Funcións sociais da lingua e conflito lingüístico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,18 KB

Funcións sociais da lingua

  • Función de identidade: é o elemento fundamental de configuración da identidade persoal e colectiva.
  • Función familiar: é a que desempeña a lingua no seo dunha familia, convértese nun dos factores fundamentais no mantemento ou abandono do idioma.
  • Función laboral: unha lingua exerce esta función cando é empregada para as relacións lingüísticas entre os individuos no marco concreto do traballo.
  • Función local: a función local está estreitamente vinculada a factores como o hábitat.
  • Función institucional: un idioma que sexa o vehículo normal de comunicación entre o individuo e os diferentes estamentos.
  • Función cultural: maniféstase en ámbitos moi diversos.
  • Función internacional: cando un idioma é utilizado non só polos seus falantes orixinarios, senón tamén por persoas pertencentes a outros grupos lingüísticos.

Lingua inicial

A lingua inicial ou materna é aquela na que se aprende a falar e que se adquire de xeito espontáneo, normalmente no seo da familia. O proceso de substitución lingüística ponse en marcha cando os pais deciden non transmitir a súa propia lingua aos fillos, e a súa inversión resulta complexa. Os proxenitores priorizan a lingua que parece facilitar en maior medida o éxito social. En Galicia, a medida que pasan os anos os cambios son moi negativos para o galego, mentres que aumenta considerablemente a proporción de castelanfalantes iniciais, así vese o claro avance do proceso de substitución do galego polo castelán.

Resulta inquietante a perda de influencia dos proxenitores no caso das familias galegofalantes, así moitos dos individuos que foron educados polos seus pais en galego sinalan o castelán como a súa lingua inicial. Ao analizar a distribución xeográfica dos galegofalantes iniciais entre a poboación descóbrese que a maioría naceu no hábitat rural. Nas vilas, prodúcese un descenso brusco do galego como lingua inicial e nas cidades moitos dos habitantes son monolingües en castelán. En definitiva, o castelán está a introducirse cada vez máis en contornos tradicionalmente reservados ao galego.

O conflito lingüístico

A existencia de máis dunha comunidade idiomática presenta unha situación de desequilibrio. Esta desigualdade vai dar lugar ao conflito lingüístico, que pode seguir dous camiños: proceso de normalización ou de substitución lingüística. O conflito lingüístico aparece nunha sociedade cando dúas linguas queren desempeñar as mesmas funcións. Esta fricción adoita producirse cando unha lingua intenta usurpar funcións tradicionalmente asociadas á lingua propia dese territorio. Isto é o que vén acontecendo entre galego e castelán. Na nosa situación, a prolongación do bilingüismo, entendido como a competencia activa en máis dunha lingua, é unha falacia, a tendencia da sociedade é o monolingüísmo a favor dunha das linguas.

Na maior parte dos casos a beneficiada é a lingua dominante, quen a través dun proceso de asimilación lingüística baseada nunha situación de diglosia (utilización desequilibrada de dúas linguas que conviven nun mesmo territorio, en beneficio da lingua dominante) e de autoodio por parte dos falantes da lingua minorizada. Este autoodio provén de diversos prexuízos: o galego é lingua de pobres, de aldea, non serve para a ciencia e a técnica, é de mala educación falar en galego con quen che fala en castelán…

Interferencias e variacións da norma

Hipergaleguismos

Isto é a falsa galeguización de formas que coincidían en ambos os idiomas (segredario, urbán, semán, inconvinte, primaveira...).

Vulgarismos

PosiciónInicialMediaFinal
Por adiciónPrótese: arrabear, amotoEpéntese: soia, ialmaParagoxe: amare, corazonhe
Por supresiónAférese: tar, nimigoSíncope: vran, espranzaApócope: verda, virtu

Á parte destes:

  1. Metátese: cambio na orde das letras.
  2. Simplificación dos grupos consonánticos cultos.
  3. Vacilación vocálica en sílaba tónica.
  4. Rotacismo.

Arcaísmos

Constitúen o tipo de desviación menos frecuente. Eran exclusivos da lingua escrita e dos usos máis formais.

Lusismos

Aparecen cando se recorre a termos do portugués para substituír formas galegas (governo, povo, propio, luta, nervo e meio).

Castelanismos

Fónicos

  1. Perda da distinción entre vogais medio abertas e medio pechadas.
  2. Pronunciación do nasal velar como alveolar.
  3. Pronunciación do fricativo palatal xordo como alveolar.

Ortográficos

  1. Forma escrita que reproduce a castelá.
  2. Acentos (atmósfera, parásito).

Morfolóxicos e sintácticos

  1. Alteración do xénero gramatical de substantivos equiparándoos ao castelán.
  2. Alteración das formas da conxugación verbal.
  3. Utilización da preposición a ante infinitivo e CD.
  4. Erros na colocación do pronome átono.
  5. Uso de formas plurais dos demostrativos masculinos en -os.
  6. Confusión das formas pronominais do CD e do CI.
  7. Uso de formas verbais compostas.

Léxicos

Na interferencia léxica do castelán distinguimos varios graos:

  1. Cando existen no galego dous termos sinónimos e tendemos a utilizar o coincidente co castelán.
  2. Noutras ocasións, aínda que o termo galego segue vixente, o seu significado restrínxese.
  3. Ten lugar cando se substitúe de forma total a palabra galega.

Semánticos

Prodúcense cando a unha forma castelá correspóndenlle dous termos galegos e estes non se utilizan ben.

Entradas relacionadas: