xeoloxía e Xeografía: O Medio Natural e a Codia Terrestre
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 3,08 KB
Os elementos do medio natural
Denominamos medio natural ou medio físico ao conxunto de elementos minerais e vivos. Estes elementos son: o relevo, o clima, o solo, a vexetación e a fauna.
A codia terrestre
É a capa sólida do noso planeta. Ten un espesor medio duns 30 km. Hai dous tipos de codia:
- Codia continental: é máis espesa e variada, porque está composta por rochas ígneas, metamórficas e sedimentarias.
- Codia oceánica: é máis delgada e está formada por material basáltico.
As rexións continentais
As rexións xeoloxicamente estables son aquelas en que o zócolo aflora á superficie, formando escudos e mazizos:
- Os escudos son grandes extensións compostas por materiais moi antigos.
- Os mazizos están situados arredor dos escudos e son rexións máis reducidas, cuxa antigüidade é algo menor.
Ambos están recubertos por materiais máis recentes provenientes da súa propia erosión.
Os condicionantes climáticos
A diversidade climática da Terra débese a unha serie de factores:
- Inclinación coa que inciden os raios solares na superficie terrestre.
- As correntes mariñas.
- O relevo.
- A circulación atmosférica.
Os medios ecuatoriais e tropicais
Nesta clasificación distínguense principalmente a zona ecuatorial e a zona tropical.
Tipos de riscos naturais
- Terremotos: son movementos sísmicos bruscos da codia terrestre.
- Erupcións volcánicas: son os gases, cinzas e lavas expulsados polos volcáns.
- Escorregamentos de ladeira.
- Furacáns: cando os ciclóns tropicais producen ventos moi fortes reciben o nome de furacáns.
- Inundacións: son provocadas polo desbordamento de ríos.
Definicións
- Xeografía: ciencia que estuda as relacións entre as sociedades e o seu medio ambiente natural, a organización dos territorios, a súa evolución no tempo e as paisaxes que os reflicten.
- Biodiversidade: conxunto de todas as especies de plantas e animais.
- Plurisilva: formación boscosa caracterizada por unha vexetación exuberante e temperaturas e precipitacións constantes todo o ano.
- Sotobosque: conxunto vexetal que forma os distintos estratos por debaixo do arbóreo.