Fontes de Enerxía: Renovables, Non Renovables e Tipos
¿Qué é unha fonte de enerxía?
Unha fonte de enerxía é o medio natural ou artificial do que podemos extraer enerxía para utilizala. Existen diferentes tipos segundo a súa orixe e dispoñibilidade:
Tipos de fontes enerxéticas
Fontes non renovables
Son aquelas que non se rexeneran á escala humana do tempo. Formáronse ao longo de millóns de anos.
Fontes renovables
Rexénéranse de forma continua. Son exemplos claros de fontes renovables o sol, o vento, os ríos, entre outros.
Principais combustibles fósiles
Carbón
A formación do carbón comenzou hai millóns de anos, cando grandes cantidades de restos vexetais se foron depositando. A súa acumulación, sumada ao aumento de presión e temperatura, transformou a materia vexetal en carbón. Hai catro tipos principais:
- Antracita
- Hulla
- Lignito
- Turba
Petróleo
Orixinouse hai millóns de anos pola acumulación de microorganismos mariños (plancto) no fondo do mar. Ao quedar enterrados e baixo condicións adecuadas de presión e temperatura, transformáronse en petróleo. Os seus derivados empréganse tanto como combustible coma materia prima.
Tipos de enerxías limpas e alternativas
Enerxía hidráulica
Obténse nas presas a partires da auga almacenada nos encoros dos ríos. Cando a auga acumulada se deixa saír ao leito do río, produce enerxía potencial que se transforma en enerxía cinética e, por último, en enerxía eléctrica.
Enerxía solar
Esta enerxía chéganos directamente desde o Sol:
- Solar térmica: Emprégase para quentar un fluído, xeralmente auga, mediante aparellos denominados colectores.
- Solar fotovoltaica: Permite a transformación directa da enerxía do Sol en electricidade por medio de dispositivos especiais fabricados con silicio, chamados paneis fotovoltaicos.
Enerxía eólica
É a enerxía cinética do vento. Emprégase para producir enerxía eléctrica grazas ao uso de aparellos chamados aeroxeradores.
Biomasa
Conxunto de materia orgánica de orixe animal ou vexetal procedente da transformación natural ou artificial dos restos de seres vivos.
Enerxía xeotérmica
Enerxía que provén da calor almacenada no interior da Terra.
Centrais termoeléctricas en Galicia
En Galicia hai tres grandes centrais termoeléctricas situadas nas seguintes localidades: As Pontes, Meirama e Sabón.