Fundamentos Teóricos del Saber Filosófico y su Delimitación Histórica

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,29 KB

O Saber Filosófico

Defendemos unha visión da filosofía desde o materialismo de G. Bueno, posición que establece unha concepción sistemática e criticada ás veces como dogmática. Lle dan prioridade ó plano subxectivo centrado en opinións persoais, descoñecen que calquera sistema ten que establecerse por oposición a outros sistemas xa establecidos, e que non hai posible neutralidade.

Separámonos tamén daqueles que entenden a filosofía como unha reflexión radical e crítica, xa que a consideran meditación solitaria e supoñen que se parte de raíz (orixe). Tampoco amosan os parámetros ou criterios dende onde exercen; abogamos por un modelo de racionalidade lóxico-obxectivo e dende onde reflexionar. É o resultado dun proceso que non se reduce exclusivamente ó plano intelectual, xa que somos suxeitos operatorios.

Non hai dogmas intocables para a crítica filosófica, pero tampouco crítica sen criterios, sendo a Academia de Platón o modelo que tomamos como referencia da filosofía sistemática.

Delimitación da Filosofía Frente a Outros Tipos de Saber: Mito, Maxia, Relixión e Técnica

A filosofía non é unha actividade individual que acontece no cerebro, senón que se constitúe sobre todo coma unha tarefa social. B. Farrington na súa obra "Man e cerebro na Grecia antiga" pon especial énfase nas condicións de produción e distribución económica. Será dende o proceso da división social do traballo no que cobrará sentido e función a filosofía.

Despois da crise social e política do século VII, a poboación foi congregándose nos núcleos coloniais: Xonia e na Magna Grecia, consideradas como polis que concentrarían as actividades económicas, desenvolvementos técnicos (agrimensura e navegación), importantes incorporacións culturais (a traxedia), así como o despregue da xeometría, matemáticas e astronomía.

Será neste contexto onde Tales de Mileto leve a cabo o inicio do que se considera o tránsito do mito ao logos, a progresiva substitución dun modelo explicativo baseado na imaxinación a outro que incorpora os avances da ciencia e a técnica e, por tanto, engloba o mito dentro do círculo máis explicativo.

Mito e logos distínguense polo contexto en que ambas palabras van aparecendo. Na aplicación desta nova linguaxe racional aparece arche, physis, cosmos, nomos, areté.

Os Mitos

Saber mitopoético que se transmite en relatos de tradición oral. O específico desta forma de coñecemento é a dramatización dos fenómenos da natureza sobre a base de accións de tipo humano e persoal.

As narracións míticas teñen un carácter simbólico; establecen pautas de comportamento que deben seguirse como normas e mandatos.

A Maxia

Pertence a unha casta especial de bruxos ou chamáns que teñen prestixio social recoñecido na medida en que parecen posuír dominio sobre a natureza e o ambiente. No pensamento máxico, a relación de causalidade son substituidas pola de participación.

Foi Lévy-Bruhl na súa obra "A alma primitiva" quen iniciou a controversia afirmando que os omes primitivos carecían de lóxica e que o seu comportamento se rexía polo principio de participación, segundo o cal un obxecto identifícase con outro moi distinto en virtude do mana.

Lévi-Strauss intentou demostrar o carácter lóxico do pensamento máxico; deste antropólogo, tanto a maxia como a ciencia teñen un punto común que deixa de lado o azar. Dende a filosofía materialista cítase a ambos antropólogos xa que confunden lóxica con racionalidade (non todas as actividades lóxicas son racionais, aínda que toda racionalidade comporta loxicidade material).

A Relixión

A fenomenoloxía da relixión (Rudolf Otto e Max Müller) consideran que a orixe desta aparece ante a admiración e asombro que paraliza a alma fronte o marabilloso e misterioso, suscitando a adoración a forzas ocultas e seres misteriosos.

Os sociólogos e antropólogos da relixión (Durkheim, Lévi-Strauss) remarcan que a relixión consegue normalizar situacións límites sen negar o seu compoñente milagroso ou sobrenatural. Desde a nosa perspectiva, a esencia da relixión ten que estar ligada a experiencias efectivas vividas durante milenios.

A Técnica

Son o precedente xenealóxico das ciencias, característica que implica operacións concretas que permiten a transformación eficaz do medio. É fundamental distinguir a técnica característica das culturas bárbaras da tecnoloxía e das culturas científicas.

  • A técnica do azar: Invento do home que se dedicaba á caza.
  • A técnica do artesán: División real do traballo en profesións.
  • A técnica do técnico: Pasa de instrumento a máquina. A consecuencia é unha nova división do artesán en obreiro e técnico, dando lugar á expresión da técnica como tal ou o enxeñeiro.

Entradas relacionadas: