As funcións sociais da lingua. Conflicto e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,74 KB

Lingua Galega e Literatura. 2º Bach. Lingua e sociedade, ABAU, tema 1. 

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social existente dentro dela: unha das linguas -a dominante-
Vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra -a dominada- e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada ou recesiva (que vai perdendo usos) chámaselle tamén lingua minorizada e é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos e ignorada ou desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola lingua dominante.

Un dos moitos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de determinados estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua minorizada (o galego no noso caso) non é tan válida para o desenvolvemento como a hexemónica, polo que non ten futuro: 
-o galego é propio do mundo rural
-o galego non serve para as matemáticas ou a informática
-o galego non serve para nada fóra do territorio
-o que hai que aprender é inglés e non galego
-o galego só o falan os nacionalistas 
-o galego normativo é “inventado”
-o galego non ten sentido no mundo actual globalizado e con Internet
Que son falsas verdades e tamén se aplican noutros casos de linguas minorizadas. O galego é unha lingua tan válida coma calquera outra en todas as situacións.

Se non existisen estes prexuízos poderiamos falar dun bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben os dous idiomas. Esta solución pode hoxe darse en determinados falantes mais aínda semella utópica no conxunto da sociedade na que seguen vixentes os citados prexuízos lingüísticos. Lingua Galega e Literatura. 2º Bach. Lingua e sociedade, ABAU, tema 2.

Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma

A existencia dunha variedade estándar -usada nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas- contribúe a frear a dispersión. O galego tardou en contar cunha variedade estándar: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario (normativización lingüística).
A nosa lingua non emprendeu esa tarefa –imprescindible para a súa normalización social- ata o s. XIX, co Rexurdimento. Neste longo proceso hai catro etapas:
a) Ata fins do s. XIX.  Utilizan o galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
b) Ata 1936. Os autores inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán.
c) Ata comezos de 1980. Simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e cincunflexos) e aposta pola ortografía inspirada no castelán.
d)  Ata hoxe. En 1982 a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, levemente reformadas en 2003, son a norma culta oficial vixente na actualidade. Nos últimos anos as ferramentas informáticas e a Internet supuxeron un importante avance na implantación da norma culta.

Chamámoslles desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos). As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil; son os castelanismos no galego: a maioría son de tipo léxico. 

Entradas relacionadas: