Formanse catro celulas fillas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB


PROTEÍNAS. Propiedades

1.Desnaturalización.
Proceso que consiste na perda de calquera das estruturas dunha proteína, debido á rotura dos enlaces da molécula (NON necesariamente do enlace peptídico,que só se refire á estrutura
1ª!!). A desnaturalización supón a perda das propiedades, da actividade biolóxica e das funcións da proteína. Pode estar provocada por cambios no pH e na Tª. (Ex: ovo cocido ou fritido )

Este proceso pode ser reversible se as condicións óptimas de pH e Tª se restablecen (e se a desnaturalización non afectou á estrutura 1ª!!), de modo que unha proteína desnaturalizada pode volver ao seu anterior pregamento ou conformación, recuperando con iso a actividade biolóxica perdida. Este proceso se denomina renaturalización.

2.Especificidade:

-Especificidade de función:
Cada proteína leva a cabo unha determinada función porque posúe unha determinada estrutura primaria e unha conformación espacial propia (un cambio na estrutura da proteína pode significar unha pérda da función).

Ademáis, as proteínas que interactúan con outras moléculas (enzimas, inmunoglobulinas) presentan unha estrutura que lles permite unirse específicamente ás moléculas correspondentes. 

-Especificidade de especie:

Existen proteínas que son exclusivas de cada especie (porque a secuencia de aa ven determinada polo ADN,que é diferente en distintas especies). A semellanza entre proteínas de diferentes especies   grao de parentesco entre individuos sirven para a construcción de "árbores filoxenéticas“)

Ademáis cada individuo posúe proteínas específicas propias (rexeitamento de órganos transplantados)

ACIDOS NUCLEICOS:  moléculas portadoras da información xenética dos organismos e son as responsables da súa transmisión hereditaria.

Son longas cadeas de unidades máis sinxelas chamadas nucleótidos. Poden alcanzar tamaños xigantes, sendo as moléculas máis grandes que se coñecen, constituídas por millons de nucleótidos.

Existen 2 tipos de ácidos nucleicos: ADN e ARN, que se diferencian na súa composición, estrutura e funcións

FUNCIÓNS DOS ÁCIDOS NUCLEICOS:

 O ADN é a molécula portadora de información xenética

 O ARN é o encargado de transmitir e executar a información que se atopa no ADN

- Replicación: proceso de duplicación (copiado) da molécula de ADN para dar lugar a 2 moléculas idénticas que se repartirán na división celular ás células fillas.

A replicación é semiconservativa: a dobre hélice se separa e cada hebra serve de molde para a síntese dunha nova dobre cadea

- Transcrición: síntese dunha molécula de ARNm a partir da información contida no ADN para poder transmitir a información do núcleo ao citoplasma (onde ocorre a síntese de proteínas).

-Tradución: síntese dunha proteína nos ribosomas

Entradas relacionadas: