Fundamentos de Geología: Deformación, Tiempo y Evolución Terrestre
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 5,5 KB
1. Deformacións das rochas
Tipos de deformación
- Elástica: recupera a forma ao cesar o esforzo. Grande esforzo → pequena deformación.
- Plástica: deformación permanente ao superar o límite de elasticidade. Pequeno esforzo → grande deformación.
- Fráxil: rotura ao superar o límite de rotura.
Dobras ou pregamentos
Deformacións plásticas producidas por esforzos compresivos.
Elementos: liña de charneira (une puntos de máxima curvatura), charneira (punto de maior curvatura), plano axial (plano de simetría), flancos (lados), núcleo (parte central).
Tipos:
- Anticlinal: núcleo con capas máis antigas.
- Sinclinal: núcleo con capas máis modernas.
Deformación fráxil
- Diáclases: fracturas sen desprazamento.
- Fallas: fracturas con desprazamento.
Elementos dunha falla: plano de falla, buzamento, dirección, labios ou bloques, salto de falla, escarpa.
Tipos de fallas:
- Normal ou directa: esforzos distensivos.
- Inversa: esforzos compresivos.
- De dirección ou esgazadura: esforzos de cizalla.
Estruturas asociadas:
- Graben: fosa tectónica (bloque afundido).
- Horst: macizo tectónico (bloque elevado).
2. Tempo xeolóxico
Tempo transcorrido desde a formación da Terra ata hoxe: 4600 m.a.
Datación absoluta
- Dá idade exacta.
- Radiometría: Uranio, radio, plutonio.
- Período de semidesintegración: tempo necesario para que se desintegre a metade dos átomos radioactivos.
Datación relativa
- Superposición: estratos inferiores máis antigos.
- Sucesión dos acontecementos: o proceso é posterior aos materiais que afecta.
- Sucesión faunística: mesmos fósiles = mesma idade.
- Correlación estratigráfica: mesmo fósil guía = mesmo intervalo temporal.
Rexistro estratigráfico: información do pasado conservada nos estratos sedimentarios.
Fósiles
Resto dun organismo ou da súa actividade conservado por fosilización.
Fósiles guía:
- Gran distribución xeográfica.
- Existiron pouco tempo.
- Moi abundantes.
Exemplos: trilobites, ammonites, nummulites.
3. Escala do tempo xeolóxico
Eón > Era > Período
- Eóns: cambios planetarios.
- Eras: ciclos oroxénicos.
- Períodos: cambios nos fósiles ou nas rochas.
4. Historia xeolóxica da Terra
Hádico (4500-4000 m.a.)
- Formación da Lúa.
- Formación da atmosfera primitiva.
- Formación da hidrosfera.
- Intenso bombardeo meteorítico.
Arcaico (4000-2500 m.a.)
- Formación da codia sólida.
- Inicio da tectónica.
- Primeiras evidencias de vida (3800 m.a.).
- Estromatolitos (>3000 m.a.).
Proterozoico (2500-541 m.a.)
- Aumento do O₂.
- Aparición das células eucariotas.
- Aparición dos organismos pluricelulares.
- Fauna de Ediacara.
- Formación de Rodinia (1100 m.a.).
- Fragmentación de Rodinia (750 m.a.).
- Glaciacións “Terra bola de neve”.
- Extincións masivas e explosión da biodiversidade.
5. Paleozoico (542-250 m.a.)
Períodos: Cámbrico, Ordovícico, Silúrico, Devónico, Carbonífero, Pérmico.
Xeoloxía
- Mares cálidos e superficiais.
- Oroxenia Caledoniana.
- Glaciación.
- Formación de Panxea (250 m.a.).
- Océano Panthalassa.
- Oroxenia Hercínica.
- Vulcanismo intenso e quecemento global.
Bioloxía
- Explosión da vida mariña.
- Invertebrados.
- Peixes.
- Primeiras plantas (fentos).
- Artrópodos terrestres.
- Anfibios.
- Ximnospermas.
- Réptiles.
6. Mesozoico (250-65 m.a.)
Períodos: Triásico, Xurásico, Cretácico.
Xeoloxía
- Clima cálido e árido.
- Fragmentación de Panxea.
- Formación dos continentes actuais.
- Formación do Atlántico.
- Inicio da Oroxenia Alpina.
- Vulcanismo intenso.
- Impacto dun asteroide.
Bioloxía
- Dinosauros.
- Primeiros mamíferos.
- Primeiras aves.
- Anxiospermas.
- Insectos polinizadores.
Final do Cretácico: Extinción masiva (Vulcanismo + impacto de meteorito). Fósil guía: Ammonites.
7. Cenozoico (65-0 m.a.)
Períodos: Terciario e Cuaternario.
Xeoloxía
- Final da Oroxenia Alpina.
- Colisión India-Eurasia.
- Arrefriamento climático.
- Glaciacións.
Bioloxía
- Dominio das anxiospermas.
- Expansión dos mamíferos e aves.
- Gramíneas.
- Primates.
- Homínidos.
Fósil guía: Nummulites.