Fundamentos de Redes Informáticas: Dispositivos y Protocolos TCP/IP
Dispositivos de Red
- Router: Comunica dúas redes de ordenadores (p. ex., LAN e Internet) a través dunha liña telefónica.
- Repetidor: Repite e amplifica o sinal da rede, ou separa en tramos a rede (ponte).
- Punto de Acceso: Ponte dunha rede inalámbrica.
Instrucións para a comunicación entre ordenadores
Protocolos: “Código” para que os equipos dunha rede poidan entenderse entre si.
Protocolo TCP/IP
O protocolo máis utilizado é o TCP/IP, que combina dous protocolos independentes:
- TCP (Transmission Control Protocol): A información é fragmentada en paquetes. Os paquetes, debidamente etiquetados, son enviados por diferentes camiños cara ao ordenador de destino; ao chegar alí, reorganízanse (aproveitándose mellor as redes). Engádese información que permite determinar se a recepción de datos é correcta.
- IP (Internet Protocol): Transporta os paquetes de información ao ordenador (Host) de destino. Os ordenadores ou Host identifícanse mediante o seu nome e o seu enderezo IP.
Clasificación das direccións IP
As direccións IP poden ser:
- IP estáticas: Corresponden a ordenadores que se conectan a Internet usando sempre a mesma IP. Os servidores de Internet usan estas direccións.
- IP dinámicas: Equipos que utilizan unha IP diferente cada vez que se conectan a Internet. Os provedores de Internet usan IP dinámicas porque teñen máis clientes que direccións IP dispoñibles.
- IP públicas: Visibles en todo Internet. Un equipo con IP pública é accesible dende calquera ordenador conectado á rede.
- IP privadas: Visibles soamente dende outros equipos da propia rede LAN. Os equipos poden saír a Internet a través dun router que teña IP pública.
Estructura e Configuración IP
O enderezo IP son catro números de tres cifras, cada un entre 000 e 255. Por exemplo: 192.168.10.12 = 11000000.10101000.00001010.00001100.
Unha parte da dirección IP identifica á rede á que pertence o ordenador e outra parte ao equipo dentro da rede.
- Máscara de Subred: Indica que parte da IP do equipo identifica a rede e que parte representa o equipo dentro da mesma.
Exemplo: IP: