Funcionamento dos Ecosistemas: Interaccións Bióticas e Fluxo de Enerxía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,75 KB

Interaccións bióticas clave

  • Competencia interespecífica: O piñeiro e o eucalipto secan o solo e compiten pola luz coas especies autóctonas, reducindo a biodiversidade. Hoxe estanse a eliminar as masas de eucalipto.
  • Predación: As gaivotas controlan as poboacións de pequenos invertebrados e lagartas, pero tamén compiten entre si polos descartes pesqueiros.
  • Mutualismo de dispersión: As aves mariñas transportan sementes nas súas patas e plumas, axudando á colonización vexetal entre as diferentes illas do arquipélago.

Conceptos fundamentais nos ecosistemas

Dentro do estudo dos ecosistemas, inclúense outros conceptos de grande utilidade para a comprensión desta complexa rede de interaccións:

  • Hábitat: Medio no que habita un organismo determinado ou unha poboación. Este concepto pode ser confundido co de comunidade, pero diferéncianse en que nunha comunidade habitan todos os organismos dun ecosistema. Por exemplo, a estruga ou ortiga é unha planta nitrófila; gústalle de solos ricos en nitróxeno e materia orgánica, por iso aparece sobre bordes de camiños, ribeiras de ríos e zonas alteradas pola actividade humana.
  • Nicho ecolóxico: Función que desempeña un organismo concreto dentro dunha comunidade, é dicir, a forma en que se alimenta, caza, se defende ou compite. Sería os alimentos que consume ou pode consumir, onde os consume e como, a hora do día na que está activa, a época do ano e a forma en que leva a cabo a reprodución, as especies que a depredan e das que se alimenta, o hábitat que tolera e todos aqueles factores físicos e químicos que permiten que esta especie siga sendo viable.

O principio de exclusión competitiva

O principio de exclusión competitiva, ou lei de Gause, afirma que dúas especies non poden ocupar exactamente o mesmo nicho ecolóxico e coexistir de forma estable se os recursos son limitados. O competidor máis forte acabará dominando, causando a extinción local do máis débil ou obrigándoo a evolucionar. No caso dos arneiróns, crustáceos con forma de volcán que viven pegados ás rochas na zona intermareal, presentan nichos claramente separados, aínda que Chthamallus stellatus podería ocupar zonas máis baixas en ausencia do seu competidor.

A materia e a enerxía nos ecosistemas

De acordo coa definición de ecosistema, para que se desenvolvan as interaccións entre o biótopo e a biocenose, son esenciais dous procesos de transferencia: un de materia e outro de enerxía. Así pois, materia e enerxía están constantemente en movemento, pasando dos compoñentes bióticos aos abióticos e viceversa, o cal resulta esencial para manter o equilibrio e a saúde dos ecosistemas.

A enerxía nos ecosistemas flúe de maneira unidireccional e aberta, comezando coa luz solar que é capturada por organismos fotosintéticos. Estes captan a enerxía do sol que reciben e converten a materia inorgánica en orgánica, almacenando enerxía química. Esta enerxía transfírese a outros seres vivos a través da cadea alimentaria. Con todo, debido á respiración e outros procesos vitais, incluída a produción de refugallos, pérdese unha gran cantidade de enerxía. Deste xeito resulta que só aproximadamente o 10 % da enerxía se transmite entre os niveis tróficos, fenómeno coñecido como a regra do 10 %. Como resultado desta perda de enerxía, as cadeas tróficas son curtas, nunca terán máis de 4 ou 5 niveis. O modelo de pirámide enerxética serve para ilustrar esta perda.

Entradas relacionadas: