Fundamentos de Gramática y Tipología Textual en Gallego
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Español
Escrito el en
español con un tamaño de 3,25 KB
Clasificación dos adxectivos cualificativos
- Explicativos: Expresan unha calidade propia do substantivo, polo que non lle engaden ningún trazo particularizador (ex: luz clara, sangue vermello).
- Especificativos: Indican unha calidade que pode ter ou non o substantivo, polo cal restrinxen a expansión do significado deste (ex: muller alta/feliz/guapa).
Comparativos
- Como: É un comparativo de igualdade. O seu uso é recomendable cando o segundo termo da comparación non é un verbo en forma conxugada, e obrigatorio cando o segundo termo é un verbo conxugado.
- Ca: É un comparativo de superioridade e inferioridade. O seu uso é recomendable cando o segundo termo é un substantivo, adxectivo, adverbio, frase ou forma non verbal, e obrigatorio cando o segundo termo é un pronome persoal.
Clasificación do substantivo
O substantivo clasifícase en:
- Propios
- Comúns: Dentro destes atopamos os abstratos, concretos, non contables, contables, individuais e colectivos.
Tipoloxía textual
Os textos clasifícanse segundo os seguintes criterios:
Segundo a intención comunicativa
- Informativo: Informe, memoria...
- Explicativo: Exposición, didáctica...
- Persuasivo: Anuncio publicitario, editorial...
- Conativo: Diálogo, entrevista...
- Estético: Conto, novela...
Segundo a estrutura formal
- Narrativo: Conto, novela...
- Descritivo: Topografía...
- Prescritivo: Consigna, aviso...
- Expositivo: Explicación, informe...
- Argumentativo: Artigo, editorial...
Segundo o lugar de interacción social
- Pedagóxico: Libro de texto, unidade didáctica...
- Cultural: Conferencia, mesa redonda...
- Político: Discursos electorais...
- Económico: Informe...
- Xurídico-administrativo: Sentenza, recurso...
- Técnico-científico: Exposición científica...
Funcións da linguaxe
- Representativa: Serve para explicar ideas ou conceptos, enunciar datos e nomear as cousas, transmitindo información de maneira obxectiva.
- Expresiva: Serve para manifestar os sentimentos do emisor, que se converte no elemento predominante.
- Apelativa: Serve para tentar chamar a atención do interlocutor e influír no seu comportamento.
- Fática: Serve para encetar ou suspender a comunicación sen engadir ningún dato.
- Poética: Centra a atención na forma da mensaxe.
- Metalingüística: Serve para informar sobre un compoñente do código lingüístico.